A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS TRANSXÉNICOS ATENTAN CONTRA A NOSA SAÚDE.
O MILLO TRANSXÉNICO CULTIVADO EN GALIZA É PERIGOSO PARA A SAÚDE.


A autorización de dez anos para o cultivo da variedade de millo MON 810 caducaba, e a UE tiña que tomar unha decisión sobre a súa reautorización. Así, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), logo de revisar a documentación dispoñíbel e as probas científicas realizadas, concluíu que este millo é seguro. En cambio, numerosos gobernos xa cuestionaron recentemente a súa enorme preocupación pola mala calidade de traballo da EFSA e da seguranza do millo transxénico, entre eles o goberno francés que afirmou que non podía aceptar as conclusións da EFSA sobre o MON 810. (Ler máis...)

O MON 810, comercializado pola multinacional Monsanto, é o único transxénico autorizado na UE e amplamente cultivado en Galiza, malia estar prohibido en seis países membros (Austria, Hungría, Francia, Greza, Luxemburgo e Alemaña)

É máis, 12 países comunitarios xa publicaron un escrito para cuestionar o informe, alegando que "faltan aínda puntos por resolver antes de autorizar definitivamente o cultivo". Pois agora, un novo informe científico feito público por Amigos da Terra e Greenpeace acusa á esta entidade de "practicar ciencia-lixo" e de "incorrer en erros e omisións graves no seu ditame".

“Os alimentos transxénicos semellan actuar coma un axente de control da natalidade, conducindo de forma potencial á infertilidade. Se este motivo non é suficiente para plantexar a retirada dos cultivos transxénicos actualmente no mercado, non sabemos a que tipo de catástrofes estamos agardando” .“Experimentar xeneticamente cos nosos alimentos é como xogar á ruleta rusa cos consumidores e coa saúde pública”. (Ler máis...)

video



Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 31-07-2009 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA O GALEGO
O noso veciño da Laracha e Deputado Provincial, Xoán Manuel Sande Muñiz ( responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística) presentou hoxe en rolda de prensa distintas melloras no espazo web “recursosparaogalego.com”, creado en 2008 co obxectivo de:

-Ligar o galego ás novas tecnoloxías e utilizar estas como espazo de normalización.

-Fomentar o emprego do software libre, amosar as ferramentas para configurar os equipos, facilitar o seu emprego nos documentos da administración local.

-Estender o uso de correctores da lingua galega.

-Dar a coñecer as ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas que se poden atopar na rede, e amosar páxinas de interese que fomenten a cultura e lingua galega.

Xoán Manuel Sande Muñiz enmarcou esta iniciativa no obxectivo da Deputación da Coruña de promover o galego, e lembrou que “é unha obriga das administracións públicas impulsar o uso da nosa lingua”.

Nesta páxina poderemos encontrar tradutores, correctores ortográficos, manuais de gramática, buscador de topónimos galegos, significado e orixes dos nomes galegos, lexislacións, promagas en galego de balde, cursos interactivos de galego, etc...
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 29-07-2009 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo ataque de Galicia Bilingue contra o pobo galego
Esta asociación contraria ao uso do galego, fai un chamamento á desobedencia civil e anima a pais e nais a que mercar os libros de texto para o vindeiro curso escolar en língua castelán aínda que estas asignaturas se impartan en galego.

A faciana máis antigalega desta asociación chega a tal extremo que incluso os seus compañeiros de viaxe nas súas reivindicacións (PP) tiveron que chamarlle á atención desde a Xunta de Galiza.

Desde "A Mesa pola Normalización Lingüística"- verdadeiro motor na defensa da nosa lingua- sinalan que "finalizar o ensino sabendo galego igual que castelán é un dereito básico que non se lle pode furtar ao alumnado" e recorda que "dificilmente se poderá conseguir iso se os rapaces e as rapazas carecen das ferramentas para aprender a lingua propia".

Así mesmo, o presidente da Mesa, Carlos Callón, asevera que esta organización cidadá "continuará a defender a lei da democracia fronte á lei do máis forte, a convivencia fronte á crispación e o consenso fronte ás imposicións dos grupos de poder".

“Galicia Bilingüe” é unha asociación de carácter radical que defende posicións lingüísticas acorde con postulados da dereita máis extremista.

Lembremos que o pasado dous de febreiro acudiron á capital galega a manifestarse contra a nosa lingua acompañados por Corina Porro (PP), Carlos Negreira (PP), Alfonso Rueda ( PP), Rosa Diéz (líder de UPyD), "Falange" ou mesmo membros do “Foro de Ermua” que estaban entre as primeiras filas da manifestación.
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 29-07-2009 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA
As orixes da celebración remóntanse ao ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.

Desde entón as manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política do momento, aínda que sempre co eixo central da reivindicación dos símbolos e a identidade do país.

En 1921 e 1922 celébrase sen obstáculos. As Irmandades retoman o seu discurso sobre os valores galegos e definen o 25 de xullo como: “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”.
Coa dictadura de Primo de Rivera (1924-1929) o endurecemento da política impide as celebracións ata 1931.

A chegada do franquismo trae moitos días de silencio, tamén para a reivindicación da patria. Paseniñamente irase recompoñendo a conciencia dende mediados de século cando se recupera a misa en galego na honra de Rosalía.
Arredor dalgúns históricos galeguistas mantense vivo o facho en Compostela onde en peregrinaxe chegan os narradores e poetas da época para asistiren a San Domingos de Bonaval na honra dos versos de Rosalía, en definitiva a renderlle homenaxe á voz silenciada do pobo.

Durante varias décadas a conmemoración do 25 de xullo estivo reducida a unha misa por Rosalía en San Domingos de Bonaval e xa no 1968 tocoulle á Unión do Pobo Galego (UPG) rescatar a data na denominación e no contido, e sería xunto ao Partido Socialista Galego (PSG) quen se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e aínda coas entrada da democracia se seguiron a prohibir as
manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego.

Até mediados dos anos 80 non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.

O Decreto de 1 de xaneiro de 1979 denomina oficialmente ao 25 de xullo como “DÍA NACIONAL DE GALICIA"

Recomendamos a visión do seguinte vídeo relacionado co significado do Día da Patria, comentado excepcionalmente pola xornalista da TVG Tareixa Navaza hai 25 anos.

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 22-07-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
SUBVENCIÓNS PARA OS LIBROS DE TEXTO
A Consellaría de Educación aumenta as axudas previstas inicialmente para os libros de texto, pero aínda así son claramente insuficientes a respecto dos pasados anos en que os libros eran de balde.

Unha familia de 4 membros con ingresos totais entre 21600 e 36000€ anuais percibirá polo menos 104€ por cada filla ou fillo (antes de balde).

No caso dun pai ou dunha nai, cun único fillo ou filla, a axuda será de 104€ sempre que os ingresos non excedan de 18000€ anuais.

Considérase “gratuidade” a quen percibe a axuda de 180€, xa que estiman que será suficiente para cubrir os gastos dos libros de texto e aseguran que esta gratuidade estará garantida para as familias de 4 membros nas que non entren máis de 21.600€ anuais.

Vexamos un exemplo:
-Familia de 4 membros ( pai, nai e dous fillos) con ingresos inferiores a 21.600€
21600/2= 10800€ anuais de ingresos por cada un deles.
Ao ano son 12 pagas, e se sumamos 2 pagas extraordinarias estariamos a falar dun salario de 10800/14=771€ ao mes.
Ou sexa que para que unha familia composta por 4 persoas poida percibir 180€ de axuda por alumno, é preciso o pai /nai non supere uns ingresos de 771€ cada un ao mes.


Máis información aquí
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 20-07-2009 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN AOS PENEDOS DE PASARELA
A Asociación Veciñal "Campo da Feira" de Paiosaco organiza unha excursión para o sábado 12 de xullo na que visitarán:

-Os Penedos de Pasarela (Vimianzo).
-O Castelo de Vimianzo.
-Os Batáns de Mosquetín.

A saída á as 9 e o regreso está previsto para as 8 da tarde.

Socios/as: 10 €
Non socias/os: 15€

A data límite para se apuntar é o día 7 e podes facelo a traves dos seguintes nº de teléfonos: 646 300977-
646455489
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 04-07-2009 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
DEMOCRACIA...? QUE DEMOCRACIA?
Podemos falar dun Mundo organizado democraticamente cando o destino do planeta está nas mans de tres organismos non democráticos que toma as decisións para o conxunto da humanidade?

Quen toma, realmente, as decisións na ONU?

Gobernan os gobernos...?...ou son gobernados?

Quen marca as directrices das políticas internacionais?

Teñen representación todos os países nos Organismos Internacionais?

Quen "vela" pola nosa seguranza?

Que intereses ocultos hai detrás das guerras?
Informan verazmente os medios de comunicación?

Cumpren co seu "cometido" de informar?...ou están ao servizo doutros tipos de intereses?

A cales?

Eduardo Galeano explica con enorme claridade todas estas situacións.

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 04-07-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
O INTITUTO DA LARACHA CRITICA A CONSULTA DO USO DO GALEGO NO ENSINO
As voces críticas a respecto do posicionamento do novo goberno da Xunta de Galiza, en contra da nosa língua, non paran de abrollar, agora tocoulle a quenda ao Claustro do Instituto da capital larachesa, “Agra de Leborís” que o pasado 30 de xuño manifestou,
"o noso total e profundo rexeitamento a esta consulta que consideramos é tendenciosa, partidista e totalmente innecesaria.” Así mesmo manifestan que “non deixa de ser triste que un goberno que nos representa a todas e todos ao abeiro dunha enquisa falta de todo rigor, pretenda levar a cabo un ataque desta magnitude é nosa lingua”.

Loxicamente, apoiamos e solidarizámonos con este escrito emitido polo claustro do Intituto do noso concello “Agra de Leborís” e aplaudimos e animamos a todo o pobo galego, a que individual ou colectivamente, se manifeste activamente en contra das políticas de exterminio do galego que este goberno está a levar a cabo.

Como din “Quempallou” “...se a nosa terra é nosa a nosa fala tamén...”


Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 03-07-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal