Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN FORMATO DVD
Xa está dispoñíbel, en formato DVD, a exposición de fotos antigas que levamos a cabo o mes de abril.
Está formado por 287 fotos as cales foron seleccionadas de entre 550 das que se compuxo a exposición no seu día e que agora poñemos a túa disposición.

Este traballo está dedicado a toda a veciñanza do concello, especialmente a todas aquelas persoas que coa súa colaboración fixeron posíbel que este traballo se puidera levar a cabo. Agradecementos a o grupo Berrogüeto pola cesión dos seus temas para este DVD.

Se queres unha copia podes poñerte en contacto coa Asociación no teléfono 653 618 955 ou ben mercalas directamente nos puntos de venda estabelecidos na Laracha e que son os seguintes:

-Perruquería "María" (A Cheda).
-Perruquería "Masús" e ?Cecilia? (Avda. de Fisterra).
-Cafetaría "Ambigú" (Avda. de Sta. Lucía).
-Bar "Ronda" (Rúa Suíza, xunto ao Centro médico).
-Libraría "Como unha novela" (Avda. Sta. Lucía, fronte á farmacia).
-Libraría "Pondal" (Avda. de Fisterra).
-Libraría "Lecer" (Rúa Manuel Murguía, zona do Instituto).
-Panadaría Ramiro (R/ Epifanio Campo Ñúñez, zona Centro Médico e tamén na Avda. López Astray).
-Confitaría ?A Balsa? (Avda. de Fisterra).
-Frutas ?Laracha? (Avda de Fisterra).
-Confecciones ?López?(Avda. López Astray).
-Retales ?Clara? (2ª travesía López Astray)
-Perruquería ?Jesús?(R/Epifanio Campo Núñez).
-Bar ?O Trangalleiro? (Avda. López Astray).
-Bar ?Sara? (Avda. López Astray).
-Bar ?Encontro? (Avda. de Caión).
-Cervexaría ?Master? (Avda. de Fisterra).

O PREZO DO DVD É DE 6?
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 27-04-2009 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA, AGORA EN DVD.
Xa está dispoñíbel, en formato DVD, a exposición de fotos antigas que levamos a cabo o mes de abril.
Está formado por 287 fotos as cales foron seleccionadas de entre 550 das que se compuxo a exposición no seu día e que agora queremos poñer a túa disposición.

Se queres unha copia ponte en contacto coa Asociación. Nos vindeiros días estabeleceremos tamén uns puntos de venda na localidade para facilitar a súa distribución.

Fixamos un prezo, practicamente simbólico (6?) porque queremos que o DVD estea ao alcance de todo o mundo.

A Asociación Veciñal "A Cutareira" segue traballando para ti.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 25-04-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACIÓN VÍA GALEGO

CAMBIOS DE ÚLTIMA HORA NA CONFERENCIA DE "GALIZA E A RELACIÓN COS PAISES DE LÍNGUA PORTUGUESA"



A persoa que impartirá a conferencia mañá, sexta feira, 24 de abril, será SABELA PENA e non Ângelo GonÇalves tal e como estaba previsto inicialmente.


Sabela Pena é a Responsábel de Actividades da Fundación Vía Galego


Vémonos mañá
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 23-04-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS POLO KLAUS
A Consellaría de Medio Rural concede axudas para paliar os efectos nos montes galegos tras o temporal de vento que padeceu Galiza.

A orde do 7 de abril de 2009 desenvolve as medidas urxentes previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, para a recuperación das zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido na Galiza a partir do 23 de xaneiro.

O prazo está aberto até o 8 de Maio.

Clica aquí para saber obteres máis información.
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 19-04-2009 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
DOA SANGUE
O vindeiro luns 20 de abril estará na capital do noso concello unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galiza, concretamente na Praza do Generalísimo situada diante da Casa do Concello.

As condicións mínimas para poder doar sangue son as de sempre: ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos.

Os horarios para a doazón son de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 19-04-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
GALIZA E AS RELACIÓNS COS PAÍSES DE FALA PORTUGUESA

A asociación Veciñal ?A Cutareira? da Laracha, convídate á charla-conferencia ?Galiza e as relacións cos países de língua portuguesa? que será impartida polo Director de Actividades da Fundación Vía Galego, Ângelo GonÇalves, na Aula Cultural Caixa Galicia (Avda. de Fisterra,63) enriba da oficina da mesma entidade, a sexta feira (venres), 24 de abril, ás 20:30.

O obxectivo desta charla é coñecermos mellor a nosa língua, a súa historia, pasado presente e futuro e tamén as enormes vantaxes que o galego ten dentro do mundo da lusofonía, e a importancia de coñecelo sendo conscientes que é a língua propia do noso pobo, e que nos proporciona a posibilidade de comunicarnos con máis de 240 millóns de persoas en todo o mundo, pasando polos continentes europeo, africano, americano e asiático.

A associação Vecinhal "A Cutareira" da Laracha, convída-te à conferência "Galiza e as relações com os países de língua portuguesa" que será apresentada pelo Diretor de Atividades da Fundação Via Galego, Angel Gonçalves, na Aula Cultural Caixa Galicia (Avda. de Fisterra, 63) acima da oficina da mesma entidade, a sexta feira, 24 de Abril, às 20:30.

O objetivo desta conferência é coñecermos melhor a nossa língua, a sua história, passado presente e futuro e também as enormes vantagens que o galego tem dentro do mundo da lusofonía, e a importância de conhecé-lo sendo conscientes que é a língua própria do nosso povo, e que nos proporciona a possibilidade de comunicar com mais de 240 milhões de pessoas em todo o mundo, passando pelos continentes europeu, africano, americano e asiático.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 16-04-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA XUNTA DE GALIZA
INFORMÁMOSTE QUE SEGUNDO ACABA DE PUBLICARSE NO D.O.G. DO DÍA DE HOXE, ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL.

PODES DESCARGAR O D.O.G. AQUÍ .
TÉS TODA A INFORMACIÓN RELACIONADA NA PÁXINA 7118.
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 13-04-2009 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS ECONÓMICAS POR FILLAS/OS MENORES DE 3 ANOS
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data do 1 de xaneiro de 2009 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas

Xunto coa folla de solicitude deberá presentarse unha fotocopia do DI, unha fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil e un certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

Prazos de solicitude


O prazo de presentación das solicitudes remata o 13 de maio e poderá facerse no Rexistro Xeral da Xunta e nas Delegacións Provinciais da Vicepresidencia. Ademais, tamén existe a posibilidade de facelo por vía telemática a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.xunta.es/aplicacions/pfc.

Ou se o prefires podes acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (981 60 50 01).

Baixa a túa solicitude aquí

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 09-04-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
CONFERENCIA SOBRE A NOSA LINGUA
Xosé Cotelo e Fran ReiA pasada quinta feira, 3 de abril, organizamos unha conferencia sobre a nosa língua baixo o título de ?Porque somos, porque queremos, porque debemos. O galego: presente e futuro?.
A charla foi impartida por Fran Rei, Vicepresidente da Mesa Pola Normalización Lingüística e membro da Comisión Permanente da mesma entidade.

É preciso que todas e todas tomemos conciencia do difícil momento en que atopa o galego e que nos impliquemos e nos unamos na defensa dos nosos dereitos lingüísticos ante o acoso ao que nos vemos sometidos quen queremos vivir en galego.

Calquera persoa pode comprobar como é imposíbel poder vivir 24 horas seguidas en galego: Isto é: ler xornais en galego, ver unha película no cine en galego, recibir facturas en galego, recibir informes médicos en galego, casar en galego, ler os menús dun restaurante en galego, facer unha escritura en galego...en cambio este problema non o teñen as persoas que queren vivir en castelán. Fica ben claro entón cal é a lingua en inferioridade de condicións e a cal é a língua que está discriminada e recluída a ámbitos máis de ?andar por casa? ou folclore (diglosia) a pesar que Estatuto de Galiza di que ?A lingua propia de Galicia é o galego?.

En calquera caso xa antes de haber Estatuto de Autonomía, o galego xa era a nosa língua aínda que non estivera escrito en ningures.

Se na Galiza hai dúas línguas oficiais queremos para a nosa os mesmos dereitos ca para a outra (o castelán).

Non aceptaremos ningún tipo de recorte de dereitos lingüísticos para a nosa língua e convidamos ao novo goberno da Xunta de Galiza a que traballe na procura de novas conquistas para a língua galega, NUNCA! para restarlle dereitos.

PODES VER ALGUNHAS FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 05-04-2009 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO, A NOSA LÍNGUA

LEMBRA!

A SEXTA-FEIRA(venres), DÍA 3 DE ABRIL.

NON FALTES!


Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 01-04-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0