A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concentración contra a galegofobia na Praza do Obradoiro

Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego (que previsibelmente se faga público hoxe mesmo, á mesma hora) a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de decembro ás 17.00.


Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 30-12-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Libro-Disco infantil TIC-TAC

Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 29-12-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Cutareira felicítate polo Nadal
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 18-12-2009 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Retirada de placas franquistas en Caión
O artigo 15 da Lei da Memoria Histórica di:
“As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, adoptarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura”.
Desde esta asociación xa solicitamos en varias ocasións ao goberno da Laracha, a eliminación deste tipo de simboloxía (incluso antes de ser aprobada esta Lei).

A pesar de todo isto o goberno local estase a postular como un dos grandes defensores da simboloxía franquista mentres vemos como noutras partes do estado español está procedendo á eliminación destas se tipo de simboloxía. Tivo que ser a propia veciñanza quen hai uns días retirou unhas das placas que honran memoria do Almirante Carrero Blanco.

A canle de TV “La Sexta”, elaborou unha reportaxe con motivo da noticia que podes ver desde aquí: ver reportaxe

A raíz deste noticia, e do comunicado emitido polo goberno local, desde “A Cutareira” emitimos un comunicado público, o cal foi recollido, entre outros, polo xornal conservador La Voz de Galicia.


COMUNICADO PÚBLICO


A Asociación veciñal “A Cutareira”, ven solicitando formalmente ao Goberno do Concello -desde o ano 2005- mediante varios escritos entregados no rexistro do concello, a substitución de todas as placas da Laracha que homenaxean ao Réxime franquista. Por iso, e a raíz do acontecido hai escasos días na vila de Caión, onde alguén retirou unha das placas que homenaxeaban a un dos “ilustres” persoeiros da brutal ditadura de Franco, “Almirante Carrero Blanco”, e ante as declaración públicas emitidas polo goberno do concello ao respecto

MANIFESTAMOS:

-Ao contrario que o goberno da Laracha, non pensamos que este sexa un acto de vandalismo e se tivéramos que denominalo dalgún xeito, diríamos que é un acto de xustiza e de dignidade contra a falta de decencia humana e política dun goberno local que segue apostando pola permanencia deste tipo de simboloxía que aldraxa á humanidade e que presta apoio moral ao fascismo e ás ditaduras ao exhibir publicamente este tipo de simboloxía.

-O goberno da Laracha mente cando afirma que a “modificación da nomenclatura da praza supón un custe económico ademais dunha serie de problemas burocráticos para a veciñanza”. Substituír a placa da praza principal do concello, non causaría ningún tipo de prexuízo a ninguén, pois non hai ninguén domiciliado nesa praza. É unha pobre desculpa por parte do equipo de goberno para non efectuar a substitución deste tipo de simboloxía.

-Pensamos que calquera goberno que cumpra cunha mínima ética democrática, procedería á inmediata substitución deste tipo de simboloxía, xa sen agardar a que ningunha lei obrigara a iso (Lei da Memoria Histórica, de 2007). Lamentamos profundamente que no caso do goberno da Laracha, nin tan sequera así se corrixa esta situación.

Non se pode seguir honrando aos asasinos mentres moitas vítimas aínda seguen desaparecidas soterradas nas cunetas e en fosas comúns. Non nos gustaría que A Laracha fique como refuxio para nostálxicos do franquismo mentres en todas partes do estado español se están dando pasos para a eliminación definitiva, nos espazos públicos, destes símbolos que representan valores contrarios á paz, á tolerancia, á diversidade e aos dereitos humanos máis elementais e instamos publicamente ao goberno da Laracha a que recapacite e a que cumpra coa Lei da Memoria Histórica.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 04-12-2009 06:39
# Ligazón permanente a este artigo
Oferta de traballo
O Concello de Oleiros convoca unha praza de técnica/o de normalización lingüística polo sistema de concurso oposición e para a contratación na modalidade de laboral temporal de duración determinada. O prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais, a contar desde a data da súa publicación no BOP.

Fonte de información: A Mesa pola Normalización Lingüística
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 01-12-2009 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal