|
|
|
A Cutareira felicítate polo nadal |
|
|
|
|
|
Programa para o nadal |
|
 |
|
|
|
O Apalpador, o Papa Noel galego. |
|
Desde distintos puntos do país estase traballando na recuperación e divulgación da figura do Apalpador. O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
O mito foi estudado por José André Lôpez Gonçález nalgunhas comarcas da alta montaña luguesa: no Courel, en Lóuzara e no Cebreiro.
Ligazón á páxina do APALPADOR
Descargar o APALPADOR en PDF
|
|
|
|
Entrega da cesta do nadal |
|
No día de hoxe apareceu o boleto premiado coa cesta de nadal, (en realidade un baúl). Parabéns ao noso veciño Luciano, posuídor do nº 613. |
|
|
|
A reclamación da Cutareira no informe anual do Valedor do Pobo |
|
 No informe anual do Valedor do Pobo consta a nosa reclamación contra o goberno do concello da Laracha polo veto que este mantén sobre a A.V.V. ?A Cutareira ? negándolle o dereito a participar na convocatoria anual de subvencións en igualdade de condicións que ao resto do asociacionismo de todo o concello.
Até 2006, e como en calquera outro concello, as asociacións veciñais podían optar a recibir subvencións sempre que cumpriran os requisitos loxicamente, mais a partir dese ano deixouse de contar con nós á hora da concesión de subvencións e nin tan sequera estamos convocadas.
QUE FIXEMOS AO RESPECTO?
Amosamos a nosa disconformidade no concello, informamos do que estaba pasando á veciñanza mediante o reparto do noso boletín (O Cutaxornal)e puxémolo en coñecemento das administracións (Valedor do Pobo).
Podes ver o informe anual do Valedor do Pobo clicando aquí (no referente á Cutareira busca o punto 1.13.3.1.3)
|
|
|
|
Sorteo da Cesta do Nadal |
|
O nº gañador do sorteo da Cesta do Nadal da A.V.V. "A Cutareira", celebrado onte día 10 de decembro, foi o 613.
Se dispós do boleto con este número, parabéns e xa sabes que dispós de 15 días a partir de hoxe para recoller o premio.
|
|
|
|