A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión á península do Morrazo

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 12-08-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Centos de troitas mortas no río Anllóns
A pasada fin de semana, detectouse un verquido superior ao habitual, no límite superior do couto de pesca da Laracha, procedente, presuntamente, da depuradora desta mesma localidade.

O luns día 11 de xullo, comenzaron a aparecer os primeiros cadáveres das troitas, flotando río abaixo sendo o servicio de gardas da Xunta de Galicia quen se encargou de retirar varios centos de troitas con medidas comprendidas entre os 5 cm. (a cría deste ano) ata os 40 cm.

Durante, aproximadamente uns cincocentos metros augas abaixo da depuradora o río atópase, agora mesmo, completamente morto...

Información extraída da páxina web da Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos, Fario.

O BNG levou o asunto ao Parlamento Galego, atendendo á denuncia formulada por Fario.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 16-07-2011 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Por que chama a atención que o cartel dun circo estea escrito en galego?
Se a lingua galega estivera normalizada non sorprendería a ninguén ver o cartaz dun circo escrito integramente en galego, pois sería algo normal e usual...entrementres, cando esta situación non "chega", para moitas e moitos de nós é motivo de alegría. Oxalá servira de exemplo...
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 07-07-2011 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración convocada pola ANPA do Otero Pedrayo
Case un centenar de nais, pais e alumnado acudiron hoxe, luns 20, á concentración convocada pola asociación de Nais e Pais do Colexio “Otero Pedrayo” da Laracha na “Plaza do Generalísimo Franco” para demandar solucións ante o estado deficitario en que se encontra o colexio e que desde a entidade veñen denunciando desde hai tempo sen que se teña producido ningún tipo de información por parte das distintas administracións competentes: Concello e Xunta.

Ler máis...


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 20-06-2011 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
A ANPA O Acevo convoca unha concentración para reclamar melloras no CEIP Otero Pedrayo

A ANPA do CEIP "Otero Pedrayo" da laracha denuncia a través do seu boletín, “A Pita de Monte”, a situación de deterioro en que se atopan as instalacións do colexio e poñen en coñecemento das nais e pais do alumnado “dúas situacións graves ou incluso moi graves” que se teñen detectado. Refírense concretamente as deficiencias estruturais do edificio “vello”, que poñen en perigo as vidas do alumnado en caso de incendio (unha vez escoitado o informe emitido polos bombeiros tras o último Simulacro de Evacuación) e tamén ao mal estado en que encontra a instalación eléctrica do edificio.

Así mesmo, reclaman obras de mellora e ampliación tales como a instalación dun ascensor e un patio cuberto pero desde a entidade afirman que “non sabermos concretamente os plans da Consellaría”.

Por todos estes motivos e ante a falta de resposta por parte da administracións competentes así como polo mal estado da instalación eléctrica do colexio, convidan a toda a comunidade educativa a asistir a unha concentración na Plaza do Generalísimo Franco (fronte ao Concello) o luns, 20 de xuño, ás 20:00h, baixo o lema: “POR UN COLEXIO SEGURO E EN CONDICIÓNS.”

Fonte de información: “A Pita de Monte.” Nº 2.


Podes ver aquí o vídeo das distintas intervencións da Reunión da Comisión 4ª. Educación e Cultura, do día 20 de abril de 2011 no Parlamento Galego, onde se trata o tema da construción do novo edificio prometido polo Conselleiro de Educación así como o pavillón cuberto proposto, o mesmo día, polo alcalde do noso concello. Ambas promesas foron calificadas pola oposición larachesa de "propagandística."
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 19-06-2011 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
A redución do profesorado durante este curso foi de máis de 200, pero non pasa nada...

O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, afirma nunha entrevista publicada no xornal, “El País” , que neste curso escolar a redución de proferorado foi de máis de 200 , pero que “non pasa nada”.

Así, á veciñanza Larachesa xa nos queda máis claro que as reclamacións do Instituto “Agra de Leborís” e do CEIP “Otero Pedrayo” non están xustificadas, pois en palabras do propio Conselleiro: ”é moi triste criticar o número de profesores”.

Para o Conselleiro (PP) o verdadeiro problema era a lingua galega, por iso o “Decreto do plurilingüismo eliminou un problema” a pesar que reduce o galego nas aulas por primeira vez desde a chegada da “democracia”.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 05-06-2011 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Novo recorte de profesorado no Agra de leborís
A ANPA “Manuel Murguía” do Instituto da Laracha "Agra de Leborís", denuncia o novo recorte de profesorado que o actual goberno da Xunta de Galiza acaba de impoñer citado centro de ensino ao deixar sen cubrir unha praza definitiva de profesor de inglés para o vindeiro curso escolar. Das 3 prazas definitivas que deixan 3 xubilacións, só se cobren 2. Ler máis...

Desde "A Cutareira" apoiamos as xustas demandas da ANPA do Intituto "Agra de leborís" na dura e sufrida labor que están a levar a cabo en favor de toda a comunidade educativa, de toda a sociedade larachesa e na defensa dun sistema educativo público de calidade. A ANPA Manuel Murguía chegou incluso a levar as súas queixas ao Parlamento Galego.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 24-05-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados das eleccións no noso concello

Na imaxe os resultados saídos das urnas das eleccións municipais 2011 e na foto inferior os das eleccións anteriores (2007).
Comentarios (3) - Categoría: A Laracha - Publicado o 23-05-2011 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Paremos os ataques contra o galego
MANIFESTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


As galegas e os galegos festexamos no Día das Letras o feito de termos un idioma propio, milenario e fértil. Celebramos a lingua que nos une; a fala que herdamos e queremos deixar en herdo; a escrita que nos pensa, nos canta e nos soña.

Mais neste Día das Letras do ano 2011 non só podemos festexar e celebrar. Tamén nos vemos na necesidade de chamar a atención sobre os ataques que está a recibir nestes momentos o noso idioma. Estas inxustas agresións poñen en perigo o futuro da nosa lingua e da nosa cultura, ademais de debilitaren gravemente a convivencia e a cohesión social do país.

Temos que erguer a nosa voz para denunciar que a indefesión dos nosos dereitos lingüístico...ler máis…


A plataforma cidadá “Queremos galego” convoca a todo o pobo a unha mobilización expansiva que se levará a cabo en moitos concellos galegos e tamén na emigración.

En Carballo a concentración será no Paseo do Anllóns e en Arteixo no Anfiteatro do Paseo Fluvial todos eles ás 12 da mañá do martes 17, Día das Letras Galegas.
Comentarios (1) - Categoría: Lingua - Publicado o 15-05-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea extraordinaria
O sábado 14 de maio, celebraremos unha asemblea extraordinaria coa seguinte orde do día:

- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Elección da nova xunta directiva para os dous anos seguintes.



A asemblea terá lugar no bar “Los Alpes” (Rúa Médico David Mallo) o sábado 14 de maio, ás 18:30h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda convocatoria.


Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 13-05-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal