A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PP fai desaparecer o galego das escolas infantís das cidades
A Xunta renuncia a facer efectiva a protección da lingua á que insta o Estatuto e abre a porta a unha segregación ‘light’


O idioma galego non para de recibir malas noticias por parte do que, segundo a lexislación, ten a obriga de ser o seu maior garante.
A Xunta, segundo confirmou onte o voceiro do PP, Antonio Rodríguez Miranda, e xa estaba anunciado dende as autoridades autonómicas baseará a súa política lingüística nas escolas infantís en asumir como propio o idioma maioritario dos pais, o que no ámbito das cidades fará prácticamente imposible escolarizar a nenos de 0 a 3 anos na lingua galega.

Segundo lembrou Rodríguez Miranda, o decreto que regula a educación neste ámbito establece que só se “recibirá aos nenos na lingua maioritaria” e que se introducirá aos escolares no dominio dos dous idiomas, o galego e o castelán. Iso ven supoñer o absoluto dominio do castelán nas zonas urbanas, nas que é maioritario o uso dese idioma cooficial, e imposibilita a escolarización no que o Estatuto de Autonomía define como “lingua propia de Galicia”, que así volve atrás aos tempos da transición anteriores ao arrinque do proceso de normalización, cando só a asignatura de galego se impartía nese idioma. Ler máis
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 22-08-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
Aberto o prazo de convocatoria para unha praza, de persoal laboral temporal,na categoría de técnico de administración informática, no Consorcio de Bombeiros da Coruña.

Publicouse no BOP do día 12 de agosto e o prazo de
presentación de solicitudes comezou o día 18 de agosto e remata o 27.

Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 21-08-2009 02:01
# Ligazón permanente a este artigo
3 MILLÓNS € PARA O ENSINO SEXISTA E REACCIONARIO
A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN FINANCIA A COLEXIOS QUE SEGREGAN AO ALUMNADO

A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza contra esta resolución. Os centros agraciados aos que se lles subvenciona totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS Dei en concerto: Las Acacias, Monte Castelao e Aloya, en Vigo, e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.

O artigo 84 da LOE estabelece que “En ningún caso poderá haber discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, afinidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal” á hora de admitir o alumnado tanto nos centros públicos como nos concertados. Por iso a CIG-Ensino presentar recurso concencioso-administrativo contra estas actuacións da Consellaría de Educaión.

Ler máis...
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 10-08-2009 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Queres comer transxénicos?
Os transxénicos reforzan o control da alimentación mundial que exercen unhas cuantas empresas multinacionais.

Greenpeace ven de presentar a Guía Vermella e Verde dos fabricantes que utilizan ou rexeitan organismos modificados xenéticamente (transxénicos).

Varias empresas que figuraban na lista vermella entregaron á organización a documentación necesaria que garante que non empregan este tipo de ingredientes nos seus produtos. Bimbo/Martínez (panadería, bollería); Virxinias (galletas, turróns, barriñas de chocolate); ou Hero (marmeladas, zumes, alimentos infantís), agora están no listado verde.


Mentres, o listado vermello inclúe aqueles produtos dos que os fabricantes non ofrecen garantías sobre a ausencia deste tipo de compoñentes e aqueles que conteñen transxénicos, ben aparecendo referenciado na súa etiquetaxe ou non.
Segundo Greenpeace "a inmensa maioría dos fabricantes decidiron abandonar estes perigosos ingredientes", se ben aínda existen empresas que non ofrecen as suficientes garantías da súa ausencia, como Nestlé (Nestlé, Numil) ou Unilever (Knorr, Ligeresa, Tulipán, Flora, Frigo).

Podes descargar aquí a Guía Vermella e Verde de alimentos transxénicos (pdf).
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 10-08-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
PARA QUE SERVE O GALEGO?

FORMATO PRESENTACIÓN (Clica só en reproducir)






FORMATO VÍDEO


Comentarios (5) - Categoría: Lingua - Publicado o 09-08-2009 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados da enquisa sobre o galego no ensino
Pouco máis da metade dos pais opinou, a maior porcentaxe na privada.

Logo dun gasto de 160.000€ nunha iniciativa con moitas sombras no camiño, a enquisa só clarexa que os pais queren que se mellore o ensino do inglés.

Anunciada polo PP, xa antes de coñecérense os datos, como unha das escusas e chanzo previo para a derrogación do decreto sobre o galego no ensino, a cuestionábel enquisa deixa máis interrogantes que aclaracións.

Nas seguintes ligazóns podemos ler as opinións ao respecto dalgunhas organizacións políticas, sindicais e d’A Mesa pola Normalización Linguística.


PPdeG: "É un primeiro paso cara a un novo decreto e á liberdade lingüística"
PSdeG: Un despropósito que non serve para nada"
BNG: Un "bochornoso espectáculo" a explicar no Parlamento
A Mesa: son as contas "de Pinocho"
CIG: Resultados "ilexítimos e fraudulentos"
STEG: demóstrase o obvio, "hai que protexer o galego"


Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 01-08-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal