A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comprar, tirar, comprar.
Baterías que morren aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se funden ao mil horas... Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?

Hai moito tempo, os produtos de consumo masivo fabricábanse para durar. Pero cara á década de 1920, un grupo de empresarios déronse conta de que canto máis duraban os seus produtos, menos diñeiro gañaban eles. E así naceu o que se chama a obsolescencia programada, a redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo. Desde entón, os fabricantes deseñaron os seus produtos para fallar.

O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas; achega probas documentais e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan desta práctica.

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 27-01-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea Xeral Ordinaria 2011
O pasado sábado día 15, celebramos a asemblea ordinaria anual na que foi presentado o estado das contas e tamén se analizaron as actividades desenvolvidas durante o pasado ano.

Así mesmo expuxéronse e debatéronse novos proxectos para o anos 2011.
En primeiro lugar a edición dun libro cunha escolma de fotografías da nosa parroquia, Torás. Tamén acordamos realizar algunha excursión ao longo do ano e unha nova exposición fotográfica dado o aumento de fotos que a asociación ten recompilado.




Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 18-01-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Na Laracha tamén se prohibía o uso do galego.

O xornal "A nosa terra" informa do acontecido en 1980 cando en plena "democracia" aínda se prohibía o uso do galego nas aulas. Os mestres que impartían as clases en galego eran represaliados..."Na Laracha os profesores prohíbenlles aos nenos falar en galego dentro das aulas e fóra delas"

Manuel María dixo: “renunciade á vella língua/dádevos ás framenquerias/ e os amos quedarán/ para sempre satisfeitos:/veredes que ben/vos han de pagar/ do seu desprezo”.

Após 30 anos, aínda seguimos loitando por que a nosa lingua estea en igualdade condicións e teña os mesmos dereitos que a lingua de fóra, o castelán.

Clica aquí para acceder ao xornal.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 15-01-2011 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias dun neno labrego cumpre 50 anos
O máis vendido entre os mellor vendidos. Se a literatura galega ten un best-seller de seu, ese é “Memorias dun neno labrego”, saído do prelo na Arxentina tal día coma onte, un 5 de xaneiro, do ano 1961.
Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.


Xosé Neira Vilas, di que "...cando un libro galego se traduce a outra lingua, por exemplo ao alemán ao inglés, importa pouco o autor,o que importa é que se diga, que se saiba, que eses lectores alemáns, ou ingleses, ou chinos, ou que sei eu, ou rusos,...que saiban que esa obra é traducida dun país desta esquina verde de Europa que ten unha lingua de seu, unha cultura de seu..."
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 06-01-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen as queixas no Otero Pedrayo
A ANPA "O Acevo", ven reclamando a execución dun proxecto que evite ao alumnado e profesorado ter que camiñar á intemperie para pasar dunhas instalacións a outras.

Tanto á entrada como á saída do colexio o alumnado ten que enfrentarse á choiva ao non dispoñer dun lugar cuberto por onde poder camiñar sen mollarse. O mesmo ocorre cos accesos ao comedor e segue sen cubrirse o patio do "edificio novo".

Os accesos exteriores tampouco posibilitan o acceso ao centro polas beirarrúas, pois son inexistentes.


Ler máis
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 02-01-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal