O Día das Letras Galegas é unha data simbólica que serve para afortalar e afianzar a memoria histórica do Pobo Galego a través do noso signo de identidade colectivo que nos une e identifica como pobo diferenciado: a lingua. É tamén unha
data de recoñecemento ás nosas grandes figuras literarias que demostraron un firme
compromiso coa nosa cultura e con Galiza, este ano dedicado a Uxío Novoneyra.
É difícil ser optimista a respecto do futuro da lingua galega. Un recente estudo sociolingüístico publicado pola Real Academia Galega, amosa que
nos últimos 12 anos reduciuse á metade o número de persoas que falan habitualmente en lingua galega. Seremos nós, as galegas e os galegos, quen coa nosa actitude construiremos o futuro que desexamos para o galego.
Ese futuro para o galego existirá se somos capaces de facer que estas cifras muden, se conseguimos transmitir a nosa milenaria lingua de xeración en xeración e de concienciar sobre a necesidade de conquistar novos espazos
até acadar a plena normalización, é dicir, un uso normal da nosa lingua en calquera ámbito das nosas vidas.
Desde a Asociación Veciñal ?A Cutareira?, conscientes das necesidades de que o pobo galego defenda clara e abertamente o seu máis prezado signo de identidade, facemos un chamamento á veciñanza do concello para:
-Que non se deixe confundir por quen
agochados tras un falso bilingüismo (agora tamén
trilingüismo) pretende a desaparición da nosa
lingua.
-Que o ?Día das Letras Galegas? sirva para
reflexionar sobre a responsabilidade individual
e colectiva que como pobo nos corresponde na
defensa do galego.
-Animar a todas e todos, a quen fala galego e a
quen fala castelán, a estarmos unidos
protexendo unha das nosas riquezas que nos une
como galegas e galegos e que nos define como
pobo diferenciado.
Presentación-Resumo do libro da Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega,
PROLINGUA, titulado
55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA