A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chc Energía incumpre a Lei e discrimina o galego
Parte do texto da Lei
Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, esta asociación veciñal recibiu queixas de varias persoas que sentían vulnerados os seus dereitos lingüísticos pola exclusión da lingua galega nas súa relación coa nova empresa comercializadora CHC ENERGÍA.

Hidroeléctrica Laracha(antes distribuidora e comercializadora no concello da Laracha) emitía as facturas en galego e en castelán. Agora sendo CHC Energía a empresa encargada da comercialización da enerxía eléctrica, emite as facturas exclusivamente en lingua castelá, ficando excluída e discriminada a lingua galega.

Desde entón, levamos remitido é entidade todos os escritos que a veciñanza nos foi enviando para que “A Cutareira” os tramitara no seu nome solicitando un cambio de actitude á empresa comercializadora de enerxía, sen que polo de agora recibísemos ningunha contestación nin que se adoptara ningún tipo de medidas correctoras.

Esta situación é contraria á Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta dá soporte ás nosas queixas:

Fomento do uso da lingua galega na actividade dos prestadores de servizos.


1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística,consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.


Por todo isto e ante o incumprimento da Lei por parte de "Chc Energía" decicimos denunciar a situación ante o Valedor do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística solicitando que tomen as medidas oportunas para que se cumpra a Lei.
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 26-11-2011 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Nova categoría: Fotos
Álbum de fotos (1)

Álbum de fotos (2)
Comentarios (0) - Categoría: Fotos - Publicado o 06-11-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal