A FONTE DAS BRUXAS


LEMBRANZAS
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao “A Fonte das Bruxas”.

O meu perfil
afontedasbruxas
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE NON CHORE
EDUE non quero, non quero,
esa noite, negra noite,
non a quero.
Noite pechada,
pasas de vagar,
deixa que veña
o claro luar.
Que chegue ven pronto,
que veña cediño,
que chora o meu neno,
que che ten mediño.
Non deixes, noite negra,
non deixes que chore
que os ollos dos nenos
só queren as flores.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2010 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Sempre merece a pena virte ver.#blgtk08#

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (29-08-2010 19:17)
2 Canto me alegro! Moitas grazas por vir a verme. Foi u#blgtk08#nha agradable sorpresa.
Unha aperta ben forte.
Comentario por Piteira (29-08-2010 23:11)
3 non só os nenos teñen medo...ta#blgtk08#men as alma desacougadas.......
Comentario por bolboreta (09-09-2010 10:02)
4 E hai ben delas, tés moita razón.
#blgtk08#Moitas grazas por vir a verme, bolboreta.
Comentario por Piteira (12-09-2010 13:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal