Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
En 1986, nais e pais do alumnado do colexio "Otero Pedrayo" concentrábanse diante da Casa do Concello para denunciar os problemas existentes no colexio.
25 anos despois as ANPAS seguen reclamando melloras e denunciando recortes nos centros educativos laracheses.
A ANPA, ?O Acevo?, do CEIP Otero Pedrayo da Laracha convocou onte una concentración na ?Plaza do Generalísimo Franco? para denunciar a falta de profesorado en 4º de primaria e tamén para demandar o aumento de prazas no comedor escolar -este curso escolar 42 alumnos ficaron sen praza-. Á convocatoria acudiron perto de 200 persoas.
Xa non se lembran tantas queixas e protestas nos centros educativos laracheses como as que levan acontecendo desde dous últimos anos. Reduccións de profesorado, falta de investimentos nos colexios públicos e contínuos conflitos, agora tamén co propio profesorado, fan que as protestas se repitan continuamente ao longo do curso.
NOVAS RELACIONADAS COS CENTROS ESCOLARES DA LARACHA.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0