A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Salvamento Acuático na Laracha
O SAL é o equipo de Salvamento Acuático da Laracha no que nenas e nenos entrenan xuntos e aprenden o valor do traballo en equipo. Practican xuntos un deporte completo (natación, atletismo, surf, remo, ...), cun valor engadido: @s deportistas aprenden a salvar vidas.
Por iso, desde a A.VV. A Cutareira, aproveitando que, hoxe, o SAL está a participar no Campionato Galego en Caldas de Reis,convidámoste a visionar este video e a compartilo entre as veciñas e veciños do noso concello ou de outros.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 12-02-2012 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
A Laracha dos nosos avós
Presentación empregada polo alumnado de Bioloxía de 4º do IES Agra de Leborís para introducir o traballo de investigación "Cos pés na terra", no que, partindo de entrevistas persoais, analizaron o modo de vida das xeracións anteriores do noso concello, e como variou a pegada ecolóxica que deixamos. Un traballo valioso, feito por xoves de 15 a 17 anos, que, desde a nosa asociación, agardamos poder publicar algún día.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 05-02-2012 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Temos nova directiva na asociación
Xosé María Cotelo, como el dixo, optou por un cambio na súa vida e deixa a directiva despois de 7 anos de presidente traballando na asociación. Tamén o deixou Julio Rei, até agora vicepresidente.
Fernando Gesto Montes e Maribel Fraga Cotelo continúan e compartirán o traballo con María Rei Vilas e Xosé Antón de la Fuente Subiela.

Os catro saimos elixidos para formar a nova directiva da asociación veciñal, nun momento no que se produce unha durísima ofensiva contra os dereitos sociais da poboación.

Formalmente os cargos da directiva son os seguintes:
Maribel Fraga Cotelo: tesoureira.
Fernando Gesto Montes: secretario.
María Rei Vilas: vicepresidenta.
Xośe Antón de la Fuente Subiela: presidente.

Decimos formalmente, pois nós cremos no traballo en equipo porque este dá moi bos resultados. Ademais xera entusiasmo e satisfacción nas tarefas a realizar, nas actividades de solidariedade e sociabilidade, propias dunha asociación de veciñas e veciños. E non menos importante, ensina a respectar as ideas dos demais e axudar ás compañeiras e compañeiros, se é que necesitan a nosa axuda.

Falamos, por tanto, de proxectos sustentados en ideas, pois recoñecemos que os baseados só nas persoas convírtense en proxectos mediocres que pouco benefician á nosa sociedade.
Xa iremos contando...
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 05-02-2012 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea extraordinaria
O venres 3 de febreiro celebraremos unha asemblea extraordinaria onde deberemos iniciar o proceso para elixir a nova xunta directiva que estará á fronte da asociación durante os dous próximos anos.

LUGAR: Casa da Cultura (Rúa Manuel Murguía)
HORA: 20:00h 1ª convocatoria-20:30h 2ª convocatoria

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 01-02-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal