A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Debe haber un referendum?
Vicenç Navarro promove unha acción de recollida se sinaturas para solicitar un referendum para ratificar a Reforma da Constitución que acordaron mutuamente o goberno do estado (PSOE) xunto co PP.

VicenÇ explica que unha décima parte dos Deputados ou dos Senadores pode solicitar un referéndum vinculante sobre o estabelecemento dun límite ao déficit público e afirma que “limitar o déficit é limitar a inversión na sociedade. Con isto, o Goberno poderá deixar a persoas coma ti na cuneta. Pero podemos deter esta iniciativa.”

O Catedrático pensa que é moi importante a mobilización da cidadanía porque esa medida afectaría moi negativamente ao Estado do Benestar español que está hoxe financiado predominantemente a nivel das CCAA, e que limitar o seu gasto implicaría limitar o pouco desenvolvido Estado do Benestar. Tamén nos lembra que o estado español é un dos que menos gasto público social ten da Unión Europea.

Ler máis…

Vicenç Navarro foi Catedrático de Economía Aplicada Na Universidade de Barcelona. Actualmente é Catedrático de Ciencias Políticas e Sociais da “Universidade Pompeu Fabra” (Barcelona, España). É tamén profesor de Políticas Públicas en “The Johns Hopkins University” (Baltimore, EEUU) onde impartiu docencia durante 35 anos. Dirixe o Programa en Políticas Públicas e Sociais patrocinado conxuntamente pola Universidade Pompeu Fabra e The Johns Hopkins University. Dirixe tamén o Observatorio Social de España.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 27-08-2011 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de fotografía
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2011 e estas deberán presentarse nas oficinas do GDR “Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños” localizadas no lugar A Camposa, s/n en Buño (Centro Comarcal de Bergantiños), en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.
Ler máis...


BASES DO CONCURSO
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 24-08-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
17 de agosto, Día da Galiza Mártir
A Fundación “Alexandre Bóveda” fará entrega do premio “Galiza Mártir”, este mércores 17 de agosto a Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo".

O premio que ven outorgando a Fundación desde o ano 2006 obedece ao fin de lle recoñecer a unha persoa, grupo de persoas ou entidades o labor de recuperación da memoria histórica no noso país. O acto de entrega levarase a cabo durante un xantar no Pazo da Cultura en Pontevedra após os actos de homenaxe que se lle tributan a Alexandre Bóveda ao longo da mañá na Caeira, lugar onde foi asasinado ese mesmo día hai agora 75 anos.

Alexandre Bóveda foi un dos grandes impulsores do Estatuto de Autonomía do 36 que o golpe de Estado do Xeneral Francisco Franco impediu que se fixera efectivo esmagando así os desexos e as ilusións do Pobo Galego de contar cun Estatuto para o noso país. Mais canda os desexos de prosperidade para a Galiza tamén foron truncadas as vidas de moitos galegos por defenderen as ideas de progreso e liberdade que promovía unha república votada democraticamente.

Bóveda foi detivo polos militares sublevados contra República, acusado de “traizón” o 20 de xullo e condenado a morte o 13 de agosto dese ano cando contaba con tan só 33 anos. Na súa declaración final que lle obrigaron a asinar transcrita ao castelán, dicía:
"A miña patria natural é Galiza, ámoa fervorosamente. Endexamais a traizoaría aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa máis alá da miña morte. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese".


Vídeo do acto de homenaxe na Caeira coas Intervencións de Silvia Díaz (Concelleira de Cultura de Poio), Fernando Quintela (Presidente da Fundación "Alexandre Bóveda"), Amalia Bóveda (Filla de Alexandre Bóveda) e Xosé Luís Bóveda (Fillo de Alexandre Bóveda)
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 16-08-2011 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión á península do Morrazo

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 12-08-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal