|
|
|
|
|
|
| 3ª singladura do parrochiña |
|
Nova viaxe do parrochiña:
Queridos membros da tripulación, despois de ter o noso navío varado no estaleiro dunha ría do Barbanza, durante uns días por mor dunha revisión rutinaria, volvemos a navegar, esta vez cara as xélidas augas do mar do norte, na procura do mellor bacallau.
Nesta marea a tripulación era a de rigor, mais no ultimo intre apareceu o inspector de pesca.
O susodito foi o que impuxo a ruta do mar do norte, en vez de poñer a proa rumbo o gran sol ( Tendo unha boa marea no gran sol salvariamos a campaña de nadal), pero en fin, que se lle vaia facer, o que sabe, sabe, que pa iso xa pescou ou
¿pescárono?
Cando se dou atopado un bo emprazamento para largar os aparellos, o capitán ordenou deter a maquina, e empezar cos lances.
O parrochiña tivo a desgraza de encallar entre uns icebergs e alí botou o resto do tempo.
A tripulación dedicouse o seu; é dicir, a non facer nada de proveito; aínda así estaban as nenas petacas, que son ( a verdade e que non se sabe a que andan)..... pero ala elas.
O resto dos lances transcorreron como de costume, aínda que se votou en falla as amigas de costume (as carnochas, a filla da necha, a pija & amigas, ......)
Cando tocou volver a porto, grazas que contabamos coa axuda dos prácticos da asociación, porque o parrochiña non podería volver polos seus propios medios.
A maiores: nena petaca se les isto non me amarges mais a vida, que xa esta ben. |
|
|
|
|
| Nova viaxe do parrochina |
|
Estes días de ponte o navío “parrochiña” volveu a navegar por augas bravas, aínda que estes días estábanche bastante calmas.
Non houbo baixas da tripulación aínda que tivemos algunha alta, pero o “Rodrigo” sigue sen aparecer. En fin, el so perde.
Parta da nosa tripulación botou en falta as carnochas, aínda que o resto do peixe acudiu puntual a súa cita.
Tivemos que levantar ancoras cedo porque había que estar presentables para o xantar de rigor. “Para unha vez que nos pomos de acordo en algo”
Se non temos novidades o vindeiro sábado o parrochiña volvera a navegar por augas bravas.
|
|
|
|
|
| AES información gratuita |
|
Prezados socios da AES
O domingo celebrouse o noso xantar de comfraternidade. Non estivemos todos pero,
esperamos contar co resto da tripulación en vindeiros xantares.
A foto e pa darvos envexa os que decidichedes non vir.
Desgrazadamente e demasiado jrande para colgala.
EHHHHHHH sen rancor.
Ata a próxima. Admimistracion AES |
|
|
|
|
| Nova singradura do navío “parrochiña” |
|
Este sábado o parrochiña volveu a pesca en augas bravas. Cando se deu reunido a toda a tripulación o navío iniciou unha nova singradura.
Parta da tripulación estivo esperando ata ben entrada a noite a ver se aparecía o “RODRIGO”, pero o mariñeiro tomoulle medo a tormenta.
Chegamos a ter a auga pola gorxa, e non era pola choiva, estabamos acurralados por tódolos lados.
Pola proa estábanche as carnochas, e estaban coma sempre, a ver o que se pilla.
A banda de estribor tíñanos estratexicamente colocada a panda da ex do outro; (mira que esta boa a rapasa).
Por babor tíñanos un temporal de forza 5. Xuntábanse dúas frontes moi complicadas, as amigas do Xavi; con novas incorporacións, e a panda da bibliotecaria e amiga.
Pola popa menos mal que estaba a tripulación do navío, e nos daban todo o apoio necesario para seguir na loita.
Na ponte de mando do navío como non, estaba o desgraciado do capitán, coa súa puta luz laranxa enfocándonos de seguido, e a cada pouco recordándonos que estabamos alí, no medio do temporal e lonxe dos nosos fogares.
Na cuberta da nave estábanos os membros da “AES”, cando a nave comezou a loitar contra a marea, o pouco tempo xa perderamos o almirante, non puido coa presión,botáronselle uns cantos salvavidas pero o home non quixo saber nada do resto da xente.
O resto dos membros seguimos como puidemos, dando conta das posicións gañadas.
Cando xa a tripulación xa estaba controlando a situación, apareceu o destrutor, comandado pola filla da necha. Atacaron por estribor para facernos cambiar de rumbo, resistiuse o impacto como se puido. Non desistiron nos seus ataques ata que amainou a treboada.
O fin como sempre apareceu o capitán, dou o seu punto de vista e ordenou recoller os aparellos e regresar a porto. Outra noite de mala pesca.
En fin todo o bo se acaba e o malo pode ir a peor.
RODRIGO: se les isto da sinais de vida.
|
|
|
|
|
| O que nos queda |
|
A administración da asociación AES, tomou a decisión de invitar a un xantar de nadal,(pero que quede claro que cada un pagará o seu); a todos aqueles soci@s, tanto permanentes, ocasionais ou simpatizantes. O xantar terá lugar o vindeiro día 10 de decembro.
O menú estará composto por un variado de entrantes tradicionais, tales como polbo a feira, ameixas a mariñeira, empanada de millo, e algo mais tamén se porá.
Como prato principal levaremos lombo de vitela do pais, (hermano, periga a túa “rubia galega”), feito sobre brasas de carballo.
Tentaremos rematar cunha sobremesa tradicional da casa..
Todo o xantar estará regado por viños do pais e licores tradicionais.
O prezo será de 30€ por persoa. O menú esta aberto a suxestións dos soci@s.
Pregase confirmación de asistencia antes do día 6 de nadal
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|