A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O APALPADOR, O SANTA KLAUS GALEGO
O mito foi estudado por José André Lôpez Gonçález nalgunhas comarcas da alta montaña luguesa: no Courel, en Lóuzara e no Cebreiro.

O colectivo compostelán Gentalha do Pichel leva adiante unha campaña para recuperar a figura do Apalpador, un xigante esfarrapado e con boina que fuma en cachimba, e que baixa unha noite do Nadal da montaña para lles apalpar a barriga aos cativos e comprobar se están ben mantidos, e deixarlles unha présa de castañas.

“O que tentamos é vincular a figura do Apalpador a un Nadal menos consumista, que os agasallos sexan elaborados, ou, cando menos, adquiridos por medio do comercio local". Non tiña sentido xa quedar nas castañas. O Apalpador de hoxe trae agasallos, pero na súa liña: "tentamos que a tradición sexa útil, e que evolucione como o faría normalmente. O que si é importante é vincular esa figura de noso co anticonsumismo, que non sexa instrumentalizada" (Gentalha do Pichel).

Quinta Feira tamén se manifestou interesada en favor da recuperación deste personaxe.
Tomamos nota.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 29-12-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA SON PAISAXE PROTEXIDA
O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira(venres), a declaración como paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, situados nos concellos de Vimianzo e Laxe, na Costa da Morte. A finalidade desta declaración é protexer a singularidade natural dos penedos de granito, ademais da súa singularidade estética e o seu valor científico.

Este feito tamén implica a posta en marcha de accións encamiñadas a rexenerar o espazo, reforestalo con especies autóctonas e propiciar iniciativas de posta en valor deste lugar, dende un punto de vista sustentábel.

Lembremos que durante máis de 2 anos, só o compromiso de colectivos cidadás, culturais e ecoloxistas impedíu a desfeita con varias canteiras apoiadas polo alcalde de Vimianzo (o de "pedras son pedras").

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 14-12-2008 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
A UNIÓN EUROPEA APOIA O ENSINO TOTAL EN GALEGO
O informe do Consello de Europa sobre a aplicación da Carta Europea das Línguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), subscrita polo Estado Español en 2001, é contundente: A nosa língua segue en alarmante inferioridade de condicións respecto ao castelán e constata as discrimacións lingüísticas que sofre quen quere usar o galego todos os días en todos os ámbitos da súa vida.

Respalda tamén o R.D. 124/07 no ensino (aquel que o presidente do PP en Galiza Núñez Feijoo pretende derrogar no hipotético caso de que chegara a ser Presidente da Xunta e que tamén a asociación de carácter antigalego: Galicia Bilíngue desexa que se elimine).

Que cosas tiene España!..o Estado Español suscribe unha Carta Europea das Línguas Rexionais ou Minoritarias, e o Consello de Europa tíralle das orellas a España por non facer nada por garantir os dereitos do pobo galego en cuestión lingüísticas. Por outra banda os mesmos partidos políticos que no seu día suscribiron esta Carta Europea (P.P. con Aznar no ano 2001) maniféstanse agora en contra das súas resolucións.

Clica nas seguintes ligazóns se queres ver algúns exemplos de discriminación lingüística contra a nosa língua:
nacionalismo español
Dialecto de aldea
Perder falantes
Hotel Ciudad de Vigo
Na xustiza...
Línguas menores
Xuíz antigalego
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 14-12-2008 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
MELLORAS NA ESTRADA A LARACHA - A SILVA
A Deputación da Coruña saca a concurso a execución de mellora do viario
que une A Laracha coa Silva.

A Deputación da Coruña abriu este pasado xoves, coa publicación do anuncio no BOP, o período de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en executar as obras de mellora e ampliación da estrada que une A Laracha e A Silva a través de Golmar.

O proxecto, incluído na cuarta fase do Plan de Vías Provinciais, ten un orzamento base de licitación de 1.440.000 euros e un prazo de
execución de 6 meses
. As melloras serán acometidas no tramo da estrada CP 2404 comprendido entre os puntos quilométricos 5,9 e 11,85.
O prazo para presentar as ofertas permanecerá aberto ata o día 17
deste mes.

Agardemos que estas obras se fagan de xeito menos chapuceiro ca na execución das realizadas anteriormente realizada na mesma estrada, e que tantas queixas motivou entre a veciñanza do concello.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 06-12-2008 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal