Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acto de presentación da Fundación Manuel María

O pasado sábado representantes da Cutareira asitimos, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, á presentación pública da Fundación Manuel María.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellaría de Cultura e Deporte de 11 de xuño dese mesmo ano.

Á finalidade central da Fundación é manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso xa foron iniciadas as xestións destinadas a adquirir a súa casa natal en Outeiro de Rei e convertela en Casa Museo Manuel María, na cal se crearía unha biblioteca composta polos libros da súa pertenza e un auditorio ubicado no actual aalpendre logo de ser debidamente acondicionado.

Un traballo verdadeiramente ilusionante que contribuirá á conservar e dar a coñecer a figura do ilustre e sobranceiro poeta chairego, o noso gran poeta Nacional MANUEL MARÍA.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 19-04-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión á Mariña Lucense

O domingo 18 de abril organizamos unha excursión na que participaron 55 persoas para coñecermos a Mariña Lucense.

Visitamos a ?Praia das Catedrais?, o ?Forte de San Damián?, o ?Cargadeiro? e a ?Ría de Ribadeo? (todos eles no concello de Ribadeo) e tamén a Mondoñedo.

As excursións que regularmente organizamos están enfocadas para dar a coñecer o noso patrimonio galego tanto natural, cultural, histórico ou artístico ao mesmo tempo que serven para facilitar a relación entre a veciñanza e para pasarmos unha agradábel xornada de confraternidade entre a veciñanza do concello.

Podes ver as fotos aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 19-04-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ao acuario do Grove e a Combarro

O 13 de setembro de 2009 55 veciñas e veciños fomos pasar o día ás Rías Baixas. Visitamos o acuario do Grove, vimos unha exhibición de aves rapaces e coñecemos a fermosa vila de Combarro.

Podes ver as fotos aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 19-04-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión á Ribeira Sacra e á Fervenza do Toxa
O 31 de maio de 2009 organizamos unha excursión á Ribeira Sacra, onde viaxamos en catamarán polo río Sil. Á volta contemplamos a fermosura dunha das fervenzas máis altas do país: á Fervenza do Toxa.

Podes ver as fotos aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 19-04-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión á comarca do Salnés

O 24 de febreiro de 2008 organizamos unha excursión ao Salnés para visitar O Grove, onde demos un paseo en catamarán pola ría e incluso puidemos pisar as bateas.

De regreso fixemos unha parada en Cambados para visitar a vila.

Podes ver as fotos aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 19-04-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ao Barbanza

O domingo 20 de abril de 2008 organizamos unha preciosa excursión ao Barbanza. Visitamos Rianxo, O Miradoiro da Curota, a praia de Cabío (na Pobra do Caramiñal, o Castro de Baroña, o Dólmen de Axeitos e a vila de Noia.

Podes ver aquí as fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 19-04-2010 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado público
COMUNICADO PÚBLICO


O pasado ano a asociación veciñal ?A Cutareira? non puido optar a recibir subvencións do Concello ao non estarmos incluídas as asociacións veciñais na convocatoria de subvencións.

Este feito motivou moitas queixas veciñais ante un goberno que novamente amosa a súa faciana máis autoritaria e prepotente chegando a afirmar nun comunicado público que ?é ao grupo de goberno a quen corresponde decidir quen debe recibir subvencións e a quen non?.

Dubidamos moito que exista algún outro concello en que a unha asociación veciñal, que cumpre escrupulosamente todos os requisitos que marca a lei, se lle negue o dereito a participar na Convocatoria Pública de Subvencións Municipais en igualdade de condicións que ao resto do asociacionismo do concello, o cal significa un evidente trato discriminatorio.

Lamentamos que sexa o concello da Laracha o único onde as asociacións veciñais non teñen dereito a subvención e agardamos que se produzan os cambios pertinentes para que na próxima convocatoria de subvencións non fique discriminada esta asociación veciñal.

A Laracha,12 de abril de 2010
A Cutareira critica a política de subvencións do Concello
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 14-04-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Coidemos a natureza

Paseniñamente as árbores do río Anllóns van caendo, desaparecendo, e case sen decatármonos continuará mudando o aspecto do entorno do río cara unha imaxe distinta se non tomamos as medidas correctoras necesarias. Lenta pero inexorabelmente, os temporais e as enchentes van escolmando a vexetación arbórea da ribeira do río ao seu paso pola Laracha.

Desde a pasarela de madeira que nos permite acompañar ao río Anllóns no seu discorrer ao longo de 2,3 quilómetros, podemos apreciar esa escolma selectiva que a natureza realiza cada inverno e que deixa as marxes do río desprotexidas contra a erosión.

Sería importante poñer en práctica un traballo de reforestación con vexetación propia da ribeira do Anllóns antes que as marxes do río se vaian desfacendo pola falta da vexetación que sostén o terreo. Os abeneiros, salgueiros, bidueiros, abelairas, carballos...precisan de varios anos para chegaren a ?adultos?.

Todas e todos debemos coidar e protexer ese tesouro natural que a nai natureza nos ofrece antes que o río fique desposuído de toda a súa riqueza variada que propicia tamén refuxio a fauna de moi variado tipo.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 10-04-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0