A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Axudas para fillas/os menores de 3 anos
A Xunta de Galiza ven de publicar no DOG as bases para a concesión de axudas para quen teña fillas/os menores de 3 anos de idade.
A contía da prestación será de 360€ por cada filla/o.

DESTINATARIAS/OS (entre outras): a quen teña fillas e fillos menores de tres anos a data 1 de xaneiro de 2011 e que ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un das fillas ou fillos menores de tres anos.

-Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

-Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

-Fotocopia da folla da cartilla de aforros na cal figure o número de conta en que se desexe recibir o ingreso, e na cal deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude.

-Unha declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedade (anexo II).

Podes completar a información dende aquí: Diario Oficial de Galiza
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 15-02-2011 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
A capitalidade do concello está situada no lugar da Laracha, parroquia de Torás
Torás é unha das trece parroquias que forman o Concello da Laracha. Cunha superficie de 5 Km2 é a parroquia máis poboada con 3.083 habitantes (a 8 de marzo de 2007). Consta dos seguintes lugares: A Barreira, O Campo, A Cheda, Estramil, O Froxo, Gabenlle, A Gándara, A Ganduma, Guilfoi, A Laracha, Leborís, A Miñoteira, Mirón, A Ponte, A Portela, Riotorto, Torás, As Torres de Cillobre, Troa e Vilasuso.

Linda ao norte coa parroquia de Lendo e co Concello de Arteixo, ao sur coas parroquias de Vilaño e Golmar, ao leste con Lestón e Coiro e ao oeste con Cabovilaño e Vilaño. É precisamente nesta parroquia onde se encontra a capital municipal, A Laracha.

A familia dos Mariñas, exerceu o seu dominio na Laracha, desde o século XIV, boa parte do territorio que hoxe é o noso Concello. Desta época son as desaparecidas Torres de Cillobre, que nun principio eran unha construción defensiva e que se converteron, posteriormente, en casa señorial.

As Torres de Cillobre e os seus donos, a familia Pardo das Mariñas, xogaron un papel determinante na historia medieval e moderna da bisbarra. O primeiro señor de Cillobre do que se ten constancia foi Martín Sánchez das Mariñas, que aparece nun documento de 1416, cando o rei Juan II tomou baixo a súa protección ao mosteiro de Soandres a petición do seu abade Fernán García. A intención do rei era que tanto este nobre como o seu fillo, Ares Pardo das Mariñas, deixasen a encomenda dos bens que tiñan do mosteiro polos abusos cometidos. Isto pon de manifesto a antigüidade das Torres de Cillobre, aínda que na actualidade só fiquen en pé parte dos muros da casa-pazo -cercada por unha parede de pedra-, e a capela de San Roque, que foi restaurada recentemente.

Outro dos cabaleiros desta liñaxe foi Diego das Mariñas, que levou o título de Señor de Cillobre. Foi o primeiro capitán xeral do Reino de Galicia, despois de que os Reis Católicos decretasen que ningún galego podía exercer este alto cargo. Ademais da familia dos Mariñas, habitaron esta casa a familia Bolaño, os Ribadeneyra, os Parragués, os Soutomaior e os Moscoso.

Precisamente o escudo do concello da Laracha fai referencia a estas antigas fortificacións (xunto coas Torres do Viso en Montemaior) lembrando así aos momentos máis significativos do noso pasado e proporcionan unha información relevante para coñecer mellora historia do concello.

Á época castrexa deixou unha acentuada presenza no noso concello. Actualmente dun total de 19 recintos castrenses distribuídos por todo o concello, dous están localizados nesta parroquia: O Castro de Gabenlle (Gabenlle) e Petón do Castro en Riotorto (Torás).

Fonte de información: Concello da Laracha


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 14-02-2011 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Outro mundo é posíbel: Marinaleda.
Marinaleda é unha vila andaluza, concretamente da provincia de Sevilla. Está gobernado por xente de esquerdas e republicana. Nesta reportaxe, o seu alcalde Juán Manuel Sánchez é entrevistado para o programa "Salvados" de "La Sexta" e este vídeo ofrécenos a posibilidade de comparar o sistema de goberno deste concello con calquera dos demais.

Se isto se pode facer dende un concello, que non se poderá facer dende o goberno dunha comunidade autónoma e xa nin digamos dende o goberno dun estado?

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 02-02-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal