A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguen as queixas no Otero Pedrayo da Laracha

A ANPA, “O Acevo”, do CEIP Otero Pedrayo da Laracha convocou onte una concentración na “Plaza do Generalísimo Franco” para denunciar a falta de profesorado en 4º de primaria e tamén para demandar o aumento de prazas no comedor escolar -este curso escolar 42 alumnos ficaron sen praza-. Á convocatoria acudiron perto de 200 persoas.

Xa non se lembran tantas queixas e protestas nos centros educativos laracheses como as que levan acontecendo desde dous últimos anos. Reduccións de profesorado, falta de investimentos nos colexios públicos e contínuos conflitos, agora tamén co propio profesorado, fan que as protestas se repitan continuamente ao longo do curso.

NOVAS RELACIONADAS COS CENTROS ESCOLARES DA LARACHA.

-Concentración convocada pola ANPA do Otero Pedrayo.
-A ANPA O Acevo convoca unha concentración para reclamar melloras no CEIP Otero Pedrayo.
-Reaccións á visita do Conselleiro de Educación ao Otero Pedrayo.
-Novo recorte de profesorado no "Agra de Leborís".
-Máis queixas no Otero Pedrayo.
-A ANPA Manuel Murguía acode ao Parlamento Galego.
-Concentración en apoio dun ensino público e de calidade.
-Comunicado público en apoio da ANPA Manuel Murguía.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 01-10-2011 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Venda de parcelas no polígono industrial

A entidade Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA), promotora da urbanización do parque empresarial da Laracha, mantén aberto o prazo para a venda de parcelas do polígono industrial desde o 9 de setembro, data en que foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As empresas interesadas disponen do prazo dun mes, para presentar as súas ofertas na sede de Suelo Empresarial del Atlántico (polígono das Fontiñas, Área Central, 1ª planta, local 32,B-D. 15707.Santiago de Compostela.)

Máis información aquí.

Podes consultar as bases do concurso aquí.

Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 15-09-2011 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Sabemos realmente que pasou o 11-S?
Desde a A Cutareira pretendemos dar a posibilidade, ás mentes máis inquedas e incorformistas, de coñecer distintas versión ao ocorrido hai agora 10 anos nos titulados “Atentados do 11-S”. A globalización informativa, case sempre ao servizo dos intereses de grandes poderes económicos, ofrecen puntos de vista que en moitas ocasións distorsionan a realidade, monopolizando a información negándonos o dereito a una información veraz.
Facemos fincapé, una vez máis, en que o que pretendemos e dar a coñecer un punto de vista distinto que os medios convencionais non dan. Que cada quen forme a súa propia opinión.


Xa pasaron 10 anos desde que aconteceron os tráxicos sucesos do 11 de setembro 2001. A maioría da opinión pública é unánime: o goberno dos Estados Unidos deixou claro que había algo que ocultar. Moita xente, sexan funcionarios da Casa Branca ou encargados da loita contra o terrorismo, antigos membros da Comisión Nacional de Investigación, moitos deles, foron pouco a pouco desvinculándose dunha versión oficial que simplemente non ten sentido. O analista norteamericano Wayne Madsen, antigo experto en intelixencia do goberno de EEUU na National Security Agency (NSA) relata esta ampla operación de encubrimento. Ler máis...



Thierry Meyssan, presidente da Red Voltaire, periodista e autor do Best Seller traducido a 27 linguas «La Gran Impostura. Ningún avión se estrello en el Pentágono»: "No atentado sobre o Pentágono, hai tantas contradicións na versión oficial, que tememos que ela tende a ocultar outra realidade". Ler máis...
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 11-09-2011 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lotaría do Nadal

Desde hai uns días xa temos a túa disposición a lotaría do nadal. Estámola a distribuír por varios locais da Laracha: Cafetaría "La Dolce", Bar "Ronda", Bar "Santiagos", perruquería "Masús", perruquería "Cecilia", perruquería "Mari Carmen" (A Cheda), Bodegón "Fraga", "Ambigú", Bar "Sandra", Cafetaría "Encontro"...
Se o prefires tamén podes poñerte en contacto coa asociación a través deste mesmo correo (acutareira@yahoo.es) e encargarémonos de proporcionarcha.

Sorte!
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 09-09-2011 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ao Morrazo

O pasado domingo día 4 de setembro organizamos unha nova excursión, nesta ocasión á comarca do Morrazo onde visitamos as vilas mariñeiras de Moaña e Cangas do Morrazo. A continuación, tras un estupendo xantar en Moaña fomos ao Hío a coñecermos un dos cruceiros máis famosos de toda Galiza: o Cruceiro do Hío, tallado no século XIX sobre unha única peza polo mestre pontevedrés, Cerviño.

Continuando co percorrido achegámonos a un espectacular miradoiro natural sobre as Illas Cíes, Ons e Cabo do Home desde o Monte do Facho (Donón).

E xa comezamos o camiño de volta bordeando toda a costa da península do Morrazo pasando por Aldán, Bueu e Marín.

Neste tipo de actividades nas que pretendemos coñecer máis e mellor a nosa cultura, as nosas paisaxes e as nosas vilas, sérvennos tamén de excelentes xornadas de convivencia facendo que cada vez teñan máis aceptación entre a veciñanza; por iso as 55 prazas esgótanse aos poucos días.(Fotos)

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 05-09-2011 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comarca Natural de Bergantiños
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños editou e presentou o pasado mes de outubro o libro "Comarca Natural de Bergantiños". Esta obra, de Salvador Parga Pondal, é o primeiro traballo que estuda polo miúdo a comarca de Bergantiños desde a súa globalidade, demostrando un perfectísimo coñecemento de cada recanto da terra bergantiñá, recuperando a memoria dunha etapa da historia da comarca de Bergantiños que servirá para que os bergantiñáns, en xeral, e os docentes e dinamizadores da comarca, en particular, obteñan unha ferramenta coa que coñecer cada vez mellor a terra na que viven e, sobre todo, na que traballan.

A obra está ilustrada con 48 magníficas fotografías en BN sacadas polo laxense insigne Xosé Vidal e tamén polo fotógafo santiagués Ksado. O filólogo Xosé Manuel Varela Varela encargouse da tradución do castelán para o galego e da supervisión de probas de imprenta. José María Varela Martínez levou a cabo o traballo de coordinación do proxecto á hora a da súa presentación e divulgación ó longo da comarca.

Podes descargar o libro en PDF aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 03-09-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
A reforma da Constitución
MANIFESTO "NON A ESTA REFORMA DA CONSTITUCIÓN"

O acordo alcanzado para acometer unha reforma constitucional “exprés” vén precedido dunha actividade especulativa desmedida contra as emisións de débeda pública, e de requirimentos formulados desde o Banco Central Europeo, unha institución monetaria cuxo funcionamento e sistema de escolla dos seus representantes carecen de lexitimidade e control democráticos.

Ao longo dos últimos anos vimos sufrindo as consecuencias que a ríxida política de redución do gasto público provoca ás persoas en situación máis desfavorecida e no deterioro de servizos públicos básicos, como a sanidade, os servizos sociais ou o ensino, ben como á nula contribución para a recuperación económica.


Ler máis...


Asinar o manifesto
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 01-09-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Debe haber un referendum?
Vicenç Navarro promove unha acción de recollida se sinaturas para solicitar un referendum para ratificar a Reforma da Constitución que acordaron mutuamente o goberno do estado (PSOE) xunto co PP.

VicenÇ explica que unha décima parte dos Deputados ou dos Senadores pode solicitar un referéndum vinculante sobre o estabelecemento dun límite ao déficit público e afirma que “limitar o déficit é limitar a inversión na sociedade. Con isto, o Goberno poderá deixar a persoas coma ti na cuneta. Pero podemos deter esta iniciativa.”

O Catedrático pensa que é moi importante a mobilización da cidadanía porque esa medida afectaría moi negativamente ao Estado do Benestar español que está hoxe financiado predominantemente a nivel das CCAA, e que limitar o seu gasto implicaría limitar o pouco desenvolvido Estado do Benestar. Tamén nos lembra que o estado español é un dos que menos gasto público social ten da Unión Europea.

Ler máis…

Vicenç Navarro foi Catedrático de Economía Aplicada Na Universidade de Barcelona. Actualmente é Catedrático de Ciencias Políticas e Sociais da “Universidade Pompeu Fabra” (Barcelona, España). É tamén profesor de Políticas Públicas en “The Johns Hopkins University” (Baltimore, EEUU) onde impartiu docencia durante 35 anos. Dirixe o Programa en Políticas Públicas e Sociais patrocinado conxuntamente pola Universidade Pompeu Fabra e The Johns Hopkins University. Dirixe tamén o Observatorio Social de España.
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 27-08-2011 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de fotografía
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2011 e estas deberán presentarse nas oficinas do GDR “Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños” localizadas no lugar A Camposa, s/n en Buño (Centro Comarcal de Bergantiños), en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.
Ler máis...


BASES DO CONCURSO
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 24-08-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
17 de agosto, Día da Galiza Mártir
A Fundación “Alexandre Bóveda” fará entrega do premio “Galiza Mártir”, este mércores 17 de agosto a Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo".

O premio que ven outorgando a Fundación desde o ano 2006 obedece ao fin de lle recoñecer a unha persoa, grupo de persoas ou entidades o labor de recuperación da memoria histórica no noso país. O acto de entrega levarase a cabo durante un xantar no Pazo da Cultura en Pontevedra após os actos de homenaxe que se lle tributan a Alexandre Bóveda ao longo da mañá na Caeira, lugar onde foi asasinado ese mesmo día hai agora 75 anos.

Alexandre Bóveda foi un dos grandes impulsores do Estatuto de Autonomía do 36 que o golpe de Estado do Xeneral Francisco Franco impediu que se fixera efectivo esmagando así os desexos e as ilusións do Pobo Galego de contar cun Estatuto para o noso país. Mais canda os desexos de prosperidade para a Galiza tamén foron truncadas as vidas de moitos galegos por defenderen as ideas de progreso e liberdade que promovía unha república votada democraticamente.

Bóveda foi detivo polos militares sublevados contra República, acusado de “traizón” o 20 de xullo e condenado a morte o 13 de agosto dese ano cando contaba con tan só 33 anos. Na súa declaración final que lle obrigaron a asinar transcrita ao castelán, dicía:
"A miña patria natural é Galiza, ámoa fervorosamente. Endexamais a traizoaría aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa máis alá da miña morte. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese".


Vídeo do acto de homenaxe na Caeira coas Intervencións de Silvia Díaz (Concelleira de Cultura de Poio), Fernando Quintela (Presidente da Fundación "Alexandre Bóveda"), Amalia Bóveda (Filla de Alexandre Bóveda) e Xosé Luís Bóveda (Fillo de Alexandre Bóveda)
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 16-08-2011 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal