A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Próxima mostra fotográfica
Continuamos recibindo fotos antigas do concello co obxectivo de elaborar unha renovada exposición fotográfica para o vindeiro ano. Nesta ocasión, e como novidade, marcámonos o obxectivo de editar un libro composto polas instantáneas que a veciñanza nos fagades chegar.

En breve espazo de tempo temos pensado comezar a traballar na edición deste libro, polo que se tés fotos antigas da Laracha e queres formar parte desta iniciativa pregámosche que te poñas en contacto coa A.V.V. “A Cutareira” a través do correo electrónico: acutareira@yahoo.es ou no Tlf: 653 618 955.

Todas son válidas: a vida labrega, mariñeira, gandeira, romarías, feiras, o antroido, no río de lavar, nas fontes, A Laracha antiga, festas, acontecementos sociais, cumpreanos, da emigración, da mili, bares ou comercios xa desaparecidos, verbenas, etc...


Lembrámosche que non usamos as fotos orixinais, escaneámolas e devolvémoschas ao instante, polo que non hai risco de perda nin deterioro dos orixinais.

Máis información aquí


Información sobre a exposición en 2009 aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 31-10-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xa falta pouco pró Samaín
O Samaín é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigos.

Hai 3000 anos nas vilas celtas de Europa, entre eles na Galiza, Irlanda e en distintas zonas da Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles iniciábase co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte.


Os celtas crían que nesa noite a ventá que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que a véspera de Samaín – que así chamaban a esa data - as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban xantar ou doces fóra dos seus fogares.

Despois de que os romanos conquistasen aos celtas, estes influenciaron ao mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pamona. Os cristiáns consideraban que os celtas adoraban o diaño, aínda que o diaño nunca existiu na relixión céltica. Naquela época determinouse que a maneira de converter aos celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos celtas e converténdoo nun cristián. Por iso os cristiáns calificaron as celebracións celtas como una práctica herética, destruíndo baixo este pretexto gran cantidade da cultura, monumentos e tradicións celtas para afianzar o seu dominio político e social do vello continente.

Foi a época do sometemento dos pobos pagáns ceibes, que eran convertidos ao cristianismo demonizando as súas crenzas, adoptando os seus festivais, e converténdoos ao cristianismo. Así, o día de Samain converteuse no día de Todos os Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés (All Hallow's Eve) , que sería unha celebración importada e modificada nos EEUU para converterse nunha celebración urbana.

Ángel Luis Pérez: “Seguimos siendo paganos aunque no lo sepamos”

Samain
View more webinars from MARIAREI.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 28-10-2010 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan os recortes en servizos sociais básicos
En varios concellos do país sucédense os problemas nos centros educativos debido aos recortes nas prestacións no sistema educativo que o goberno da Xunta está a practicar.

Se no instituto Agra de Leborís da Laracha, aumenta o ratio de alumnado por aula por falta de profesorado, en Pedra da Aguia da Ponte do Porto ocorre o mesmo, e a mesmiña situación de dá en Agra de Raíces de Cee no que faltan seis profesores.

En Curtis, nais e pais do alumnado do Intituto levan pechados no edificio desde o pasado día 22, en protesta pola decisión da Consellaría de Educación de clausurar un ciclo de formación de Instalacións Eléctricas de FP. A Xunta di que é por falta de alumnado, a pesar de que se cumpre a ratio mínima de estudantes para poder continuar coas clases. Ler máis...

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 26-10-2010 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
A ANPA Manuel Murguía acode ao Parlamento Galego
Unha delegación da Xunta Directiva da ANPA estivo onte asistindo á sesión plenaria (dedicada ao ensino) do Parlamento Galego. Alí expuxéronlle aos grupos políticos da Cámara Galega que subiron á tribuna para falar con eles (BNG e PSOE), que a proposta do actual goberno galego vai estender o fracaso escolar na Laracha, ao instaurar a liña 3 en todos os niveis da ESO do IES Agra de Leborís.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, admitiu que haberá menos investimentos en educación e que o persoal de profesores para este curso 2010-2011 reduciuse en 300 docentes. Tamén dixo que o ratio de alumnado por docente é de...9,6!!!

Podes ler toda a información no propio blogue da ANPA clicando aquí.




A ANPA Manuel Murguía no Parlamento
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 14-10-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
O CIRCO DA LINGUA

LIGAZÓN A QUEREMOS GALEGO

Música, xogos, inchábeis, feira do libro e de artesanía, espectáculos de rúa, mesa de debate, concerto con Güintervan, Nao, Os tres trebóns e Som do Galpom... Unha auténtica festaza, un circo, o sábado 16 de outubro en Soutomaior organizado por Queremos Galego


PROGRAMA


11.30 hROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)

11.30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os/as participantes poderán coñecer e gozar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral

14.00 h XANTAR: Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com

16.00 hCASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S
: na Alameda de Talorío

16.00 h FEIRA DO LIBRO: Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade - Soutomaior)

16.00 h FEIRA DE ARTESANÍA: Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

17.00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA: Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
Os 7 magníficos +1
O circo escarranchado
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

17.30 MESA DE DEBATE
: “Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”
A palestra contará coas intervencións de:
Anxo Louzao (Secretario nacional de CIG Ensino)
Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
Fran Rei (Portavoz da Plataforma Queremos Galego)
Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña)
Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)

20.30 h CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO

-Güintervan
-Nao
-Os tres trebóns e os homes sen medo
-Som do Galpom
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 13-10-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
O “Defensor del Pueblo” reproba ao Concello da Laracha
O “Defensor del Pueblo” destaca que tivo que pórse en contacto ata en tres ocasións cos municipios da Laracha e Pontedeume - ambos os dous gobernados polo Partido Popular - para que atendesen as súas reclamacións.

Ao Concello larachés solicitoulle que ampliase o seu informe por unha queixa relacionada co cobramento "excesivo" para expedir os certificados de empadroamento.

Desde o Goberno local tardaron un ano e catro meses en contestar
.

Máis información en La Opinión de A Coruña
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 12-10-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Decreto do Plurilingüismo é ilegal
Presentación elaborada por Alba Nogueira e Manuel Bermúdez que demostra como o Decreto para o Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia é contrario á lexislación superior: Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía, Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e Constitución Española.

Máis información na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 09-10-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteamos unha cesta do Nadal

Xa estamos a traballar na edición dunha nova exposición de fotos antigas do concello da Laracha. O pasado ano, logo de facermos unha selección das fotos, editamos un audiovisual en formato DVD e para o vindeiro ano temos pensado facer unha nova exposición fotográfica e editar un libro con estas fotos.

Como todo isto implica gastos, e o goberno do concello non subvenciona as actividades da Asociación Veciñal “A Cutareira”, estamos a pedir a colaboración da veciñanza no sorteo dunha Cesta do Nadal, que nos axude a sufragar parte dos gastos destas actividades.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 09-10-2010 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración en apoio dun ensino público e de calidade
Desde a Asociación veciñal "A Cutareira" apoiamos as demandas da ANPA Manuel Murguía do Instituto Agra de Leborís para reclamar que se cubra a vacante existente agora mesmo no centro, e defendemos un sistema educativo público e de calidade.

Educación e sanidade son os piares básicos do estado do benestar e non podemos aceptar unha disminución da calidade en ningún deles.

Resulta paradóxico que mentres desde o goberno da Xunta se están a levar a cabo recortes no ensino público e redución de servizos, postos de traballo, etc...se destinen 1.000.000 € para publicitar o R.D. do chamado "plurilingüismo" así como 258.000.000 de euros anuais para financiar centros privados (moitos deles ligados ao Opus Dei: Peñarredonda, Las Acacias, Montespiño...)e tamén se tiran ao lixo 5 milóns de € en librospolo feito de estaren redactados en lingua galega.



Máis problemas de falta de profesorado na Costa da Morte aquí e aquí
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 07-10-2010 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado público en apoio da ANPA Manuel Murguía
Desde a Asociación veciñal A Cutareira queremos manifestar o noso apoio ás demandas da ANPA do Instituto Agra de Leborís para reclamar que se cubra a praza dun profesor que segue vacante.

Desde “A Cutareira” defendemos un sistema educativo público e de calidade e por iso acudiremos á concentración convocada para o vindeiro martes ás 6 da tarde diante do Instituto, na defensa dos intereses de toda a comunidade educativa.

Animamos a toda a veciñanza a mobilizarse na defensa do futuro das nosas fillas e fillos pois esta reducción do profesorado pasará factura ao alumnado en forma de fracaso escolar e alertamos que se agora se perde esta praza de profesora/o pode ser difícil de recuperar nun futuro.
Os dereitos pérdense moi rápido, pero leva moito tempo recuperalos.

Máis información aquí



Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 04-10-2010 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal