Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALLEGO= TONTO, TARTAMUDO
Ven de crearse a "Asociación Cultural Garipano" co firme propósito de conseguir erradicar os significados incompletos e pexorativos que se poden observar sobre o termo "gallego" no dicionario da RAE (Real Academia Española). Segundo esta Academia, o termo "gallego" significa:

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.

A Asociación Cultural Garipano explica que: Despois de moita investigación e tempo dedicados a contactar coas Academias de América do Sur, descubrimos que os significados de "tonto" e "tartamudo" son irreais tal e como os amosa a Academia. Cremos como asociación que níngunha comunidade de persoas merece ser abafallada en ningún lugar e moito menos nunha obra académica de tal "prestixio...
.... De todos xeitos, cremos que os insultos a ?minorías? non deberían ser amosados en ningún dicionario e menos inda se os seus usos son moi limitados como no caso de ?tonto? e ?tartamudo?. Sinalar que segundo todo o que acabamos de dicir, tamén se deberían incluír os termos de ?bruto? para ?Vasco? e ?agarrado? ou ?tacaño? para ?Catalán? xa que son moi empregados na fala e coñecidos por todos. Mais o noso propósito non é aldraxar a ninguén nin afrontarnos a ningunha persoa (tampouco apoiamos a introdución destes usos despectivos nos correspondentes termos), senón condenar e pedir con total seguridade e firmeza que os significados de ?tonto? e ?tartamudo? sexan eliminados da definición de ?gallego? xa que non veñen a conto.


Para conseguir estes propósitos, a Asociación está realizando unha recollida de sinaturas masiva a través da páxina web:
http://www.aproldalinguagalega.org

Vai RAEñala

CLICA AQUÍ SE QUERES VER O VÍDEO ONDE FRANCISCO RODRÍGUEZ EXPÓN ESTE ASUNTO CUNHA TREMENDA CLARIDADE.
gallego, tonto, tartamudo
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 24-11-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
FEIJOO CONTRA O ENSINO EN GALEGO
O presidente do PP de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, declarou nunha conferencia en Madrid, xunto a Mariano Rajoy, que de chegar a Presidente da Xunta derrogaría o Decreto do galego no ensino, restando así dereitos á nosa língua con respecto á língua castelá.

Lembremos que mentres durante décadas se impartiron a totalidade das asignaturas unicamente en castelán, o PP nunca denunciou nin obxectou nada a pesar de que a desigualdade entre ambas línguas era do 100%.

Tamén Carlos Callón, presidente d?A Mesa pola Normalización Lingüística, se pronunciou ao respecto e acusou ao PP de liderar grupos de presión contra a nosa língua ?Tanto Raxoi como Feixoo utilizan as mesmas tácticas que Acebes e Zaplana: menten, ocultan a realidade e desprezan profundamente a cultura de Galiza, a pesar de seren galegos?.

Precisamenete para o día 26 deste mes está convovada unha folga estudantil baixo o lema ?PAREMOS AS AGRESIÓNS CONTRA O GALEGO? debido ao incumprimento na maior parte dos centros de ensino do R.D. 124/2007 que regula o galego nos mesmos.

As larachesas e os laracheses, o pobo galego, debe ter coñecemento destas actuacións que atentan contra o noso máis prezado signo de identidade: a nosa língua. Quen pretende aplicar estas políticas para que que a única língua que teña dereitos na nosa terra sexa precisamante a língua propia de Castela non merece a nosa confianza e parécenos unha traizón, unha burla e un enorme falta de respecto ás galegas e aos galegos.
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 23-11-2008 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO VECIÑO XABIER DÍAZ
Xabier Díaz (A Coruña, 1969). Músico e compositor, compaxina ambas facetas profesionais coa súa longa laboura como investigador e compilador do noso folclore tradicional.
Ao longo da súa carreira son destacábeis múltiples colaboracións en concertos e traballos discográficos con diversos artistas e formacións como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful e Nordestinas.
En 2003 participa no espectáculo ?Cantos na Maré? (2003) xunto con Uxía senlle, Manecas Costa, Chico césar e Filipa Pais entre outros. Un ano espois, desta volta co guitarrista Guillermo Fernández, edita o disco ?Músicas de Salitre" traballo que os levará a ser finalistas nos premios da Academia da Música no 2005, acadando ademáis o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.
Na actualidade compaxina a súa actividade como cantante titular da compañía Nova Galega de Danza na que xa ten realizado os espectáculos ?Alento? (2005) e ?Engado? (2006) coa dirección e copresentación do espazo radiofónico ?Tres Peixes Voando?, da Radio Galega Música, xunto con Guillerme Fernández e Ugía Pedreira. É tamén, desde principios de ano, o novo vocalista de Berrogüeto.
No seu segundo traballo ?Coplas para Icía? (2007), rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do estenso traballo que el mesmo leva a cabo entre os anos 1990 e 2000. En ?Coplas para Icía? ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Xabier Díaz
é desde hai xa varios anos, un larachés máis.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 17-11-2008 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
HALLOWEEN? NON,GRAZAS: SAMAÍN!
A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno.
Nesta noite, séculos atrás, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío, á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos buscaba un camiño para reunirse cos seus antepasados mortos. Por iso, preparaban alimentos e agasallos para os parentes mortos, pàra que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar as súas familias e as súas antigas casas para comeren nas mesas e quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ?que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

QUE POBOS CELEBRABAN O SAMAÍN?

Os pobos (celtas) habitantes de Galiza,Asturias Cantabria,Euskadi, norte de Portugal...
Polo tanto, o SAMAÍN, é unha festa tradicional propia dos pobos que habitaron Galiza séculos atrás e que está en proceso de recuperación no noso país. "Halloween" é un festa comercial estadounidense con intereses puramente consumistas.

ESTACIÓNS DO ANO CELTA

O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:
Samain, 1 de novembro, comezo do inverno: a estación sombría
Beltain, 1 de maio: o comezo do verán
Había outra celebración central: de equilibrio:
Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos.
E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:
Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 21-10-2008 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
A LARACHA FOI REPUBLICANA
O vindeiro domingo, día 26 de outubro, ás 17:00, A REVOLTAINA DE BERGANTINHOS organiza unha exposición fotográfica e conferencia sobre ?A Laracha na 2ª República? a celebrar na Aula Cultural de Caixa Galicia situada na Avda de Fisterra da capital do concello.
Colaboran neste acto a Deputación da Coruña, a ?Asociación Cultural Quinta Feira? e o ?Obradoiro da Historia?.
Éxcelente ocasión para obter información sobre unha época que aínda a día de hoxe se mantén ?ocultada?.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 21-10-2008 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
POR UN NOVO MODELO SOCIOECONÓMICO
A crise económica que estamos a vivir pode ser un bo momento para reflexionar, para abrir un debate social, sobre as bondades ou non do actual sistema socioeconómico de capitalismo neoliberal, quen se está a beneficiar del, a que intereses de clase responde e se existen modelos económicos e sociais alternativos.
O modelo de capitalismo neoliberal, hexemónico no mundo desde inicios da década dos oitenta, sacraliza a economía de libre mercado, defende o mercado como o verdadeiro e único regulador da produción e comercialización de bens e servizos, é contrario a calquera intervención do Estado na planificación económica e busca maximizar a taxa de beneficio do capital. Detrás desta aparente liberdade nas relacións económicas existe todo un engano.
Para máis información clica aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 12-10-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DO CUTAXORNAL
Ola, amigas e amigos:
Nesta segunda semana do mes de agosto, vimos de rematar o 1º número do xornal informativo da A.V.V . A Cutareira, e que leva por nome ?O CUTAXORNAL?. Un xornal co que pretendemos darmos a coñecer mellor a Entidade así como parte do traballo que levamos feito desde a súa creación, e tamén para poñermos en coñecemento da veciñanza temas de actualidade tanto do noso concello como fóra del, atendendo sempre ao interese xeral.
A recente creación deste Blog obedece aos mesmos motivos de creación ca ?O Cutaxornal?, ou sexa para tratarmos de comunicar ao máximo número de persoas posíbeis o noso traballo, as nosas demandas, queixas, reclamacións, suxerencias, propostas ou calquera outro tema que poida xurdir.
Por todo isto, e para todas as persoas a quen non poidemos entregarlle unha copia desta primeira publicación do xornal, procedemos agora a publicalo neste mesmo BLOG. A calidade coa que se pode visualizar non é a mellor posíbel, isto é debido á imposibilidade de inserir copias que ocupen demasiado espazo no propio Blog.
Temos intención de realizar esta publicación regularmente ao longo do ano, xa que cremos que é algo moi importante e interesante para a asociación.

A Asociación veciñal deséxavos a todas e a todos, que pasedes unhas boas festas e sobre todo?saúde!
Comentarios (2) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 15-08-2008 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Páxina 8 (O Cutaxornal)
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 15-08-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Páxina 7 (O Cutaxornal)
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 15-08-2008 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Páxina 6 (O Cutaxornal)
A asociación veciñal A Cutareira da Laracha repartirá libros aos nenos a cambio dun debuxo
Comentarios (1) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 15-08-2008 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0