Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha
En varios concellos do país sucédense os problemas nos centros educativos debido aos recortes nas prestacións no sistema educativo que o goberno da Xunta está a practicar.
Se no instituto Agra de Leborís da Laracha, aumenta o ratio de alumnado por aula por falta de profesorado, en Pedra da Aguia da Ponte do Porto ocorre o mesmo, e a mesmiña situación de dá en Agra de Raíces de Cee no que faltan seis profesores.
Unha delegación da Xunta Directiva da ANPA estivo onte asistindo á sesión plenaria (dedicada ao ensino) do Parlamento Galego. Alí expuxéronlle aos grupos políticos da Cámara Galega que subiron á tribuna para falar con eles (BNG e PSOE), que a proposta do actual goberno galego vai estender o fracaso escolar na Laracha, ao instaurar a liña 3 en todos os niveis da ESO do IES Agra de Leborís.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, admitiu que haberá menos investimentos en educación e que o persoal de profesores para este curso 2010-2011 reduciuse en 300 docentes. Tamén dixo que o ratio de alumnado por docente é de...9,6!!!
Podes ler toda a información no propio blogue da ANPA clicando aquí.
Música, xogos, inchábeis, feira do libro e de artesanía, espectáculos de rúa, mesa de debate, concerto con Güintervan, Nao, Os tres trebóns e Som do Galpom... Unha auténtica festaza, un circo, o sábado 16 de outubro en Soutomaior organizado por Queremos Galego
PROGRAMA
11.30 hROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
11.30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os/as participantes poderán coñecer e gozar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral
14.00 h XANTAR: Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com
16.00 hCASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S: na Alameda de Talorío
16.00 h FEIRA DO LIBRO: Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade - Soutomaior)
16.00 h FEIRA DE ARTESANÍA: Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade ? Soutomaior)
17.00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA: Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
Os 7 magníficos +1
O circo escarranchado
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade ? Soutomaior)
17.30 MESA DE DEBATE: ?Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada?
A palestra contará coas intervencións de:
Anxo Louzao (Secretario nacional de CIG Ensino)
Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
Fran Rei (Portavoz da Plataforma Queremos Galego)
Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña)
Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)
20.30 h CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO
-Güintervan
-Nao
-Os tres trebóns e os homes sen medo
-Som do Galpom
O ?Defensor del Pueblo? destaca que tivo que pórse en contacto ata en tres ocasións cos municipios da Laracha e Pontedeume - ambos os dous gobernados polo Partido Popular - para que atendesen as súas reclamacións.
Ao Concello larachés solicitoulle que ampliase o seu informe por unha queixa relacionada co cobramento "excesivo" para expedir os certificados de empadroamento.
Desde o Goberno local tardaron un ano e catro meses en contestar.
Presentación elaborada por Alba Nogueira e Manuel Bermúdez que demostra como o Decreto para o Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia é contrario á lexislación superior: Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía, Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e Constitución Española.
Xa estamos a traballar na edición dunha nova exposición de fotos antigas do concello da Laracha. O pasado ano, logo de facermos unha selección das fotos, editamos un audiovisual en formato DVD e para o vindeiro ano temos pensado facer unha nova exposición fotográfica e editar un libro con estas fotos.
Como todo isto implica gastos, e o goberno do concello non subvenciona as actividades da Asociación Veciñal ?A Cutareira?, estamos a pedir a colaboración da veciñanza no sorteo dunha Cesta do Nadal, que nos axude a sufragar parte dos gastos destas actividades.
Desde a Asociación veciñal "A Cutareira" apoiamos as demandas da ANPA Manuel Murguía do Instituto Agra de Leborís para reclamar que se cubra a vacante existente agora mesmo no centro, e defendemos un sistema educativo público e de calidade.
Educación e sanidade son os piares básicos do estado do benestar e non podemos aceptar unha disminución da calidade en ningún deles.
Resulta paradóxico que mentres desde o goberno da Xunta se están a levar a cabo recortes no ensino público e redución de servizos, postos de traballo, etc...se destinen 1.000.000 ? para publicitar o R.D. do chamado "plurilingüismo" así como 258.000.000 de euros anuais para financiar centros privados (moitos deles ligados ao Opus Dei: Peñarredonda, Las Acacias, Montespiño...)e tamén se tiran ao lixo 5 milóns de ? en librospolo feito de estaren redactados en lingua galega.
Máis problemas de falta de profesorado na Costa da Morte aquí e aquí
Desde a Asociación veciñal A Cutareira queremos manifestar o noso apoio ás demandas da ANPA do Instituto Agra de Leborís para reclamar que se cubra a praza dun profesor que segue vacante.
Desde ?A Cutareira? defendemos un sistema educativo público e de calidade e por iso acudiremos á concentración convocada para o vindeiro martes ás 6 da tarde diante do Instituto, na defensa dos intereses de toda a comunidade educativa.
Animamos a toda a veciñanza a mobilizarse na defensa do futuro das nosas fillas e fillos pois esta reducción do profesorado pasará factura ao alumnado en forma de fracaso escolar e alertamos que se agora se perde esta praza de profesora/o pode ser difícil de recuperar nun futuro. Os dereitos pérdense moi rápido, pero leva moito tempo recuperalos.
Agora pretendemos conseguir máis fotos para facer unha exposición renovada e ampliada e tamén temos a intención de editar un libro elaborado principalmente por unha ampla selección das fotografías das que dispoñemos, contribuíndo así facer visíbel a memoria colectiva da veciñanza larachesa e facilitar o acceso a todo o mundo mediante esta recompilación fotográfica a través do tempo.
QUE TIPO DE FOTOS BUSCAMOS?
Todas son válidas: a vida labrega, mariñeira, gandeira, romarías, feiras, o antroido, no río de lavar, nas fontes, A Laracha antiga, festas, acontecementos sociais, cumpreanos, da emigración, da mili, bares ou comercios xa desaparecidos, verbenas, etc...
QUE FACEMOS COAS FOTOS ORIXINAIS?
NON EXPOÑEMOS FOTOS ORIXINAIS. Pasamos a recollelas onde ti nos digas, ou ben se o desexas podes estar presente no momento de escanealas e xa chas devolvemos ao momento (1 hora ou menos).
Este é un precioso e ilusionante proxecto que precisa de ti para que poidamos levalo a cabo. Seguro que se buscas na túa casa ou na dos teus familiares tés algunha foto que poida resultar interesante.
Contamos contigo. Anímate e participa.
Para calquera cuestión chámanos ou envíanos un correo.
Tlf: 653 618 955 - acutareira@yahoo.es
A manifestación convocada pola CIG partirá ás 12.00 horas da Praza de Vigo da Coruña.
CCOO e UGT, que como sempre fan a convocatoria conxuntamente,convocan a manifestación desde a a Praza da Palloza ás 12.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fai un chamamento a participar masivamente na folga xeral convocada para este mércores, día 29 de setembro, neste video-entrevista no que lembra que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora das nosas condicións de vida, sempre se conseguiron pola vía da mobilización e da folga.
Salienta ademais que coas medidas que se están a adoptar preténdese que paguemos unha crise que non provocamos e aposta por conquistar un modelo económico e social que favoreza un xusto reparto da riqueza e que evite a súa concentración en poucas mans, como ocorre actualmente.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0