|
|
|
|
|
Excursión á Mariña Lucense |
|
.jpg.jpg) |
|
|
|
Para que nos atendan na nosa lingua |
|
Se eras cliente de Hidroeléctrica Laracha, terás observado que mudou o idioma no que recibías as facturas desde que CHC Energía é a comercializadora. As facturas que antes enviaba Hidroeléctrica Laracha tiñan en conta a lingua galega; agora CHC Energía envíaas unicamente en castelán.
Para solicitares recibir as facturas da luz na nosa lingua, envía a túa queixa:
* Por carta: Rosario Pino, 18. 28020 Madrid
* Por tlf: 902 02 22 92
* Por correo electrónico: info@chcenergia.es.
Dispoñemos dun modelo de carta que podes ?copiar e pegar?, se o desexas.
-Engade o enderezo de correo da asociación (acutareira@yahoo.es ) no apartado de CC ou CCO para que poidamos contabilizar do nº de reclamacións realizadas.
COLABORA: Se coñeces a alguén que queira reclamar e non dispón de internet, pídelle os seus datos e cubre o formulario por ela/el. Ten en conta que cantos máis sexamos máis posibilidades teremos que atendan as nosas demandas.
MODELO DE ESCRITO QUE PROPOÑEMOS
(copia e pega, tan só che levará uns minutos)
SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE DE CHC ENERGÍA:
A empresa subministradora de electricidade na Laracha, Hidroeléctrica Laracha, respectaba a preferencia lingüística do seus clientes, de xeito que a relación comercial con eles era, no meu caso, en lingua galega. As facturas eran emitidas en lingua castelá e galega. En cambio, desde que son cliente de CHC Energía non teño a posibilidade de expresarme con vostedes na miña lingua (galego) e recibo as facturas exclusivamente en lingua castelá. A toponímia usada nas facturas non se axusta á legalidade vixente e non é a oficial segundo estabelece a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (D.O.G.: 14/7/83), art. 10, punto 1: ?Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega?.
Por todo isto solicito:
? Que todas as comunicacións escritas propias da nosa relación comercial se desenvolvan, cando menos, en lingua galega.
? Que a atención persoal nas oficinas da empresa e no teléfono de atención ao cliente se preste, á escolla do cliente, nas dúas linguas oficiais da nosa comunidade.
? Que se substitúan os topónimos deturpados ?Laracha? e ? La Coruña? polas únicas formas válida e oficiais: ?A Laracha? ?A Coruña?,
? Que no seu defecto, me dea cumprida explicación das causas que motivan a negativa. Nese caso ademais, solicito que me informe sobre os dereitos que me asisten como consumidor para solicitar o cambio de compañía subministradora de electricidade.
Sen outro particular, e agardando a súa resposta, reciba un cordial saúdo.
Nome e apelidos:........................................................................................
DNI:............................................................................................................
Lugar/Rúa:..................................................................................................
(A Laracha. A Coruña). CP:15145
Nº de cliente................................................................................................
Tlf. de contacto:............................................................................................
Asinado:............................................................
Na Laracha, a....de .........de 2010. |
|
|
|
E COMO SE CRUZA AQUÍ? |
|
Na céntrica rúa "Fontenova" da capital larachesa é onde se encontra o paso de peóns da foto. Quen queira cruzar por el deberá salvar tres obstáculos: un colector de lixo, o bache dunha arqueta (varios centímetros por baixo do nivel do asfalto) e o borde da beirarrúa de máis de 10 centímetros.
Moitos pasos de peóns encóntranse en mal estado debido á existencia de arquetas que están a distinto nivel do asfalto e que loxicamente poden producir caídas ou outro tipo de accidentes.
Lamentabelmente, as barreiras arquitectónicas seguen aínda moi presentes en todo o noso concello. |
|
|
|
Sabes onde está Desván de los Monjes? |
|
Varios medios de comunicación informan hoxe sobre un novo caso de antigaleguismo desde o goberno da Xunta, nesta ocasión a través da propia Consellaría de Cultura.
Malia a que o conselleiro de Cultura o negou varias veces, un vídeo gravado durante a súa intervención en Fitur (Madrid) demostra que traduciu ao castelán varios topónimos galegos, como Touro ou Sobrado dos Monxes aos que se referiu como "TORO" e "DESVÁN DE LOS MONJES". (A partir do minuto 1' 10)
|
|
|
|
Conservemos os nosos ríos |
|
 Ao seu paso pola parroquia larachesa de Erboedo, un afluente do Anllóns deixa ao descuberto pneumáticos, fornos eléctricos, cables metálicos, botellas,...Lixo que afea o entorno e destrúe o medio natural, flora, fauna e que contamina as nosas augas.
A carón do mesmo lugar encóntrase unha pequena morea de terra mesturada con lixo de tipo variado.
É de agardar que desaparezan xa dunha vez por todas estes tipos de actos que atentan contra o medio natural, que non benefician a ninguén e que prexudican a todo o mundo.
É de agardar tamén que as autoridades competentes, o Concello da Laracha, proceda a retirar canto antes estes resíduos contaminantes.
|
|
|
|
|
|