LEMBRANZAS |
|
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SENSACIÓNS |
|
Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.
Cheiro de xestas
que voa no ar,
arume espallado
na beira, no chan.
E brúan piñeiros,
lonxe, na serra,
e chega ata aquí
ruxido do vento
que vén onde min.
Recordo de olores,
que baixan do monte,
lembranza do tempo
que axiña pasou,
a fonte sequiña
no fin do camiño,
o rego que outrora
auguiña levou.
E quedan lembranzas
e soños de neno,
devezos arcanos
que nunca serán.
Esquecen no vento
antigas quimeras
que lonxe quedaron
e non tornarán.
Deixei as pegadas
do meu camiñar
cheíñas de orballo
e branco luar,
cheíñas do tempo
que camiñamos
marcando carreiros
que voan ó mar.
Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.

|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
A nena do paraugas di, de novo, que hai moita música nestes versos. Má#blgtk08#goa dunha boa gaita para acompañalos!
Un bico.
|
|
|
Comentario por A nena do paraugas (27-03-2011 20:14) |
|
|
2 |
Mira ti, o tempo que fai que vin a túa mensaxe; pois agora contéstoche que xa me gustaría que alguén l#blgtk08#le puxese unha gaita a estes versiños. Oxalá! Que máis quixese!
Moitas grazas, neniña. |
|
|
Comentario por PITEIRA (04-07-2011 11:04) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|