A FONTE DAS BRUXAS


LEMBRANZAS
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?.

O meu perfil
afontedasbruxas
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESPERTA!
Con bágoas nos ollos,
ao verte tan lonxe,
lembrámosche agora
pois non che esquecemos
os que andamos fora.
Mais hai xente dentro
que che aperta a gorxa
e no teu recuncho
acóchaste soa.
Esperta Galicia
e pon sangue novo!
Moita xente boa
tes no teo pobo
para alumar o camiño
e saír destas corgas
nas que andas amodo.

De "Poemas do Piteira (I)"

Safe Creative #1009087278110
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Creo que xa che dixen que me gustou a forza e, ao mesmo tempo a morriña que deixaches nestes versos.
E se non cho dix#blgtk08#en, dígocho agora.

Lerei con calma o artigo ao que fas referencia.

Biquiños desde esta Terra.
Comentario por A nena do paraugas (25-10-2010 07:12)
2 Felicítote, é un poema denso, onde a sucesión de imáxenes deixánnos ver claramente o sentimento que te enche por esta nosa terra, esa morriña que nos i#blgtk08#nvade os galegos cando estamos fora ou a imaxe. E para rematar un final para esperanza, apoiada nun pobo, o noso, que loita e traballa.
Grazas.
Comentario por FERNANDO SANCHO (30-11-2010 09:22)
3 E crees ben. Claro que mo dixeches, pero agradezo que volvas facelo. Ademais xa sabe#blgtk08#s, Concha, que sempre me alegra recibir os teus comentarios.
Un bico grande.
Comentario por Piteira (01-12-2010 22:09)
4 As túas palabras, Fernando, acertaron coa intención e o sentimento que quixen explicar nest#blgtk08#e poemiña.
Moitísimas grazas pola túa visita.
Un cordial saúdo.
Xosé.
Comentario por Piteira (01-12-2010 22:17)
5 A morriña está moi ben sentila, iso móstranos a necesidade constante de non emigrar, fac#blgtk08#endo da nosa terra o canto e campo máis confortable. A poesía sempre nos axuda. Biquiños
Comentario por Maribel-bel (08-01-2011 00:32)
6 Gústame moito o nome : A fonte das#blgtk08# bruxas, existe ese lugar?. Grazas
Comentario por (08-01-2011 00:35)
7 Grazas a ti, Maribel, polas túas palabras. O lugar existe. O comentario que se fai sobre a fotografía di a verdade e o que se ve nela, ese buraco que case non se aprecia entre o raizame e o r#blgtk08#ío, esa é a Fonte das Bruxas. Mais hai en todo Galicia e tamén en Asturias moitas fontiñas con ese nome, todas elas, ben seguro, con algunha historia que contar.
Unha aperta.
Comentario por Piteira (08-01-2011 14:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0