LEMBRANZAS |
|
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONGOXAS DA NOITE |
|
 CONGOXAS DA NOITE
Ouvean os cans
na noite pechada,
cantan os grilos
de escuros valados
e aluman a corga,
acó e acolá,
tenues candeas
que veñen e van.
Eu vou polo medio
e sinto uns pasos
moi preto de min,
e aperto, e apuro,
non sexa que cheguen
denantes ca min.
Escura ribeira
que eu hei de pasar,
escuro camiño
á beira do río.
No peito a congoxa
faime apurar
e miro pra diante
pois quero chegar
e verme axiña
nese meu lar.
E aquelas candeas
que van canda min
amansan as feras
e botan de alí
os medos que amosan
no meu camiñar.
E chego por fin,
e pecho a portada.
E fóronse os medos
que andaban comigo,
quedáronse fóra
no escuro camiño
aló na ribeira
na beira do río.
E quedan con eles
ouveos de cans,
os grilos cantando
e tenues candeas
que veñen e van.
 |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Hola amigo. No sabía que eras tú. te felicito por tu nuevo Blog#blgtk08#. Un gusto saludarte y gracias por dejarme el poema de Machado. |
|
|
Comentario por Mariela (22-02-2011 01:50) |
|
|
2 |
Hola, Mariela. Pues, ya ves, aquí me tienes. Muchas gra#blgtk08#cias a ti, por pasar por este sitio.
Un besazo. |
|
|
Comentario por Xosé. (26-02-2011 14:13) |
|
|
3 |
Leo outra vez e outra vez me arrepía... ata cerca do final. Menos mal#blgtk08# que os medos sempre acaban fuxindo!
Biquiños moitos. |
|
|
Comentario por A nena do paraugas (27-02-2011 18:22) |
|
|
4 |
Ya te la había leíd#blgtk08#o en el otro blog. |
|
|
Comentario por Felibre (25-02-2013 12:59) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|