A FONTE DAS BRUXAS


LEMBRANZAS
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?.

O meu perfil
afontedasbruxas
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EU VINO
E vexo o tempo,
olla, olla ben.
Non o ves?
Aló, riba do pensamento,
trala mirada dos soños.
Aló, naquela artesa,
trala cociña, lonxe da brisa.
Non o ves?
Aló, no bruar dos carballos,
nos olores das xestas.
Eu vino,
olla?
Aló, tralas noites sen lúa,
noites pechadas dun inverno frío.
Olla, olla ben. Non o ves?
Fíxate ben!
Aló, nas pegadas do camiño,
nas rodeiras do carro,
nos xugos, nas cangas?
Aló, lonxe, moi lonxe,
nos prados, nos valados,
nos outeiros?
Aló, lonxe, moi lonxe,
aló o vexo,
aló, o tempo.

Comentarios (2) - Categoría: PRETIÑO DO MAO - Publicado o 03-02-2012 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu pagaría por podelo ver, que o mellor así me entero onde se mete que semp#blgtk08#re se me escapa! Pero nin coas túas indicacións o atopo...
Apertas!
Comentario por Mar e Lúa (03-06-2012 00:17)
2 E teño que dicirche, Mar e Lúa, que non sei cando eu o vin e como puiden velo. Mira que eu tamén estiven seguindo as indicacións, mais non o volvín atopa#blgtk08#r...Non sei, de verdade, como é que puiden velo daquela!

Moitas grazas por deixar a túa pegada neste poemiña.

Unha aperta.
Comentario por Xosé (03-06-2012 12:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0