|
|
|
|
|
ACABOUSE A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO |
|
Información extraída de REIBONTECA/
Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño.
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria achegará 180 ? por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar ?ou ata 6.000 ?, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar ?ou entre 6.000 e 9.000 ? no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez
Con esta medida de reducción de gasto público o goberno da Xunta aforrará 21 millóns de Euros, mais tamén haberá que preguntarse se realmente isto nos beneficia ou nos prexudica.
|
|
|
|
A XUNTA (PP)CONSUMA A SUPRESIÓN DOS EXAMES EN GALEGO |
|
 O nunca visto! Pasen e vexan. O goberno galego tomando medidas contra a nosa propia língua!
O pleno do Parlamento vén de aprobar, cos votos do Partido Popular, a supresión do artigo 35 da Lei da Función Püblica que, aprobado polo Goberno bipartito, establecía a obrigatoriedad de realizar, cando menos, unha proba en galego en cada exame de oposición para acceder a un posto de funcionario na Administración da Xunta.
Mentres, dende a oposición, o deputado do BNG Bieito Lobeira ten claro que a nova norma -que só esixe a presentación dun certificado CELGA, o equivalente ao título de Bacharelato- é propia dun Partido Popular "acomplexado" que, di, se "avergoña de ser galego". "É o colmo do retrato do colonizado -asegura- asociar a calidade dos servizos públicos só ao idioma español".
Tamén con dureza criticou a decisión da Xunta o voceiro socialista, José Manuel Lage Tuñas. Apunta o deputado do PSdeG que o actual Executivo galego é o "primeiro" da historia autonómica que "toma decisións contra a lingua propia de Galicia", cunha decisión que, di, supón "o 18 de xullo da lingua galega".
Fonte de información: Xornal.com |
|
|
|
1 DÍA DE ÉXITO AO ANO, 364 DÍAS DE FRACASO. |
|
O pasado sábado, día 13, celebrouse na Laracha o ?Día do Deporte na Rúa?. Este acto foi apoiado pola veciñanza do lugar que sempre se amosa participativa nestes tipos de celebracións que teñen como obxectivo o fomento do deporte e de vida saudábel.
Valoramos como un éxito a participación cidadá nestes acontecementos onde por un día, todos e todas temos un lugar onde podermos xogar e practicar deporte libremente. Máis ao día seguinte todo volve á realidade, e o escenario montado especialmente para ese día desaparece como se se tratara do decorado dunha película do oeste rodada no deserto de Tabernas en Almería; e onde un día houbo canastras e porterías, agora non fica nada.
Para nós isto significa un día de éxito ao ano, pero tamén hai que saber ver e recoñecer que son tamén 364 días anuais de fracaso.
A Laracha é o segundo Concello máis grande de Bergantiños, e como tal debería ser punteiro nesta comarca no referente a todo tipo de servizos, se non é así, quere dicir que falla a administración local na xestión dos recursos. Os gobernantes do noso Concello foron incapaces de dotar á capital Larachesa das infraestruturas necesarias para que poidamos durante todos os días do ano facer uso de instalacións onde podermos practicar algún deporte ou xogos con balón en espazos abertos e de libre acceso.
Resulta moi doado criticar á xente moza, como se adoita facer en moitas ocasións e relacionala con actos vandálicos ou botellóns, máis son os poderes públicos quen deben ofrecer as alternativas. A construción destas instalacións son alternativas para a mocidade, e adapta espazos para o lecer e crea hábitos de deporte.
Os pavillóns polideportivos que temos cumpren o seu cometido pero estamos a falar de cousas distintas. As máis de 3000 persoas da parroquia de Torás tan só dispoñemos dunha única canastra para a práctica de deporte ao aire libre nun reducido espazo de menos de 100 metros cadrados. Non temos nin unha soa portería e nas prazas loxicamente está prohibido o uso de xogos de balón. Entón onde xogan os rapaces e as rapazas?
No mes de xaneiro xa solicitamos por escrito que se teña en conta esta demanda veciñal pero de momento ninguén nos dixo nada ao respecto.
Oxalá o Goberno Local recapacite así e todas e todos sairemos gañando.
A Laracha, 17 de xuño de 2009
Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire
(Presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira?)
|
|
|
|
COMUNICADO PÚBLICO |
|
A Xunta de Galiza comezará nos vindeiros días un proceso de consulta aos pais e nais do sistema educativo sobre o uso do galego no ensino. Ante este feito queremos manifestamos o noso apoio á totalidade do texto do Tríptico da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística así como o comunicado conxunto emitido por CIG ? CCOO ? CSI-CSIF ? FETE-UGT ? STEG ? Comités ? AS-PG ? Nova Escola Galega ? Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia ? Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra ? Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ? A Mesa pola Normalización Lingüística e queremos resaltar que esta consulta está deseñada á marxe da comunidade educativa e PROMOVIDA UNICAMENTE POR INTERESES POLÍTICOS non como O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que foi aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación parlamentaria en 2004 (PP,PSOE e BNG) e o RD 124/2007 que pretende garantir que o alumnado sexa competente en ambas linguas e esta norma xa foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
A CONSULTA CARECE DE FIABILIDADE, tanto por como están enunciadas as preguntas como polo feito de que non hai ningún tipo de control sobre os resultados e NON EXISTEN GARANTÍAS de que os resultados non poidan ser manipulados conforme aos intereses do partido no goberno que promove esta iniciativa.
Cremos que na situación actual o idioma que debería unirnos, está sendo utilizado como arma política para separarnos, partindo xa desde unha desigualdade xurídica, social e política enorme entre ambas linguas e nun contexto actual onde a língua castelá exerce de língua dominante mentres a língua do pobo, a língua galega, segue sometida baixo unha situación de clara DIGLOSIA por moito que se empeñen os poderosos sectores sociais, económicos e políticos en facernos ver que a situación é de Bilingüismo e moito menos aínda ?harmónico? co obxectivo de facernos desaparecer do mapa lingüístico e, xa que logo, como pobo diferenciado.
Por outro lado parécenos unha burla que neste momento de importante crise económica que padecemos, con veciñas e veciños con serios problemas para chegar a fin de mes onde hai familias enteiras no paro, o Goberno da Xunta propoña levar a cabo medidas gastando 200.000 ? dos cartos das galegas e galegos para atacar á língua do pobo que goberna. É difícil entender en que consiste a austeridade no gasto á que continuamente fai referencia o Goberno da Xunta.
Convidamos ao goberno da Xunta a que, do mesmo xeito que ten pensado consultar ao pobo sobre o sistema educativo, consulte tamén ao pobo sobre varios temas importantes; por exemplo se nos gustaría...
- que as persoas xubiladas tiveran unha pensión digna.
- que as persoas paradas tiveran unhas mellores prestacións por desemprego.
- que se aumentara o gasto en servizos públicos como Centros Educativos ou Hospitais
- que a vivenda fora un dereito que o Estado debera garantir a todo o mundo para que ninguén puidera especular con ela.
- que se reduciran os gastos en armamento e en guerras imperialistas que pagamos todas e todos e matan a miles de persoas inocentes en todo o mundo.
- que se deixaran de inchar as arcas dos bancos con cifras astronómicas de cartos públicos.
- que se libere da peaxe á Autoestrada A Coruña ? Carballo.
- que se crearan redes de transporte público na comarca de Bergantiños e A Costa da Morte.
Se de verdade queren coñecer a opinión do pobo e logo actuar en consecuencia, esta é a nosa proposta,...máis sabemos que iso non o van facer porque o obxectivo desta enquisa non é realmente coñecer a opinión das nais e pais da comunidade educativa, senón apartar á nosa língua do sistema educativo para reducir o uso do galego a espectáculos de tipo folclórico ou para falar coas vacas.
Sabido é que cando isto acontece, cando un dos dous idiomas ten un estatus de prestixio (castelán) ?como lingua de cultura, prestixio ou uso oficial? fronte ao outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores da oralidade, a vida familiar e o folclore (galego) dáse unha situación de DIGLOSIA na que semella que o goberno da Xunta pretende afondar aínda máis para crear máis desigualdade desfavorábel á língua galega restándolle aínda máis dereitos dos poucos que ten, a pesar de ser a lingua propia do pobo galego; a mesma que usaban as nosas nais e pais, avoas e avós e que xa por iso eran castigados na escola.
O Conflito lingüístico segue vivo e continuará a existir mentres non se remate coa situación diglósica.
Queremos manifestar o noso rexeitamento a todo tipo de políticas que atenten contra o noso signo de identidade colectiva e que neste caso poden ser causa de fractura e división social entre o pobo galego.
A Laracha, 12 de xuño de 2009
Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire
(Presidente da A.V.V. A Cutareira de Torás - A Laracha)
|
|
|
|
AS LINGUAS SUMAN (1) |
|

|
|
|
|
AS LINGUAS SUMAN (2) |
|

|
|
|
|
MÁIS DE 200.000? PARA UNHA CONSULTA-TRAMPA |
|
.jpg.jpg)
Austeridade?
O Goberno da Xunta gasta 200.000? para unha consulta trampa.
Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:
1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.
2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.
3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta ?en galego? ou ?todo en galego?, pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego ?o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.
4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción ?galego? (en Infantil e FP) e ?todo en galego? (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.
5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:
Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.
PODES VER A CONSULTA AQUÍ
|
|
|
|
|
|