A FONTE DAS BRUXAS


LEMBRANZAS
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao “A Fonte das Bruxas”.

O meu perfil
afontedasbruxas
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MIÑA CASA
CASA DE PITEIRA
Ai casiña dos avós,
casiña na que eu nacín,
coliño fuches para nós
ata que de aló saín.

Agochado na hortiña,
por non querer marchar,
aínda neno, queridiña,
viñéronme alí atopar.

Lembranza da miña casa,
lembranza do meu fogar.
Din que o tempo todo o pasa,
mais non pasa o meu lembrar.

Nos teus muros túas pedras
xa se gretan e desfan.
No meu peito, coma feras,
esas gretas roendo están.

Adeus, dígoche con pena,
dígoche adeus con pesar,
mais trae o tempo a condena
que a todos ha de atrapar.

Lembranza da miña casa,
lembranza do meu fogar.
Din que o tempo todo o pasa,
mais non pasa o meu lembrar.
Comentarios (4) - Categoría: PRETIÑO DO MAO - Publicado o 26-08-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Moi fermoso e tamén moi enternecedor.
A casiña tamén é #blgtk08#moi fermosa,non é estrano que saira tan boa xente de ise lugar
Comentario por Xerardo (01-11-2010 19:07)
2 Grazas, Xerardo, polo teu agarimoso com#blgtk08#entario.
Unha aperta ben forte.
Comentario por Piteira (03-11-2010 07:57)
3 sinto non saber mais das n#blgtk08#ovas tecnolo gias
Comentario por monse (20-01-2015 22:57)
4 Moitas grazas, Montse, polo esforzo que fixeches para poñerme estas letri#blgtk08#ñas.
Sinto unha gran ledicia.
Con moito agarimo, biquiños.
Comentario por Xosé (21-01-2015 15:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal