A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMPRESIONANTE SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO COUTO (PONTECESO)
NON DEBERÍAS FALTAR !!

DO 9 AO 17 DE MAIO.


Clica aquí e accede directamente a toda a información
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 30-04-2009 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2009

Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 29-04-2009 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
GALIZA E AS RELACIÓNS COS PAÍSES DE FALA PORTUGUESA

Nesta Conferencia celebrada o pasado día 24 de abril e que foi impartida por Sabela Pena, responsábel de actividades da Fundación Vía Galego, puidemos dar un paso máis e afondar no coñecemento da nosa língua, da súa historia, e das enormes vantaxes que o galego ten dentro do mundo da lusofonía, e a importancia de coñecelo sendo conscientes que é a língua propia do noso pobo e que nos proporciona a posibilidade de comunicarnos con máis de 220 millóns de persoas en todo o mundo (sendo a 5ª língua máis falada do mundo), como por exemplo, Brasil (América do Sur), Angola (África), Portugal (Europa), Macau (Asia)...

O galego e o portugués son irmáns xemelgos que a historia fixo perder de vista durante algún tempo, porén entre a fala do norte e do sur do Miño continúa a haber ”unidade dentro da diversidade”. As diferenzas existentes non son obstáculo para a comunicación nin rompen a unidade estrutural básica.

A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego, non sabe que ten capacidade para ler en portugués. É certo que hai diferenzas fonéticas e gramaticais con respecto ao galego, ao igual que tamén as hai entre o español de Valladolid e o de México, ou entre o de Arxentina e Santander, e entre o de Burgos e o de Cádiz, máis ninguén pon en dúbida que todo é español...pois igual ocorre co galego, o brasileiro, ou portugués.

Se te animas a ler en portugués, verás que hai algunha palabra diferente que aprenderás con moi pouquiño esforzo, e sobre todo repararás en que é moi sinxelo e que con poucas equivalencias podes ler e coñecer toda esta riquísima cultura que noutros tempos era tan só cultura galega, pois foi na Galiza onde naceu esta língua que hoxe coñecemos co nome de portugués (chamada así por ser a língua falada en Portugal) e que é a mesma ca o galego (chamada así por ser a língua falada en Galiza).

PODES VER FOTOS DESTE ACTO AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 29-04-2009 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN FORMATO DVD
Xa está dispoñíbel, en formato DVD, a exposición de fotos antigas que levamos a cabo o mes de abril.
Está formado por 287 fotos as cales foron seleccionadas de entre 550 das que se compuxo a exposición no seu día e que agora poñemos a túa disposición.

Este traballo está dedicado a toda a veciñanza do concello, especialmente a todas aquelas persoas que coa súa colaboración fixeron posíbel que este traballo se puidera levar a cabo. Agradecementos a o grupo Berrogüeto pola cesión dos seus temas para este DVD.

Se queres unha copia podes poñerte en contacto coa Asociación no teléfono 653 618 955 ou ben mercalas directamente nos puntos de venda estabelecidos na Laracha e que son os seguintes:

-Perruquería "María" (A Cheda).
-Perruquería "Masús" e “Cecilia” (Avda. de Fisterra).
-Cafetaría "Ambigú" (Avda. de Sta. Lucía).
-Bar "Ronda" (Rúa Suíza, xunto ao Centro médico).
-Libraría "Como unha novela" (Avda. Sta. Lucía, fronte á farmacia).
-Libraría "Pondal" (Avda. de Fisterra).
-Libraría "Lecer" (Rúa Manuel Murguía, zona do Instituto).
-Panadaría Ramiro (R/ Epifanio Campo Ñúñez, zona Centro Médico e tamén na Avda. López Astray).
-Confitaría “A Balsa” (Avda. de Fisterra).
-Frutas “Laracha” (Avda de Fisterra).
-Confecciones “López”(Avda. López Astray).
-Retales “Clara” (2ª travesía López Astray)
-Perruquería “Jesús”(R/Epifanio Campo Núñez).
-Bar “O Trangalleiro” (Avda. López Astray).
-Bar “Sara” (Avda. López Astray).
-Bar “Encontro” (Avda. de Caión).
-Cervexaría “Master” (Avda. de Fisterra).

O PREZO DO DVD É DE 6€
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 27-04-2009 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA, AGORA EN DVD.
Xa está dispoñíbel, en formato DVD, a exposición de fotos antigas que levamos a cabo o mes de abril.
Está formado por 287 fotos as cales foron seleccionadas de entre 550 das que se compuxo a exposición no seu día e que agora queremos poñer a túa disposición.

Se queres unha copia ponte en contacto coa Asociación. Nos vindeiros días estabeleceremos tamén uns puntos de venda na localidade para facilitar a súa distribución.

Fixamos un prezo, practicamente simbólico (6€) porque queremos que o DVD estea ao alcance de todo o mundo.

A Asociación Veciñal "A Cutareira" segue traballando para ti.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 25-04-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACIÓN VÍA GALEGO

CAMBIOS DE ÚLTIMA HORA NA CONFERENCIA DE "GALIZA E A RELACIÓN COS PAISES DE LÍNGUA PORTUGUESA"



A persoa que impartirá a conferencia mañá, sexta feira, 24 de abril, será SABELA PENA e non Ângelo GonÇalves tal e como estaba previsto inicialmente.


Sabela Pena é a Responsábel de Actividades da Fundación Vía Galego


Vémonos mañá
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 23-04-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS POLO KLAUS
A Consellaría de Medio Rural concede axudas para paliar os efectos nos montes galegos tras o temporal de vento que padeceu Galiza.

A orde do 7 de abril de 2009 desenvolve as medidas urxentes previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, para a recuperación das zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido na Galiza a partir do 23 de xaneiro.

O prazo está aberto até o 8 de Maio.

Clica aquí para saber obteres máis información.
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 19-04-2009 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
DOA SANGUE
O vindeiro luns 20 de abril estará na capital do noso concello unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galiza, concretamente na Praza do Generalísimo situada diante da Casa do Concello.

As condicións mínimas para poder doar sangue son as de sempre: ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos.

Os horarios para a doazón son de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 19-04-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
GALIZA E AS RELACIÓNS COS PAÍSES DE FALA PORTUGUESA

A asociación Veciñal “A Cutareira” da Laracha, convídate á charla-conferencia “Galiza e as relacións cos países de língua portuguesa” que será impartida polo Director de Actividades da Fundación Vía Galego, Ângelo GonÇalves, na Aula Cultural Caixa Galicia (Avda. de Fisterra,63) enriba da oficina da mesma entidade, a sexta feira (venres), 24 de abril, ás 20:30.

O obxectivo desta charla é coñecermos mellor a nosa língua, a súa historia, pasado presente e futuro e tamén as enormes vantaxes que o galego ten dentro do mundo da lusofonía, e a importancia de coñecelo sendo conscientes que é a língua propia do noso pobo, e que nos proporciona a posibilidade de comunicarnos con máis de 240 millóns de persoas en todo o mundo, pasando polos continentes europeo, africano, americano e asiático.

A associação Vecinhal "A Cutareira" da Laracha, convída-te à conferência "Galiza e as relações com os países de língua portuguesa" que será apresentada pelo Diretor de Atividades da Fundação Via Galego, Angel Gonçalves, na Aula Cultural Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63) acima da oficina da mesma entidade, a sexta feira, 24 de Abril, às 20:30.

O objetivo desta conferência é coñecermos melhor a nossa língua, a sua história, passado presente e futuro e também as enormes vantagens que o galego tem dentro do mundo da lusofonía, e a importância de conhecé-lo sendo conscientes que é a língua própria do nosso povo, e que nos proporciona a possibilidade de comunicar com mais de 240 milhões de pessoas em todo o mundo, passando pelos continentes europeu, africano, americano e asiático.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 16-04-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA XUNTA DE GALIZA
INFORMÁMOSTE QUE SEGUNDO ACABA DE PUBLICARSE NO D.O.G. DO DÍA DE HOXE, ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL.

PODES DESCARGAR O D.O.G. AQUÍ .
TÉS TODA A INFORMACIÓN RELACIONADA NA PÁXINA 7118.
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 13-04-2009 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal