Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CORRECCIÓN TOPONÍMICA NA LARACHA
Os letreiros de sinalización do noso o Concello están a ser renovados despois de que a veciñanza o reclamara a través desta asociación, mediante dous escritos entregados no rexistro do concello. A Xunta de Goberno Local ven de solicitar á Deputación da Coruña 65000? para o financiamento da instalación de sinalización vertical nas parroquias e poder así para continuar con este traballo.

Das nosas reclamacións feitas no seu día, tamén se fixo eco a prensa, que entendeu a queixa totalmente xustificada xa que no Concello da Laracha NUNCA tivemos uns letreiros que reflectiran a realidade da nosa toponímia nin tampouco, até agora, o Goberno da Laracha lle dera importancia algunha a este feito.

Agardemos que a nova rotulaxe se faga correctamente e que desaparezan dunha vez por todas letreiros como ?Casabella? (en lugar de ?A Casavella?) en Montemaior, ?San Cristobo? (en lugar de ?San Cristovo?) ou ?Igresa? por ?Igrexa? tan común este último en todas as parroquias do concello.

No Nomenclátor da Xunta de Galiza podes ver toda a toponímia oficial do noso país.
Se queres consultar o que di o artigo 10, punto 1, da Lei de Normalización Lingüística podes facelo desde aquí.

Foi noticia no Cutaxornal
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 09-02-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
OLLO COAS HIPOTECAS
Se te fixeches cunha propiedade nestes dous últimos anos, ben sexa vivenda, terreos..., e estás pagando un préstamo é posíbel que xa recibiras unha carta da Consellaría de Economía e Facenda reclamándoche uns cartos que debes á Administración pola compra en cuestión.

Isto ocorrerache se, poñamos un exemplo, escrituraches unha vivenda e no contrato da hipoteca consta un valor de taxación por enriba do valor de compra. A administración pode, entón, reclamar o 7% da diferenza entre o valor de compra e o valor da taxación que efectúa a entidade financeira e que consta na escritura da Hipoteca (toma como referencia o valor de taxación, non o de compra). Ese 7% corresponde ao chamado Imposto de Transmisións Patrimoniais (I.T.P.)

Xa sabemos que son moitas as persoas que prefiren inflar o valor de taxación do inmóbel para dispoñer así de máis cartos en efectivo para destinalos ao que máis lle conveñan, tendo en conta que estes cartos teñen un tipo de xuro hipotecario, ou sexa máis baixo ca un préstamo persoal. Pero tamén debemos ter en conta a información dada anteriormente e valorar o que convén ou non, porque son moitas as persoas que están a levar unha importante sorpresa.


La Opinión de A Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 09-02-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA CONTRA A NOSA LINGUA
No día de hoxe, varias centos de persoas manifestáronse en Compostela nun acto convocado por ?Galicia Bilingüe? en contra da Lei de Normalización Lingüística e do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobados ambos no Parlamento Galego e por unanimidade polos nosos representantes políticos (BNG, PPdeG e PSde G-PSOE).
Ao acto asistiron forzas de corte ultradereita como a Falange e UPyD (liderado pola ex PSOE Rosa Díez) e unha boa representación de altos cargos do PP (Corina Porro, Alfonso Rueda, Ana Pastor...). Nin que dicir ten que as demandas da manifestación non son amparadas nin pola Constitución Española nin polo Estatuto de Autonomía.

A Mesa pola Normalización Lingüística, cualificou a de hoxe como unha "manifestación do odio e a intolerancia, tristemente apoiada polo PP" e di que ?chama a atención os apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica e ao comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA?.

Desde A Mesa manifestan a súa ?defensa da igualdade xurídica e social do castelán, a lingua oficial do Estado, co galego, a lingua natural de Galiza? e conclúen: ?Quen honestamente diga defender o bilingüismo, debería apoiar o idioma que está discriminado e non saír en manifestacións para que se machaque aínda máis.?

Máis información aquí
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 08-02-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS PARA OS DANOS PRODUCIDOS POLO VENTO
Na seguinte ligazón podes descargar as bases para solicitar as axudas que a Xunta de Galiza destina a persoas ou entidades que sufriron desperfectos ocasionados polo temporal de vento do pasado mes de xaneiro.

AXUDAS POLO TEMPORAL

Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 05-02-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
E ESA PRAZA QUE ÍA FACER NA ?EXPLANADA DA PISCINA??
Hai case 2 anos que o goberno do concello informaba que se ía construír unha nova praza pública de máis de 3000 metros cadrados na zona popularmente coñecida como ?explanada da piscina?.

Chegouse a un acordo con algunhas das persoas propietarias para modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, e foi así, como o que inicialmente ía ser un terreo destinado a vivendas unifamiliares pasou a converterse en terreo destinado á construción de pisos e a unha praza pública.

Concretamente a superficie de solo non ocupado polo bloque residencial serían 4.530 m2 e estarían destinados a viario e dotacións públicas. A praza pública ocuparía 3.255 m2 e habería un espazo libre fronte á piscina de 1.275 m2.

POR QUE AÍNDA NON SE EXECUTOU A OBRA?

Algúns dos propietarios das fincas que se sentían prexudicados recorreron a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e o caso está pendente de resolución na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Se queres máis información clica aquí.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 04-02-2009 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Cutaxornal 2 (1/4)
Ver O Cutaxornal 2 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 06-01-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Cutaxornal 2 (2/4)
Ver O Cutaxornal 2 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 06-01-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Cutaxornal 2 (3/4)
Ver O Cutaxornal 2 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 06-01-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
O Cutaxornal 2 (4/4)

Ver O Cutaxornal 2 con mellor calidade aquí
Comentarios (0) - Categoría: O Cutaxornal - Publicado o 06-01-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
RECLAMAMOS PISTAS POLIDEPORTIVAS AO AIRE LIBRE
ENTREGADO NO REXISTRO DO CONCELLO


A Laracha, 02 de xaneiro de 2009



Xosé Mª Cotelo Freire, presidente da Asociación veciñal de Torás-A Laracha ?A Cutareira?

EXPÓN:

A parroquia de Torás, con máis de 3000 habitantes é a máis poboada de todo o concello, por este motivo poderiamos pensar que é a que conta con máis oferta de servizos públicos desde o Concello, dada a concentración demográfica, en cambio, no que atinxe a espazos abertos para practicar deporte libremente, non é así.

Para dar servizo a máis de 3000 persoas, tan só contamos cun reducido e insuficiente espazo de menos de 100m² e unha única canastra, situado no Parque Maximino Canedo. Non temos nin unha soa portería, e nas prazas públicas, loxicamente están prohibidos os xogos con balón. Ante esta situación, e se nas prazas públicas non se pode xogar ao balón, nin andar en bici (tampouco no paseo fluvial do río Anllóns) ...onde xogan as rapazas e os rapaces?

Curiosamente, hai outros lugares do concello como Cabovilaño, Lemaio, etc?que si que que contan con estas infraestruturas a pesar de que contan cun número moito menor de habitantes. Por exemplo a vila de Caión, onde no Campo da Ínsua, a veciñanza do lugar dispón de pistas deportivas sendo o único requisito para poder entrar dar un empurrón a porta.

Isto é precisamente o que se bota de menos na Laracha e que a veciñanza demanda: unhas pistas polideportivas ao aire libre para que poidan ser usadas con total liberdade sen ter que pedir permiso a ninguén para facer uso delas.

Os pavillóns polideportivos dos que dispoñemos a veciñanza do concello cumpren, seguramente, as súas funcións para as que foron concebidos, pero nada teñen que ver con estas instalacións que estamos a demandar, senón que unhas deben ser complementarias das outras, e en calquera caso necesarias ambas.

Pensamos que se debería de dotar á parroquia destos servizos porque entendemos que sería perfectamente asumíbel polo Concello, que é necesario, e que melloraría a calidade de vida da veciñanza.


SOLICITA:

Que o goberno do Concello teña en conta a demanda desta Asociación para dotar á veciñanza desta parroquia de espazos onde as rapazas e os rapaces poidan practicar deporte (fútbol, baloncesto, tenis?) ao aire libre e con portas abertas para que poida acceder quen o desexe no momento en que queira.


Asdo.:Xosé Mª Cotelo Freire
(presidente da A.V.V. A Cutareira)

Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 05-01-2009 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0