|
|
|
Para que nos atendan na nosa lingua |
|
Se eras cliente de Hidroeléctrica Laracha, terás observado que mudou o idioma no que recibías as facturas desde que CHC Energía é a comercializadora. As facturas que antes enviaba Hidroeléctrica Laracha tiñan en conta a lingua galega; agora CHC Energía envíaas unicamente en castelán.
Para solicitares recibir as facturas da luz na nosa lingua, envía a túa queixa:
* Por carta: Rosario Pino, 18. 28020 Madrid
* Por tlf: 902 02 22 92
* Por correo electrónico: info@chcenergia.es.
Dispoñemos dun modelo de carta que podes ?copiar e pegar?, se o desexas.
-Engade o enderezo de correo da asociación (acutareira@yahoo.es ) no apartado de CC ou CCO para que poidamos contabilizar do nº de reclamacións realizadas.
COLABORA: Se coñeces a alguén que queira reclamar e non dispón de internet, pídelle os seus datos e cubre o formulario por ela/el. Ten en conta que cantos máis sexamos máis posibilidades teremos que atendan as nosas demandas.
MODELO DE ESCRITO QUE PROPOÑEMOS
(copia e pega, tan só che levará uns minutos)
SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE DE CHC ENERGÍA:
A empresa subministradora de electricidade na Laracha: Hidroeléctrica Laracha, respectaba a preferencia lingüística do seus clientes, de xeito que a relación comercial con eles, era no meu caso, en lingua galega. As facturas eran emitidas en lingua castelá e galega. En cambio, desde que son cliente de CHC Energía, non teño a posibilidade de expresarme con vostedes na miña lingua (galego) e recibo as facturas exclusivamente en lingua castelá. A toponímia usada nas facturas non se axusta á legalidade vixente e non é a oficial segundo estabelece a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (D.O.G.: 14/7/83), art. 10, punto 1: ?Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega?.
Por todo isto solicito:
? Que todas as comunicacións escritas propias da nosa relación comercial, se desenvolvan, cando menos, en lingua galega.
? Que a atención persoal nas oficinas da empresa e no teléfono de atención ao cliente, se preste, á escolla do cliente nas dúas linguas oficiais da nosa comunidade.
? Que se substitúan os topónimos deturpados ?Laracha? e ? La Coruña? polas únicas formas válida e oficiais: ?A Laracha? ?A Coruña?,
? Que no seu defecto, me dea cumprida explicación das causas que motivan a negativa. Nese caso ademais, solicito que me informe sobre os dereitos que me asisten como consumidor para solicitar o cambio de compañía subministradora de electricidade.
Sen outro particular, e agardando a súa resposta, reciba un cordial saúdo.
Nome e apelidos:........................................................................................
DNI:............................................................................................................
Lugar/Rúa:..................................................................................................
(A Laracha. A Coruña). CP:15145
Nº de cliente................................................................................................
Tlf. de contacto:............................................................................................
Asinado:............................................................
Na Laracha, a....de .........de 2010.
|
|
|
|
Orgullosos do noso, orgullosos do galego |
|
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presentou hoxe unha campaña en defensa do galego nos centros educativos, baixo o lema 'Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego', composta por dous vídeos que terán unha "ampla difusión escolar e social".
A campaña está protagonizada polos actores Luís Tosar ?galardoado recentemente co Goya?, Carlos Ares, Martiño Rivas e polas actrices María Castro e Isabel Risco e no que tamén participan o produtor audiovisual Antón Reixa, a música Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.
|
|
|
|
E os Goya falaron galego... |
|
A pasada semana, o actor galego (natural de Cospeito) Luís Tosar,recibía o seu terceiro premio Goya que outorga a "Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España" pola súa interpretación como mellor actor en ?Celda 211?.
Tosar, após recoller e agradecer o premio, despediu a súa intervención en lingua galega, con valentía, con naturalidade, un verdadeiro acto de ?subidón? desa autoestima que tanto precisa o noso pobo. Que se enteren os que non queren facelo, que no estado español hai máis dunha lingua. A nosa cultura non é ? acomplexada nin ensimismada? tal e como nos quere facer ver o actual goberno da Xunta.
Recibe unha efusiva aperta, e parabéns polo premio e polo compromiso que sempre adoptas coa nosa lingua.
|
|
|
|
As Caixas Galegas |
|
 O Manifesto ?Galiza ten dereito? impulsado polo BNG foi apresentado formalmente no Parlamento Galego no curso dun acto en que o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou que o recurso do Goberno central contra a Lei de Caixas vai dirixido ?a espoliar o aforro galego?.
O Manifesto foi asinado por Guillerme Vázquez, portavoz do BNG, o secretario xeral do PP galego, Alfonso Rueda; o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; a secretaria de Organización de UXT, Irene Martínez; o secretario de Desenvolvimento Organizativo de CC OO de Galiza, Carlos Pardo; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Antonio Fontenla.
Na súa intervención perante os xornalistas após o acto de asinatura, o líder do BNG reafirmou as ideas centrais que levaron a intitular o Manifesto co rótulo de ?Galiza ten dereito?.
?Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno?, afirmou.
O recurso do Goberno do Estado vai dirixido, argumentou, ?a paralisar a fusión das caixas galegas?, a ?favorecer a súa deslocalización? e a ?provocar o espolio do aforro galego?.
?O Goberno do Estado quer levar o aforro galego para fóra, para que financie o desenvolvimento doutros territorios?, denunciou.
A imaxe do encontro das forzas sociais e políticas que hoxe asinaban o Manifesto é, segundo o portavoz nacional, ?a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar por un Goberno que en Galiza adopta medidas que por certo non toma no resto do Estado?, dixo en alusión a que o Executivo de Zapatero non apresentou recursos ante as leis basca, catalá ou andaluza.
Información extraída de MUNDO GALIZA |
|
|
|
VAS COMER TRANSXÉNICOS? |
|
Un transxénico (Organismo Modificado Xeneticamente, OMX) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xenes).
Os riscos sanitarios a longo prazo dos OMX presentes na nosa alimentación, ou na dos animais cuxos produtos consumimos, non se están avaliando correctamente e o seu alcance segue sendo descoñecido.
RISCOS: Novas alerxias, aparición de novos tóxicos e efectos inesperados.
Para saberes máis clica AQUÍ.
?Os transxénicos reforzan o control da alimentación mundial que exercen unhas cuantas empresas multinacionais?
GREENPEACE elaborou unha guía de alimentos transxénicos clasificados en grupos de dous tipos:
-Unha listaxe verde (produtos cuxos fabricantes garantiron a Greenpeace que non utilizan transxénicos-nin derivados- nos seus ingredentes ou aditivos).
-Unha listaxe vermella (produtos que Greenpeace non pode garantir que non conteñan transxénicos).
A continuación ofrecémosche un pequeno resumo, cos produtos integrados nas dúas listaxes, que máis facilmente poderemos encontrar nas tendas:
VERMELLO
-(SOS CUÉTARA) Carbonell, Koipe, Koipesol...
-(DANONE)Milupa, Bledina...
-ACEITE BORGES
-(NESTLÉ) Nido, Frislies, Maggi, Solís, Nesquik, Nescafé, Bonka, Eko, Fitness, Chocapic, Crunch
Tulipán, Flora, Knorr, Zahor, Conguitos, Lacasitos, Xeados, Frigo, Galletas Kellogs, Galletas Cuétara, Marmelada Hero, Facundo, Matuto, Cheetos, Ruffles, Lay?s, Calvé, Ligeresa...
VERDE
Marcas propias das grandes cadeas de distribuición: Alcampo, Carrefour, Eroski, El Árbol, Mercadona, Plus, Líder, Consum...
-(LABORATORIOS ORDESA) Blevit, Blemil...
-Santiveri
-(HEINZ) Orlando...
-Ferrero Rocher, Kinder, Panrico, Bollicao, Phoskitos, Donuts, Bimbo,Cola Cao, Milka, Suchard, Gullón, Nocilla...
-(Kraft Foods) Galletas Fontaneda, Príncipe, Artiacha Filipinos, Chiquilín...
Ver a Guía completa aquí
|
|
|
|
|