Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
O cambio dos textos educativos para as materias que haberá que impartir en castelán vén derivado do decreto do ensino aprobado pola Xunta, que xa foi recorrido ante a Xustiza pola Real Academia Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística e varios sindicatos do ámbito educativo.
Esta actuación foi criticada pola oposición que denunciou o despilfarro do Goberno, xa que estes libros xa existían en galego e agora serán tirados ao lixo por unha simple cuestión ideolóxica antigalega.
O que é seguro é que agora o estudantado terá menos dificultades para aprender "mates". Ábrese un novo mundo de posibilidades para o alumnado unha vez eliminado o problema lingüístico que imposibilitaba a comprensión desta asignatura.
E todo grazas a un goberno (anti)galego e austero(?) que é quen de gastar a insignificante cifra de 6.000.000 de ? en substituír os libros en galego polos de castelán.
A Comisión de Galiza co Galegoestá a recibir unha impresionante onda de apoios na súa iniciativa para impulsar unha rede de galescolas privadas que xa conta con máis de 1.900 persoas dispostas a colaborar economicamente para crear estes centros que poderían comezar a funcionar no curso 2011-2012. O número de persoas dispostas a participar na idea segue aberto e conta con alcanzar a cifra de 3.000, para o cal estase a realizar unha xira de presentacións por todo o país.
O sindicato CIG fai un chamamento á clase traballadora galega a participar na FOLGA XERAL do 29 de SETEMBRO contra reforma laboral que consideran "un grave retroceso dos dereitos laborais. Un ataque á negociación colectiva e ás relacións laborais. Un recorte nos custes laborais e o favorecemento á substitución de emprego de calidade por máis emprego precario".
Afirma que "se aproveita a crise para reforzar o poder empresarial e debilitar inda máis á parte máis feble: a clase traballadora Satisfai as demandas do poder económico, financeiro e mediático, poñendo o Estado ao servizo do capital e renunciando ás políticas sociais" e advirten que "esta reforma laboral non creará emprego, senón que favorece a súa destrución abaratando o despedimento, e pula por unha maior precarización".
Deste xeito a CIG cre importantísimo e necesario que todas e todos saiamos á rúa o 29 de SETEMBRO para demostrar que hai alternativa á crise superando o modelo económico e social do capitalismo neoliberal, que outro modelo é posible, ao servizo da economía produtiva, das clases populares, máis xusto e solidario.
- Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Bergantiños de Bértoa.
- Misa ás 13.30 na Igrexa Parroquial.
- Sesión vermú coa actuación dunha orquestra.
- 17.00: Trofeo de Fútbol Concello da Laracha. Triangular entre o Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club do Mar de Caión. No Campo Municipal da Laracha.
- 20.00: Actuación de música e baile folclórico a cargo da Asociación Cultural Santa María de Torás na Praza do Generalísimo Franco.
- 21.30: Teatro de rúa: ?Calaveras e Diablitos?.
- Verbena nocturna coa orquestra Sintonía de Vigo. No descanso, actuación dos Regueifeiros de Bergantiños.
Luns 16 de Agosto
- Pasarrúas coa Banda de Gaitas Brisas do Quenllo.
- Misa ás 13.30 na Capela de San Roque e Santo Antonio de Cillobre.
- Sesión vermú coa orquestra Acordes.
- 18.30, no Campo Municipal da Laracha: partido de fútbol de solteiros contra casados.
- 19.30: Teatro de rúa: ?Pasarrúas circense?.
- Verbena nocturna coas orquestras Acordes e Ráfaga.
Martes 17 Agosto
- Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Queiroga.
- 13.30 Misa na Igrexa Parroquial.
- Sesión Vermú coa orquestra Samba.
- Desde as 17.00: Día do Neno na Praza do Generalísimo Franco (inchables, festa da escuma, xogos infantís,...).
- Verbena nocturna coas orquestras Ciclón e Samba.
Mércores 18 de Agosto
- 17.00: Xogos tradicionais na explanada do IES Agra de Leborís.
- Verbena nocturna coa orquestra París de Noia. No descanso, fogos artificiais.
Parece que foi onte, mais xa van aló dous anos cando na Cutareira tomamos a iniciativa de crear un blogue coincidindo coa celebración das festas patronais do noso concello da Laracha.
Nestas mesmas datas tamén viu a luz o número 1 do boletín informativo da Cutareira: O Cutaxornal. (por certo non moi ben recibido por persoas próximas ao poder conservador larachés).
Ambas ferramentas informativas, blogue e Cutaxornal, foron creadas para difundir o traballo realizado pola asociación veciñal e para tratar de ofrecer un tipo de información alternativa aos medios de información convencionais cada vez máis globalizados e máis controlados polos poderes dominantes.
Desde a asociación veciñal A Cutareira aproveitamos a ocasión para desexarvos que pasedes unhas boas festas.
A Cutareira celebra os seus 5 anos de existencia coa edición dun audiovisual en formato DVD baixo o título de ?Cinco anos ao teu servizo? elaborado con máis de 500 fotografías e varios temas musicais que acompañan as imaxes durante máis de 50 minutos.
O disco recolle boa parte do traballo desenvolvido pola Cutareira ao longo destes cinco anos de existencia (2005-2010) e todas as persoas que pertencen á asociación, alén de todas as que sen selo participan acotío coa asociación, recibirán este DVD de balde nos próximos días.
O pasado sábado día 31 de xullo, as asociacións larachesas ?A Cutareira? e ?Quinta Feira? organizamos un xantar na área recreativa de Gabenlle (A Laracha).
Con motivo do ?V aniversario da Cutareira? (2005-2010), entregamos ás persoas asistentes un audiovisual en formato DVD que recompila o traballo realizado pola entidade desde o momento da súa constitución consistente en recortes de notas de prensa e fotografías de distintos momentos da actividade da Cutareira tales como charlas, exposicións, reclamacións, queixas, excursións, homenaxes...
Este xantar popular foi moi ben valorado pola veciñanza que prolongou a sobremesa durante toda a tarde e converteu este día nunha agradábel xornada de convivencia afortalando, aínda máis, o asociacionismo larachés das mans da asociación veciñal ?A Cutareira? e da A.C. ?Quinta Feira?.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0