A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PP OBSESIONADO CO EXTERMINIO DO GALEGO
Agora pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica modificando o artigo 35 da Lei da Función Pública Galega .

Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.
Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as.

Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.

Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis.

Vídeo da concentración Da CIG AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 26-05-2009 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS VIAXES DO IMSERSO

As viaxes realizaranse entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, e o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 20 de xuño.


REQUISITOS:

• Ser maior de 65 anos.
• Ser pensionista de xubilación do Sistema Público
de pensións.
• Ser pensionista de viuvez con idade igual ou
superior a 55 anos.
• Pensionista de invalidez, outras pensións ou
prexubilados e ter en todos estes casos 60 anos
cumpridos.

O Imserso oferta varias modalidades ás que
poden optar as persoas interesadas:

• Estadías en zonas costeiras para descanso e
relax.
• Viaxes culturais.
• Turismo de Natureza con rutas por paraxes
pintorescas.
• Intercambio con outros países.

Podes obter aquí toda a información que precisas e tamén deixar cuberta a túa solicitude, ou se o prefires podes pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.


Imserso
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 25-05-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
O PP PROMOVE MEDIDAS CONTRA O GALEGO QUE PODERÍAN SER ANTICONSTITUCIONAIS

A consulta aos pais e nais para que elixan en que lingua queren escolarizar os seus fillos, e a porta aberta á segregación, reportoulle á Xunta críticas de profesores, pais e pedagogos. A Xustiza tamén podería frear as súas intencións.

Luís Villares, xuíz e coautor do Estatuto xurídico da lingua galega, cuestiona desde diferentes puntos os plans da Xunta e o xeito en que se está empregando o termo liberdade en todo este asunto. "Para que haxa liberdade de escolla ten que haber igualdade de condicións das linguas, e iso non é a situación que temos hoxe. E o que ten que facer a escola é precisamente prepararche para poder escoller".

O Tribunal Constitucional determinou ademais nos 80 que as leis de normalización deben ser de aplicación graduais e progresivas. "E iso obriga a que se vaia de menos a máis, e cun horizonte definido, NUNCA unha política de normalización regresiva", recalca o experto.

"Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón da lingua. Tamén se evitará, a non ser con carácter excepcional se as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes". Este é o artigo 13 da Lei de normalización lingüística aprobada en 1983, cando Gerardo Fernández Albor era presidente da Xunta.

"Os destinatarios somos todos para crear cohesión social. Coa segregación normalizaríase o que queira e o que non, non se normalizaría, e iso é inconstitucional", engade o maxistrado sobre unha cuestión que, de seguro, vai dar aínda moito que falar nos próximos meses da política galega.

SE QUERES LER ÁIS CLICA AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 25-05-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
O CUTAXORNAL Nº 3. Páxina 1

Ver O Cutaxornal con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 22-05-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
O CUTAXORNAL Nº 3. Páxina 2

Ver O Cutaxornal 3 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 22-05-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
O CUTAXORNAL Nº 3. Páxina 3

Ver O Cutaxornal 3 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 22-05-2009 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
O CUTAXORNAL. Nº 3. Páxina 4

Ver O Cutaxornal 3 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 22-05-2009 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
RENOVAMOS A DIRECTIVA
Tal e como estabelecen os Estatutos da Entidade, procedemos á renovación de cargos para os próxmos dous anos.

A Xunta directiva actual está formada por:
(Na foto de esquerda a dereita)

SECRETARIO: Fernando Gesto
TESOUREIRA: Isabel Fraga
PRESIDENTE: Xosé Cotelo
VICEPRESIDENTE: Julio Rey
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 22-05-2009 02:24
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS DE EXCURSIÓN

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 22-05-2009 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
ACUDIMOS A COMPOSTELA NA DEFENSA DA NOSA LINGUA
Máis de 50.000 persoas manifestan a súa oposición ás intencións políticas do novo presidente da Xunta de Galiza, Núñez Feijoo, de restar dereitos á nosa língua. Compostela, foi hoxe un clamor popular contra un indigno presidente que pretende gobernar este país atacando á língua propia do seu pobo.

Unha embestida de corte xenófoba antigalega e altamente preocupante que non ten precedentes nan historia deste país desde que temos goberno propio. As máis de 50 persoas que partimos da Laracha en autobús, puidemos observar en primeira liña, como máis de 50.000 de galegas e galegos saían á rúa na que é a maior manifestación da historia do noso país na defensa da nosa língua, nun día en que nin a forte choiva caída ao lono da xornada impediu que máis de 50000 persoas se achegaran a Compostela.

Por dúas veces se encheu de novo a Praza da Quintana para dar cabida a todas as persoas asistentes a este acto e aínda así foron miles de persoas as que non puideron entrar na praza a escoitar o manifesto que se leu ao remate.

Unha vez máis esta Asociación Veciñal ponse ao servizo dos intereses comúns da veciñanza, nesta ocasión defendendo o signo de identidade que nos une como pobo diferenciado:a nosa língua.

Máis información clicando aquí


Fotos 1

Fotos 2


FotoBlogoteca
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 17-05-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal