|
|
|
O Cutaxornal 5 (1/4) |
|
.jpg.jpg)
PODES VER A PUBLICACIÓN CON MOITA MELLOR CALIDADE AQUÍ |
|
|
|
O Cutaxornal 5 (2/4) |
|
.jpg.jpg)
PODES VER A PUBLICACIÓN CON MOITA MELLOR CALIDADE AQUÍ |
|
|
|
O Cutaxornal 5 (3/4) |
|
.jpg.jpg)
PODES VER A PUBLICACIÓN CON MOITA MELLOR CALIDADE AQUÍ |
|
|
|
O Cutaxornal 5 (4/4) |
|
.jpg.jpg) PODES VER A PUBLICACIÓN CON MOITA MELLOR CALIDADE AQUÍ |
|
|
|
As reformas laborais e a continua perda de dereitos para a clase traballadora |
|
Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG, afirma que o 29-S a clase traballadora ten que facer unha demostración de forza para tirar abaixo a reforma laboral e impedir que se impoñan as que están previstas.
Coa ratificación definitiva da reforma laboral no Congreso dos Deputados consúmase, para a CIG, ?o maior ataque que ten sufrido a clase traballadora nos últimos 30 anos?.
Fronte esta ?durísima? agresión a central sindical fai un chamamento a participar masivamente na folga xeral do 29-S, para tirar abaixo a reforma laboral e impedir que se impoñan tamén as outras reformas que xa están previstas: a da negociación colectiva, a das pensións ou a das prestacións por desemprego.
A través da seguinte presentación poderás comprobar como cada reforma laboral supón unha perda de dereitos para a clase traballadora
|
|
|
|
Os medios en galego importan |
|
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ler máis...
Apoiar a iniciativa |
|
|
|
Posibelmente estaremos sen piscina o que resta de ano |
|
As instalacións municipais da piscina, ximnasio e sauna estarán pechadas, previsibelmente, durante todo o 2010 tras o incendio do pasado 28 de agosto.
O mes de agosto foi un mes ?raro? no referente a á piscina. Durante toda a tarde do último día das Festas Patronais a entrada principal da piscina estivo pechada aos usuarios e usuarias e precintada por unha fita da Policía Local para instalar os fogos de artificiais e á hora de abrir as instalación públicas municipais nin os operarios da piscina nin os dirixentes da empresa concesionaria foran informados ao respecto e foi grazas á reacción das persoas encargadas de abrir o recinto improvisando unha entrada alternativa que facilitaron o acceso aos usuarios e usuarias. Varias persoas que se achegaban ao lugar daban volta ao ver pechada a entrada principal de acceso (FOTO 1).
Días despois o xornal conservador La Voz de Galicia, informa que a concesión iría parar a outra empresa (Barbatana), a pesar que na edición do día seguinte contradise a si mesma e di que ?la mesa de contratación del gobierno local larachés le había renovado la concesión a la compañía esta misma semana para los próximos cuatro años?.
Dous días despois prodúcese un incendio nas instalacións(FOTO 2)
En calquera caso, mentres as instalación non volven estar estar operativas lembra anular os recibos.
|
|
|
|
Oferta de posto de traballo en Carballo |
|
O Concello de Carballo abre un proceso selectivo para a contratación dun ou dunha profesora de gaita para o Conservatorio Municipal de Música mentres dure o período de excedencia a solicitado polo profesor de gaita do citado Conservatorio.
Máis información clicando aquí. |
|
|
|
|
|
|