A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asemblea Xeral Ordinaria 2011
O pasado sábado día 15, celebramos a asemblea ordinaria anual na que foi presentado o estado das contas e tamén se analizaron as actividades desenvolvidas durante o pasado ano.

Así mesmo expuxéronse e debatéronse novos proxectos para o anos 2011.
En primeiro lugar a edición dun libro cunha escolma de fotografías da nosa parroquia, Torás. Tamén acordamos realizar algunha excursión ao longo do ano e unha nova exposición fotográfica dado o aumento de fotos que a asociación ten recompilado.




Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 18-01-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Na Laracha tamén se prohibía o uso do galego.

O xornal "A nosa terra" informa do acontecido en 1980 cando en plena "democracia" aínda se prohibía o uso do galego nas aulas. Os mestres que impartían as clases en galego eran represaliados..."Na Laracha os profesores prohíbenlles aos nenos falar en galego dentro das aulas e fóra delas"

Manuel María dixo: “renunciade á vella língua/dádevos ás framenquerias/ e os amos quedarán/ para sempre satisfeitos:/veredes que ben/vos han de pagar/ do seu desprezo”.

Após 30 anos, aínda seguimos loitando por que a nosa lingua estea en igualdade condicións e teña os mesmos dereitos que a lingua de fóra, o castelán.

Clica aquí para acceder ao xornal.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 15-01-2011 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias dun neno labrego cumpre 50 anos
O máis vendido entre os mellor vendidos. Se a literatura galega ten un best-seller de seu, ese é “Memorias dun neno labrego”, saído do prelo na Arxentina tal día coma onte, un 5 de xaneiro, do ano 1961.
Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.


Xosé Neira Vilas, di que "...cando un libro galego se traduce a outra lingua, por exemplo ao alemán ao inglés, importa pouco o autor,o que importa é que se diga, que se saiba, que eses lectores alemáns, ou ingleses, ou chinos, ou que sei eu, ou rusos,...que saiban que esa obra é traducida dun país desta esquina verde de Europa que ten unha lingua de seu, unha cultura de seu..."
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 06-01-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen as queixas no Otero Pedrayo
A ANPA "O Acevo", ven reclamando a execución dun proxecto que evite ao alumnado e profesorado ter que camiñar á intemperie para pasar dunhas instalacións a outras.

Tanto á entrada como á saída do colexio o alumnado ten que enfrentarse á choiva ao non dispoñer dun lugar cuberto por onde poder camiñar sen mollarse. O mesmo ocorre cos accesos ao comedor e segue sen cubrirse o patio do "edificio novo".

Os accesos exteriores tampouco posibilitan o acceso ao centro polas beirarrúas, pois son inexistentes.


Ler máis
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 02-01-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
A Cutareira felicítate polo nadal
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 24-12-2010 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Programa para o nadal
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 23-12-2010 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador, o Papa Noel galego.
Desde distintos puntos do país estase traballando na recuperación e divulgación da figura do Apalpador. O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

O mito foi estudado por José André Lôpez Gonçález nalgunhas comarcas da alta montaña luguesa: no Courel, en Lóuzara e no Cebreiro.

Ligazón á páxina do APALPADOR

Descargar o APALPADOR en PDF

Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 21-12-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Entrega da cesta do nadal
No día de hoxe apareceu o boleto premiado coa cesta de nadal, (en realidade un baúl). Parabéns ao noso veciño Luciano, posuídor do nº 613.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 15-12-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
A reclamación da Cutareira no informe anual do Valedor do Pobo

No informe anual do Valedor do Pobo consta a nosa reclamación contra o goberno do concello da Laracha polo veto que este mantén sobre a A.V.V. “A Cutareira “ negándolle o dereito a participar na convocatoria anual de subvencións en igualdade de condicións que ao resto do asociacionismo de todo o concello.

Até 2006, e como en calquera outro concello, as asociacións veciñais podían optar a recibir subvencións sempre que cumpriran os requisitos loxicamente, mais a partir dese ano deixouse de contar con nós á hora da concesión de subvencións e nin tan sequera estamos convocadas.

QUE FIXEMOS AO RESPECTO?


Amosamos a nosa disconformidade no concello, informamos do que estaba pasando á veciñanza mediante o reparto do noso boletín (O Cutaxornal)e puxémolo en coñecemento das administracións (Valedor do Pobo).

Podes ver o informe anual do Valedor do Pobo clicando aquí (no referente á Cutareira busca o punto 1.13.3.1.3)

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 14-12-2010 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteo da Cesta do Nadal
O nº gañador do sorteo da Cesta do Nadal da A.V.V. "A Cutareira", celebrado onte día 10 de decembro, foi o 613.
Se dispós do boleto con este número, parabéns e xa sabes que dispós de 15 días a partir de hoxe para recoller o premio.

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 11-12-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [33]
© by Abertal