Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NON TE ESQUEZAS!!
Os días 13, 14 e 15 de marzo convidámoste a que visites a exposición fotográfica que estará exposta na Aula Cultural de Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63, enriba da oficina da mesma entidade).

A exposición está composta de 550 fotografías e os temas sobre os que trata son moi variados. Así poderemos ver fotos familiares, de antigas formacións de equipos de fútbol do concello como o Laracha C.F., San Román, Paiosaco, antigas formacións do equipo de balonmán feminino, romarías, festas, os antigos trolebuses eléctricos, veciñas e veciños da Laracha anos atrás, manifestacións na capital larachesa, vodas, procesións, fotos da mili, da guerra, da emigración...e poderemos observar como foi mudando o aspecto do noso concello desde os anos 50.

Os horarios de visita son os seguintes:

VENRES 13: de 18:00 a 22:00

SÁBADO 14: de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 22:00

DOMINGO 15: de 11:30 a 14:00


Agradecemos en nome da asociación a todas as persoas que colaborastes para que este bonito traballo se puidera levar a cabo xa que sen vós isto sería inviábel.

NOTA:Como podes supoñer, este acto ten uns gastos (impresión, decoración, etc...) que a Asociación debe asumir. Para facermos fronte a estes gastos pediremos a cada visitante 2? que servirán para custear a exposición e para posibilitar que poidamos levar a cabo máis actos deste tipo (quen sabe se outra exposición aínda maior!)
Agardamos que todo sexa do teu agrado, pois está feita con moita ilusión e quedan atrás, moitos, moitos días de intenso traballo.


Vémonos durante a fin de semana.
Non faltes, pasamos lista!

Unha aperta.


Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire
(presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira?)
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 11-03-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A NOSA LÍNGUA
Cantas veces temos escoitado a determinadas clases políticas que en Galiza non hai ningún conflito lingüístico, que en Galiza hai dúas línguas que conviven en paz, que existe un bilingüismo harmónico ou incluso que non se pode impoñer o galego, língua natural do pobo galego. Máis poucas veces se fala da imposición secular que sufrimos desde hai máis de 500 anos onde en ningún momento a nosa língua ocupou o lugar que debera, e onde aínda hoxe segue sen facelo.

É posíbel que esteamos vivindo un momento transcendental para o futuro da nosa língua despois de ver como, xa abertamente, desde o propio goberno da Xunta de Galiza se ataca sen prexuízos de ningún tipo á nosa língua.

Seremos nós, as galegas e os galegos quen deberemos decidir o que queremos para a nosa língua, defendela e facela respectar ou deixar que se desangre paseniñamente sen facer nada ante estes ataques premeditados que pretenden restar dereitos á língua galega.

O pobo galego foi conformando ao longo de séculos de existencia a súa obra cultural máis prezada e que nos identifica como galegas e galegos: a lingua galega. Se a deixamos morrer desapareceremos como pobo diferenciado.
Xa o dicía Castelao en ?Sempre en Galiza?: ?se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma?

O Estatuto de Galiza di no artigo nº 5 que a lingua propia de Galicia é o galego. Sendo a nosa língua propia non pode nunca estar en inferioridades de condicións ca o castelán (que tamén é língua oficial en Galiza). Tan só estamos tratando de poñer á mesma altura a nosa língua ca o castelán, e aínda iso molesta a determinados poderes económicos e políticos que intentan dominar o noso país.


ESPERTA NAZÓN DE BREOGÁN!!
Comentarios (1) - Categoría: Lingua - Publicado o 10-03-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
A QUEN MOLESTA O GALEGO?
Chegou o Sr. Feijoo ao goberno e o primeiro que prometeu foi derrogar o R.D. 124/2007 do galego no ensino. Este R.D. foi redactado en aplicación ao Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no 2004, sendo presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne e pretende garantir un mínimo do 50% do ensino en galego.

Mentres Fraga, o que fora Ministro na ditadura franquista entre 1962 e 1969, e sendo presidente da Xunta de Galiza con maioría absoluta, aprobaba medidas de protección necesarias para a língua galega, para Feijoo son vistas como imposición da língua.

É a primeira vez desde a entrada da ?democracia? que desde o Goberno da Xunta de Galiza se pretende, abertamente, reducir dereitos e liberdades para á nosa língua.

Semella que Feijoo pretende gobernar Galiza obedecendo ás directrices que lle marcan desde Madrid e ignorando que temos unha língua propia. Debe lembrar este Sr., que quen está claramente en inferioridade de condicións é precisamente a nosa língua, non o castelán; e que se pretende, tal e como di, gobernar para todas e todos, non poderá facelo se promove e leva a cabo medidas que ataquen e discriminen ao galego.

A partir de hoxe abrimos un novo cartafol na sección de CATEGORÍAS titulado ?Língua? no que iremos inserindo artigos referentes á nosa língua.
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 08-03-2009 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
PEPO SUEVOS NA LARACHA

Lembra que esta sexta feira (venres), día 6 de marzo estará con todas e todos nós Pepo Suevos.

UN CONSELLO: SE NON CHE SENTA BEN A RISA NON VAIAS, PODES PASALO MOI, MOI MAL.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 04-03-2009 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA LARACHA

Os días 13, 14 e 15 de marzo convidámoste a que visites a exposición fotográfica que estará exposta na Aula Cultural de Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63, enriba da oficina da mesma entidade).

A exposición está composta de 550 fotografías e os temas sobre os que trata son moi variados. Así poderemos ver fotos familiares, de antigas formacións de equipos de fútbol do concello como o Laracha C.F., San Román, Paiosaco, antigas formacións do equipo de balonmán feminino, romarías, festas, os antigos trolebuses eléctricos, veciñas e veciños da Laracha anos atrás, manifestacións na capital larachesa, vodas, procesións, fotos da mili, da guerra, da emigración...e poderemos observar como foi mudando o aspecto do noso concello desde os anos 50.

Os horarios de visita son os seguintes:

VENRES 13: de 18:00 a 22:00

SÁBADO 14: de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 22:00

DOMINGO 15
: de 11:30 a 14:00


Agradecemos en nome da asociación a todas as persoas que colaborastes para que este bonito traballo se puidera levar a cabo xa que sen vós isto sería inviábel.


Asdo.: Xosé Mª Cotelo Freire

(presidente da Asociación Veciñal ?A Cutareira?)

Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 28-02-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
3º DA E.S.O. DO I.E.S. AGRA DE LEBORÍS DA LARACHA FINALISTA DO CORRELÍNGUA 2009.

O de 3º da E.S.O. do I.E.S. Agra de Leborís da Laracha chegou a ser finalista do premio CORRELÍNGUA 2009 que finalmente foi outorgado ao curso de 4º da ESO do C.P.I. de Panxón, a quen desde este sitio web felicitamos.

Todos os traballos foron elaborados a partir do lema do Correlingua 2009: ?En galego! Pásao?. O Manifesto gañador será lido nas catorce marchas a favor da lingua que percorrerán Galiza entre os días 5 e 15 de maio con inicio en Vigo e remate na Coruña.

Segundo a organización, arredor de 300 centros de ensino infantil, primario e secundario participaron nas diferentes modalidades, con traballos de grande calidade. O concurso de banda deseñada convócase entre grupos de Educación Infantil e Primaria, e o de manifesto entre o grupos de secundaria e bacharelato.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS_PG), a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, e os concellos de Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago, contando ademais coa colaboración de diferentes organismos do goberno galego e outros concellos de Galiza.

PARABÉNS A ORGANIZACIÓN E A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES, ESPECIALMENTE ÁS NOSAS VECIÑAS E VECIÑOS DO I.E.S. AGRA DE LEBORÍS.

MANIFESTO GAÑADOR
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 24-02-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
A CUTAREIRA CONVÍDATE A UNHA TARDE DE HUMOR NA COMPAÑA DE PEPO SUEVOS
A Asociación Veciñal "A Cutareira" convídate a pasar unha tarde de humor na compaña do humorista Pepo Suevos.

Será o venres, día 6 de marzo, ás 9 da noite na Aula Cultural de Caixa Galicia, situada na Avda. de Fisterra, 63.


Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 23-02-2009 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
DOA SANGUE

O vindeiro luns 23 de febreiro estará na capital do noso concello unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galiza, concretamente na Praza do Generalísimo situada diante da Casa do Concello.

Os horarios para a doazón son de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.

As condicións para poder doar sangue son as de sempre, ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos.



Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 21-02-2009 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SABEMOS DOS BIOCOMBUSTÍBEIS?
Inserimos neste blogue parte dun interesante artigo extraído de RevistaFusión. Como vés é algo extenso pero doado de entender e explica a relación directa que existe entre os denominados ?biocombustíbeis? e a suba de prezos experimentada nos últimos anos polos cereais, pan, penso, leite, etc... Agardamos que che sexa de utilidade ou que cando menos sirva para que coñezas a parte sobre a que os medios de comunicación convencionais falan moi pouco ou nada.

QUE SON OS BIOCOMBUSTÍBEIS?


Tendemos a asociar a palabra ?biocombustíbel? con ese novo carburante que vai facer funcionar o teu coche sen contaminar o medio ambiente. O sucio petróleo negro substituído polas verdes plantas. En concreto, cando falamos de biocombustíbeis referímonos ao que se coñece como biodiésel e como bioetanol. O primeiro obtense do procesamento de aceites vexetais da colza, palma africana, soia, xirasol ou millo. O segundo é un alcol que se obtén do azucre da remolacha ou cana de azucre, e tamén do amidón do millo, a cebada ou o trigo.

SON OS BIOCOMBUSTÍBEIS UNHA ALTERNATIVA REAL AO PETROLEO?


?En teoría? os biocombustíbeis son menos contaminantes que os derivados do petróleo. Baseándose nesa premisa, os Estados Unidos e a Unión Europea propuxéronse alimentar os seus vehículos con eles. Para logralo deben remodelar os seus cultivos, e ademais comprar millo, soia ou aceite de palma aos países do Sur. O resultado inmediato é o incremento do prezo destes alimentos, tal e como estamos comprobando.

Na maioría dos países, o biocarburante elixido mestúrase nunha porcentaxe determinada co diésel sen necesidade de cambiar os coches, aínda que en Brasil desde hai anos os coches funcionan con etanol puro. Até aquí todo parece moi limpo e ecolóxico, aínda que hai quen asegura que esa visión ?verde? non é máis que aparencia. Para o Nobel de Química, Hartmut Michel, cos biocombustíbeis non se aforran emisións de CO2 posto que ao fermentar o vexetal só se obtén o 10% de alcol. Elevar esa proporción ao 100% leva empregar enerxía de combustibles fósiles. Así que se acaba emitindo máis CO2 do que produciría simplemente un coche de gasolina.

FAME


Hai a quen lle pode parecer esaxerado a formulación de que empregar biocombustíbeis desemboque en fame, pero xa temos exemplos reais diso. Calcúlase que nos dez primeiros meses de 2007 109.000.000 de toneladas de trigo foron desviadas a plantas de produción de etanol, en lugar de servir como alimento. E se observamos o caso dos Estados Unidos, veremos que a partir de que empezou a elaborar etanol empregando millo, nun ano subiu o prezo deste produto.

COMO É POSÍBEL QUE SE CHEGARA Á SITUACIÓN ACTUAL?


Moitos agricultores que plantaban para consumo humano e animal pasáronse ao outro lado, posto que lles resulta máis rendíbel. Ao haber menos sementes para comer, o prezo das mesmas sobe. O resultado nos E.E.U.U. é que creceu o prezo do millo que comen porcos, bovinos e aves, co cal se incrementaron todas as súas carnes, ademais dos seus derivados como o leite, manteiga e ovos. Pero quen está a abastecer ao mundo occidental de vexetais para logo convertelos en biocombustíbeis son os países en vías de desenvolvemento e alí as consecuencias están a ser devastadoras.

Moitos deles están a abandonar os seus cultivos tradicionais para plantar aqueles que producen etanol porque lles dan máis beneficios. En Brasil cambiáronse os campos de soia, algodón e diversos alimentos pola cana de azucre. A consecuencia é que os seus habitantes xa pagaron tres veces máis polos seus alimentos no primeiro semestre de 2007, que no mesmo período do ano anterior.
Para Manoel Santos, biólogo e director do suplemento ?Altermundo? "están a xogar coa vida da xente. Non se poden deixar de cultivar terras para alimentos e dedicalas a engordar a opulencia dos países industrializados. Xa temos varios exemplos que demostran que a demanda de cereais para producir bioetanol está a subir os prezos, co que a xente máis pobre non pode comprar alimentos?.

POR QUE SE APOSTA POLOS BIOCOMBUSTÍBEIS?


De descoñecermos este combustíbel pasamos a un ?boom? apoiado polos medios de comunicación, desde onde se nos convence das súas virtudes pero moi pouco se fala dos seus efectos. A O.N.G. ?Grain? -que promove o manexo e uso sustentable da biodiversidade agrícola- asegura que tras os agrocombustíbeis atópanse as industrias automobilísticas e petroleiras, empresas alimenticias, compañías biotecnolóxicas e empresas dedicadas a investimentos a nivel mundial.
Para Manoel Santos "a aposta real de ir substituíndo paulatinamente a dependencia dos chamados combustíbeis fósiles por eses agrocombustíbeis, nace dos poderes financeiros internacionais que dominan o mundo ?O.M.C., F.M.I., Banco Mundial-, das transnacionais ás que serven e loxicamente dos países aliñados co Imperio Norteamericano -e tamén dos seus elitistas clubs de ricos como o G-8 ou a OCDE-, o que inclúe toda a Unión Europea.

Pero o fondo da cuestión, segundo Santos, é que debemos "reflexionar a escala mundial sobre o actual modelo enerxético e da sociedade consumista en xeral. Por moita enerxía renovábel que fomentemos nunca será suficiente se non camiñamos cara á eficiencia no consumo, cara ao aforro, cara á reciclaxe do reciclábel, e cara a un cambio nas nosas demandas ultracapitalistas. Todos falan de enerxías alternativas, pero ninguén de empregar menos enerxía. A loita é contra o neoliberalismo, contra o capitalismo desaforado. é, simplemente, unha loita pola vida".

Seguimos usando aos países en proceso de desenvolvemento para satisfacer as nosas ansias consumistas e manter o noso absurdo estilo de vida consumindo excesiva e innecesariamente aínda que iso signifique arrastrar á pobreza e á fame a millóns de seres humanos. A terra non se debería de usar para alimentar vehículos, senón para alimentar seres humanos. Se sabemos que todos os campos do mundo non chegan para abastecer de biodiésel aos automóbiles, pero seguimos usando os terreos para este fin...que comeremos?...comeremos vehículos e beberemos biodiésel?

MÁIS NOTICIAS AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 16-02-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
TES+BUS. A LARACHA
QUE É TES+BUS?

Trátase do Programa de transporte escolar compartido, co que a Xunta de Galiza facilita os seus desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público, por exemplo no concello da Laracha.

QUEN PODE USAR ESTE SERVIZO?

Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas
libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios.

O PREZO?


Cada viaxe 1 euro.

E OS HORARIOS?


Os días e os horarios do servizo son os do transporte escolar.

EXISTE ESTE SERVIZO NA LARACHA?


Claro que si. Se queres coñecer as paradas dos autobuses clica aquí
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 12-02-2009 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0