A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-03-2011 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos presentación Unha volta polo pasado.
Xosé Cotelo, presidente da Cutareira,  e Xan Fraga durante a presentaron do libro
Deixámosche a ligazón ás fotos do acto de presentación do libro "Unha volta polo pasado" presentado o pasado venres día 18 no Pub D'Antón.

Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a Antón (Pub D'Antón) por poñer o local a disposición da Cutareira.

Grazas tamén a todas as librarías da laracha (Como unha novela, Pondal, Lecer e García) pola súa desinteresada colaboración na distribución do libro.

Queremos amosar o nosos agradecemento polas numerosas mostras de recoñecemento e de apoio que estamos recibindo e que nos dan folgos para continuar na procura de máis éxitos para A Cutareira que en definitiva serano tamén para todas e todos os laracheses. Unha vez máis dicirvos que sen vós nada disto sería posíbel! Desde "A Cutareira", unha forte aperta a toda a veciñanza larachesa!

Podes ver as fotos clicando aquí.

Máis información aquí e aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Actividade - Publicado o 21-03-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo-presentación de Unha volta polo pasado
Subimos á rede o acto de presentación do libro "Unha volta polo pasado", editado pola asociación veciñal "A Cutareira". A presentación da obra correu a cargo de Xosé Mª Cotelo, presidente da Cutareira, e Xan Fraga, historiador, escritor e colaborador no libro.

Ao longo dos próximos días iremos "subindo" algunhas fotos das que dispoñemos.

Ver a noticia en La Voz de Galicia.

Máis información aquí e aquí.






Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 20-03-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cartaz do acto de presentación de Unha volta polo pasado

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 11-03-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Unha volta polo pasado

Desde “A Cutareira”, conscientes da necesidade e da importancia de conservar e facer visíbel a memoria colectiva da nosa parroquia e do concello da Laracha, decidimos tomar a iniciativa para crear un arquivo fotográfico que reflectira o patrimonio humano e cultural da parroquia. Deste xeito poderemos coñecer parte do noso pasado máis inmediato a través das imaxes que foron recollidas durante as décadas dos 50 aos 70 e observar como en poucos anos foi mudando o aspecto do noso concello, costumes e tradicións.

Por todo isto, o pasado ano comezamos a traballar na edición dun libro que finalmente fica composto por 399 instantáneas da parroquia de Torás procedentes, case todas elas, dos albums que a propia veciñanza nos prestou.

Poderemos observar como en poucos anos o aspecto do noso concello foi mudando, así como os costumes e as tradicións. As imaxes trasládannos aos anos 50 e lémbranos como era antes A Laracha: os tendidos eléctricos dos antigos trolebuses, as tardes de fútbol no campo da Laracheira e no da Brea, as procesións, as multitudinarias romarías de San Roque, a emigración, as festas, as escolas, os oficios, os cambios do aspecto da parroquia...

Para a edición deste libro contamos coa especial colaboración de Xan Fraga, profesor, escritor e historiador carballés, que sitúa a obra no tempo mediante un escrito de introducción.

Do mesmo xeito María Rei, presidenta da asociación cultural larachesa "Quinta Feira" tamén escribe un artigo a xeito de introdución.

Venres 18, ás 8 da tarde, no Pub D'Antón.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 05-03-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos portada para o libro.
Esta é a portada do libro que moi axiña verá a luz e no que levamos traballando dende o pasado ano. De momento non podemos dar máis información, tan só dicir que agardamos podelo presentar publicamente neste mes de marzo e que en breve periodo de tempo informaremos con todo detalle.


Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 03-03-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os prexuízos lingüísticos ao descuberto
Vídeo montaxe que compara a actitude acomplexada, froito de prexuízos, dunha participante de “Gran Hermano” cos resultados do célebre experimento: The Clark doll experiment.

Prexuízos lingüísticos - Prexuízos raciais.




Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 02-03-2011 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Reaccións á visita do Conselleiro de Educación ao Otero Pedrayo
A visita ao Otero Pedrayo feita onte polo Conselleiro de Educación non ficou indeferente para a veciñanza larachesa.

O BNG da Laracha cualifica de "propagandística" a visita do conselleiro de Educación ao Colexio Otero Pedrayo en plena precampaña de eleccións municipias e lembran que “nos orzamentos da Xunta non hai previsto nin un só euro, e as propostas do BNG para que se incluísen as partidas económicas foron rexeitadas polo PP".

A falta de concreción producida polo propio conselleiro ao non fixar prazos de execución, a falta de dotación orzamentaria para este proxecto así como as declaracións ultraconservadoras feitas aos medios que aparecen na foto xeneraron moitas dúbidas e desconfianza entre a propia veciñanza.

A ANPA denuncia que o centro non reune as condicións mínimas de habitabilidade. Entre as súas demandas están a construción dun novo edificio, a eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de pasarelas cubertas para a entrada ao comedor, unha rede WIFI, adquisición de equipos informáticos…

Varias décadas despois, o colexio aínda segue sen contar cun pavillón cuberto para un axeitado desenvolvemento das actividades escolares e os accesos exteriores ao centro carecen de beirarrúas até a entrada. Tampouco hai prazas de aparcadoiro suficientes.

No seguinte vídeo, elaborado con recortes de prensa, fica de manifesto o desmantelamento a que se ven sometidos os centros públicos de ensino dende comezo do curso; un dos máis conflictivos que se recordan.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 02-03-2011 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Anuncian melloras no Otero Pedrayo
Jesús Vázquez anunciou que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai realizar un proxecto para dotar a este centro educativo cun novo edificio no que serán habilitadas nove aulas, o que permitirá renovar as instalacións e aumentar o espazo dispoñible para os perto de cincocentos alumnos que anualmente cursan os seus estudos no CEIP Ramón Otero Pedrayo. A ese novo módulo sería trasladada a actividade que actualmente se desenvolve no edificio número 1, que foi construído a mediados dos anos ’70.

Ler máis...
Comentarios (1) - Categoría: A Laracha - Publicado o 01-03-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal