A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concentración convocada pola ANPA do Otero Pedrayo
Case un centenar de nais, pais e alumnado acudiron hoxe, luns 20, á concentración convocada pola asociación de Nais e Pais do Colexio “Otero Pedrayo” da Laracha na “Plaza do Generalísimo Franco” para demandar solucións ante o estado deficitario en que se encontra o colexio e que desde a entidade veñen denunciando desde hai tempo sen que se teña producido ningún tipo de información por parte das distintas administracións competentes: Concello e Xunta.

Ler máis...


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 20-06-2011 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
A ANPA O Acevo convoca unha concentración para reclamar melloras no CEIP Otero Pedrayo

A ANPA do CEIP "Otero Pedrayo" da laracha denuncia a través do seu boletín, “A Pita de Monte”, a situación de deterioro en que se atopan as instalacións do colexio e poñen en coñecemento das nais e pais do alumnado “dúas situacións graves ou incluso moi graves” que se teñen detectado. Refírense concretamente as deficiencias estruturais do edificio “vello”, que poñen en perigo as vidas do alumnado en caso de incendio (unha vez escoitado o informe emitido polos bombeiros tras o último Simulacro de Evacuación) e tamén ao mal estado en que encontra a instalación eléctrica do edificio.

Así mesmo, reclaman obras de mellora e ampliación tales como a instalación dun ascensor e un patio cuberto pero desde a entidade afirman que “non sabermos concretamente os plans da Consellaría”.

Por todos estes motivos e ante a falta de resposta por parte da administracións competentes así como polo mal estado da instalación eléctrica do colexio, convidan a toda a comunidade educativa a asistir a unha concentración na Plaza do Generalísimo Franco (fronte ao Concello) o luns, 20 de xuño, ás 20:00h, baixo o lema: “POR UN COLEXIO SEGURO E EN CONDICIÓNS.”

Fonte de información: “A Pita de Monte.” Nº 2.


Podes ver aquí o vídeo das distintas intervencións da Reunión da Comisión 4ª. Educación e Cultura, do día 20 de abril de 2011 no Parlamento Galego, onde se trata o tema da construción do novo edificio prometido polo Conselleiro de Educación así como o pavillón cuberto proposto, o mesmo día, polo alcalde do noso concello. Ambas promesas foron calificadas pola oposición larachesa de "propagandística."
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 19-06-2011 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
A redución do profesorado durante este curso foi de máis de 200, pero non pasa nada...

O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, afirma nunha entrevista publicada no xornal, “El País” , que neste curso escolar a redución de proferorado foi de máis de 200 , pero que “non pasa nada”.

Así, á veciñanza Larachesa xa nos queda máis claro que as reclamacións do Instituto “Agra de Leborís” e do CEIP “Otero Pedrayo” non están xustificadas, pois en palabras do propio Conselleiro: ”é moi triste criticar o número de profesores”.

Para o Conselleiro (PP) o verdadeiro problema era a lingua galega, por iso o “Decreto do plurilingüismo eliminou un problema” a pesar que reduce o galego nas aulas por primeira vez desde a chegada da “democracia”.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 05-06-2011 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal