Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
A ANPA ?Manuel Murguía? do Instituto da Laracha "Agra de Leborís", denuncia o novo recorte de profesorado que o actual goberno da Xunta de Galiza acaba de impoñer citado centro de ensino ao deixar sen cubrir unha praza definitiva de profesor de inglés para o vindeiro curso escolar. Das 3 prazas definitivas que deixan 3 xubilacións, só se cobren 2. Ler máis...
As galegas e os galegos festexamos no Día das Letras o feito de termos un idioma propio, milenario e fértil. Celebramos a lingua que nos une; a fala que herdamos e queremos deixar en herdo; a escrita que nos pensa, nos canta e nos soña.
Mais neste Día das Letras do ano 2011 non só podemos festexar e celebrar. Tamén nos vemos na necesidade de chamar a atención sobre os ataques que está a recibir nestes momentos o noso idioma. Estas inxustas agresións poñen en perigo o futuro da nosa lingua e da nosa cultura, ademais de debilitaren gravemente a convivencia e a cohesión social do país.
Temos que erguer a nosa voz para denunciar que a indefesión dos nosos dereitos lingüístico...ler máis?
En Carballo a concentración será no Paseo do Anllóns e en Arteixo no Anfiteatro do Paseo Fluvial todos eles ás 12 da mañá do martes 17, Día das Letras Galegas.
O sábado 14 de maio, celebraremos unha asemblea extraordinaria coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Elección da nova xunta directiva para os dous anos seguintes.
A asemblea terá lugar no bar ?Los Alpes? (Rúa Médico David Mallo) o sábado 14 de maio, ás 18:30h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda convocatoria.
O CEIP ?Agra de leborís? da Laracha foi o gañador do manifesto do ?Correlingua 2011? cuxo lema para este ano é ?En galego sempre somos?.
O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación total de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.
As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Manifesto gañador polo alumnado de 2º ESO do IES "Agra de Leborís" a quen aproveitamos a ocasión para parabenizar desde este sitio web.
SOMOS o que falamos
somos o que sentimos
o galego o noso idioma
xa sabes que vimos de Roma
NÓS SOMOS GALEGO
non estamos de broma,
anda!, non sexas sumiso
e pon un sorriso.
pois iso, fálao comigo, digo!
O galego é o idioma
da nosa xente, témolo
que ter en mente- PRESENTE!
estamos PERFECTAMENTE, digo,
coa nosa xente, coa xente nova.
AGORA!
Eu roubo, estas palabras,
do meu querido idioma
REPÍTOCHO?
é unha lingua que vale, DÁLLE!
Non o puidemos falar
na nosa terra
sempre en guerra,
daquela, así era,
se non me cres, BERRA!
Axiña!,falade galego,
non só do grelo
e do labrego, SEMPRE!
veña colega, EMPEZA!
ou se prefires, BERRA!
Unha situación así
é un sen vivir
sempre houbo que sufrir
para SOBREVIVIR
SOMOS GALEGO
de arriba abaixo
algúns dende Rianxo
por que non me fas caso?
Fálao, non digas: PASO?
Eih, neno, creste mellor ca min?
Lembra, tamén vimos do latín!!
Por que non o falas en feisbuk?
Querémolo ler no TUENTI!
é porque tes vergoña?
veña , REACCIONA!
Fálao nena,
que non estamos de coña
botámoste de menos, moza!
é boa para todo, MOLA!
Non sintas preguiza ,
veña ,TI PODES
AGORA!
Por que non o lemos na prensa?, PENSA!
se quero dicir algo
que me deixen facelo,
que se escriba nos xornais
sen medo, QUERO LELO!
AGORA!
Non estás farto, Hei MAN,
de escoitar só castelán?
Non sexas paspán , irmán!
Que non te leven ao rego.
Meu, ho!, hai que saber romper,
Nós temos o poder, A POR EL!
Quero usalo na escola , DÁLLE BÓLA!
Para falar de lingua
e para falar de historia,
dos nomes das plantas,
da nosa memoria,
de fórmulas físicas ,
dos dereitos das persoas,
de cifras e trebellos,
comezamos a entendernos?
Que fas do outro lado? Faime caso!
Ti ben sabes
de que che falo, QUE DIAÑO!
Nós somos GALEGO,
non estamos xogando
APÚNTATE AO NOSO BANDO!
A plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada A Cutareira, celebrou o pasado sábado día 30 de abril un acto na sala Capitol de Compostela baixo o lema: ?O galego é a chave coa que abrimos o mundo?.
Carlos Callón, portavoz da plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, denunciou que desde que Feijoo é presidente da Xunta é aínda máis difícil vivir en galego e puxo como exemplo o contínuo ataque que está a sufrir a lingua galega por parte do actual goberno de Núñez Feijoo. Callón tamén denunciou as políticas de tipo sectario aplicadas contra A Mesa pola Normalización Lingüística ao impedirlles recibir nin un só ? de subvención económica, (de que nos sona a nós iso?) a pesar de tratarse da maior asociación de toda Galiza e de recoñecido traballo a prol da nosa lingua.
Na parte musical Roberto Sobrado, Ugia Pedreira, Roi Casal e Miro Casabella interpretaron varios temas, algún deles con letra do noso gran poeta nacional, Manuel María.
Vídeo da gran manifestación na praza do Obradoiro o 21 de xaneiro do pasado ano.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0