A FONTE DAS BRUXAS


LEMBRANZAS
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao “A Fonte das Bruxas”.

O meu perfil
afontedasbruxas
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FONTE DO OUTEIRO
Xa hai máis dun outono que me saíron estes versos que, aínda que xa publiquei nalgún outro espazo dixital e ande por aí nalgún papel, impreso, gardado nalgún caixón ou voando o louco empuxado pola brisa dalgún vento; aínda que así sexa e non teña tampouco unha mala fotografía para poñer darriba deles e foran así algo mellor acompañados, viñéronme moitas ganas de poñelos aquí e aquí os deixo para que vós deixedes neles, se así vos parece, o voso comentario, que hei de agradecer moito.



A FONTE DO OUTEIRO

Esa fonte que hai no outeiro
pretiño da miña casa,
esa fonte está soíña
que ninguén vai visitala.
Nacía nela, fresquiña,
unha auga limpa e ben clara,
unha auguiña que eu bebía
sen sede, só por probala
e senti-la súa vida
correndo pola garganta.

Esa fonte que hai no outeiro
pretiño da miña casa.

As risas dunhas mulleres
que de xeonllos estaban
ó pé dos seus lavadoiros
torcendo roupa mollada
chegan ó meu pensamento,
veñen soas, sen chamalas,
cunhas baldetas ben cheas
que na cabeza levaban,
andando polo carreiro,
ergueita a súa mirada,
foron á fonte primeiro
e volven da fonte á casa.

Esa fonte que hai no outeiro,
que por ela xa non pasan
lavadoiros de madeira
que unhas mulleres levaban
nin mociños calorosos
que nela se refrescaban,
esa fonte que hai no outeiro
xa non ten auguiña clara
e as herbas do monte bravo
déixana toda atoada,
acóchana dos meus ollos,
alónganma da mirada.

Fentos, silvas e carqueixas,
piornos, toxos e xestas
enceréllanse hoxe nela;
aínda que moito medren
non poderei esquecela.
Comentarios (4) - Categoría: PRETIÑO DO MAO - Publicado o 07-10-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Xa che dixen que estes versos son moi agarimosos e cantareiros. #blgtk08#E se non cho dixen, dígocho agora.

Moitos bicos.
Comentario por A nena do paraugas (12-10-2010 07:42)
2 Estou seguro que cando estes versos debuxabas no papel, sentías con plena consce#blgtk08#ncia, o ruxir da auga da fonde do Outeiro como úsica de fondo.
Parabéns
Comentario por Chousa da Alcandra (12-10-2010 12:34)
3 Gostaríame acompañarte a tí e mais a Ana para contemplar este paraxe,e intentar beber da iauga qu#blgtk08#e agora esta agochada,debe ser un paraxe moi fermoso cando che inspira istes versos tan sentidos
Comentario por Xerardo (01-11-2010 19:12)
4 Nena do paraugas:
Si que mo dixeches, e eu volvo a agradecerche as túas palabriñas.
Biquiños.

Chousa da Alcandra:
Tes moita razón, a música daquela auga caendo, o seu murmurio, e o ruído da#blgtk08# roupa mallando nela, e as mulleres, e os nenos xogando...
Unha aperta.

Xerardo:
Pois chegamos tarde, Xerardo. A fontiña, a máis de agochada, xa secou. Só permanece na lembranza…
Un saúdo.
Comentario por Piteira (03-11-2010 07:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal