A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un espectacular roteiro de 12 horas pola Costa Ártabra

Un espectacular roteiro de 12 horas pola Costa Ártabra, realizado pola nosa asociación, entre as rías de Ares e a de Ortigueira. Cen quilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis espectaculares do arco atlántico: tres rías (Ares, Ferrol e Cedeira), areais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e cantís.

Na ría de Ferrol, cabo Prioriño e un pouco máis ao norte o cabo Prior. Entre eles sitúase a praia de Doniños, que posúe a primeira das lagoas litorais características desta zona.

A meirande é a lagoa da Frouxeira, a única de augas salobres, situada na praia de Valdoviño. Alí fixemos un descanso para xantar.

Rematamos,despois da visita obrigada ás Fragas do Eume, cun relaxante paseo polo bonito casco histórico de Pontedeume.

Resumo da viaxe en fotos AQUÍ

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-04-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo roteiro: Costa Ártabra
ASOCIACIÓN VECIÑAL A CUTAREIRA- A LARACHA

PROGRAMA PERCORRENDO GALIZA:
EXCURSIÓN Á COSTA ÁRTABRA.


O Magnus Portus Artabrorum é o nome con que os romanos denominaron un lugar do ángulo noroeste da costa de Galiza, entre as rías de Ares e a de Ortigueira. Cen quilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis
espectaculares do arco atlántico: tres rías, areais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e cantís.

DOMINGO 29 DE ABRIL


PROGRAMA:

Este roteiro, de intenso contido, divídese en dúas sesións:

09:00. Saída da explanada do Instituto.

Pola mañán:
Visita a Ferrol e arredores (cabo Prior e Prioriño)

14:30 Xantar
(restaurante en Valdoviño)

Pola tarde:
Percorrido pola costa de Valdoviño:
Lagoa da Frouxeira, Pantín, Vilarrube,....
Visita a Moeche,Pontedeume, Parque Natural Fragas do Eume.
21:00 Chegada á Laracha.

PREZO:
Autobús: 8 euros (menores de 12 anos gratis).
Xantar: 12 euros.

Reserva de praza:
Tlfnos:679 45 71 05 (Antón)
650 42 69 53 (Fernando)
981 60 50 30
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 16-04-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novas actividades

O Venres 30 de Marzo tivo lugar na casa de cultura do concello da Laracha unha asemblea extraordinaria da asociación na que se ratificaron os cargos da Xunta Directiva.

Na reunión tamén se aprobaron a realización de diversas propostas, como a continuación do programa coñecer Galiza.

Esta actividade consiste na realización de viaxes / excursións polas comarcas, cidades e pobos de Galiza. Previamente ou ao comezo do percorrido, infórmase sobre os lugares a visitar, xeografía e historia, festas, feiras, monumentos…As vindeiras propostas posiblemente serán un roteiro por San Sadurniño, Ferrol, Vigo.

Cabe a posibilidade de que, contando con suficientes asistentes, se realice unha nova actividade: o teatro para adultos.

Por outra parte, acordouse que as cotas socias/os do ano 2012 se manteñan sen variación.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 01-04-2012 03:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal