|
|
|
HALLOWEEN? NON,GRAZAS: SAMAÍN! |
|
A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno.
Nesta noite, séculos atrás, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío, á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos buscaba un camiño para reunirse cos seus antepasados mortos. Por iso, preparaban alimentos e agasallos para os parentes mortos, pàra que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar as súas familias e as súas antigas casas para comeren nas mesas e quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ?que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
QUE POBOS CELEBRABAN O SAMAÍN?
Os pobos (celtas) habitantes de Galiza,Asturias Cantabria,Euskadi, norte de Portugal...
Polo tanto, o SAMAÍN, é unha festa tradicional propia dos pobos que habitaron Galiza séculos atrás e que está en proceso de recuperación no noso país. "Halloween" é un festa comercial estadounidense con intereses puramente consumistas.
ESTACIÓNS DO ANO CELTA
O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:
Samain, 1 de novembro, comezo do inverno: a estación sombría
Beltain, 1 de maio: o comezo do verán
Había outra celebración central: de equilibrio:
Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos.
E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:
Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
|
|
|
|
A LARACHA FOI REPUBLICANA |
|
O vindeiro domingo, día 26 de outubro, ás 17:00, A REVOLTAINA DE BERGANTINHOS organiza unha exposición fotográfica e conferencia sobre ?A Laracha na 2ª República? a celebrar na Aula Cultural de Caixa Galicia situada na Avda de Fisterra da capital do concello.
Colaboran neste acto a Deputación da Coruña, a ?Asociación Cultural Quinta Feira? e o ?Obradoiro da Historia?.
Éxcelente ocasión para obter información sobre unha época que aínda a día de hoxe se mantén ?ocultada?.
|
|
|
|
POR UN NOVO MODELO SOCIOECONÓMICO |
|
A crise económica que estamos a vivir pode ser un bo momento para reflexionar, para abrir un debate social, sobre as bondades ou non do actual sistema socioeconómico de capitalismo neoliberal, quen se está a beneficiar del, a que intereses de clase responde e se existen modelos económicos e sociais alternativos.
O modelo de capitalismo neoliberal, hexemónico no mundo desde inicios da década dos oitenta, sacraliza a economía de libre mercado, defende o mercado como o verdadeiro e único regulador da produción e comercialización de bens e servizos, é contrario a calquera intervención do Estado na planificación económica e busca maximizar a taxa de beneficio do capital. Detrás desta aparente liberdade nas relacións económicas existe todo un engano.
Para máis información clica aquí.
|
|
|
|
|