|
|
|
EDUARDO GALEANO |
|
GRACIAS POR EL CASTIGO
"En Babilonia, la ciudad maldita, que según la Biblia fue puta y madre de putas, se estaba alzando aquella torre que era un pecado de arrogancia humana.
Y el rayo de la ira no demoró: Dios condenó a los constructores a hablar lenguas diferentes, para que nunca más pudiera nadie entenderse con nadie, y la torre quedó para siempre a medio hacer.
Según los antiguos hebreos, la diversidad de las lenguas humanas fue un castigo divino.
Pero quizá queriendo castigarnos, Dios nos hizo el favor de salvarnos del aburrimiento de la lengua única".
Texto extraído do libro "Espejos" de Eduardo Galeano.
|
|
|
|
DEITADO FRENTE AO MAR |
|
DEITADO FRENTE AO MAR
Celso Emilio Ferreiro
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño... |
|
|
|
NA GALIZA EN GALEGO |
|
 Trinta persoas representativas de diferentes ámbitos da sociedade galega promoveron en xullo de 2008 este manifesto en defensa da igualdade de dereitos para o galego, para o cal se comezou un proceso de recollida de adhesións doutras persoas, entidades, etc.
Varios meses despois, este texto continúa a estar en vigor, máxime cando o PP anuncia a súa pretensión de desmantelar puntos básicos da oficialidade do galego, como a existencia de escolas infantís que impartan nesta lingua (as Galescolas), o decreto que regula un mínimo do 50% do ensino en galego ou a lei que sinala que os nomes de lugar do noso país terán como forma oficial a galega. Estas medidas, ademais de suporen o perigo dunha confrontación indesexábel e dunha fractura social, van contra acordos unánimes do Parlamento e vulneran o espírito e a letra do artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que sinala o galego como lingua propia de Galiza e a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos.
Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de ?imposición del gallego?, presentando, con cinismo, o mundo ao revés.
A realidade do día a día e todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación. Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego.
Perante a necesidade de respostas por parte da sociedade galega, animamos a continuar na recollida de apoios a este manifesto e a participar nos actos de mobilización en defensa da nosa lingua, como a manifestación nacional convocada para o 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
LE O MANIFESTO
LER O MANIFESTO AQUÍ |
|
|
|
POR QUE NON PODE TER DEREITOS O GALEGO? |
|
O vindeiro domingo, día 17 de maio, está convocada unha gran manifestación en Compostela para manifestar o rechazo á intención do novo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo de restarlle aínda máis dereitos á língua galega.
O Sr. Feijoo prometeu derrogar o R.D. 124/2007 do galego no ensino. Este R.D. foi redactado en aplicación ao Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no 2004, sendo presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne e pretende garantir un mínimo do 50% do ensino en galego.
Mentres Fraga, o que fora Ministro na ditadura franquista entre 1962 e 1969, e sendo presidente da Xunta de Galiza con maioría absoluta, aprobaba medidas de protección necesarias para a língua galega, para o Sr.Feijoo son vistas como imposición da língua.
É a primeira vez desde a entrada da ?democracia? que desde o Goberno da Xunta de Galiza se pretende, abertamente, reducir dereitos e liberdades para á nosa língua
Semella que Feijoo pretende gobernar Galiza obedecendo ás directrices que lle marcan desde Madrid e ignorando que temos unha língua propia. Debe lembrar este Sr. que quen está claramente en inferioridade de condicións é precisamente a nosa língua, non o castelán; e que se pretende, tal e como di, gobernar para todas e todos, non poderá facelo se promove e leva a cabo medidas que ataquen e discriminen ao galego.
Para manifestarmos o noso rexeitamento a estas medidas poremos un autobús, en colaboración con ?Quinta Feira?, a Asociación Veciñal ?Campo da Feira? e ?A Cutareira? que sairá desde a explanada do instituto ás 10:30. Unha vez en Compostela, e despois de realizar o percorrido por onde discorrerá a manifestación- entre a Alameda e a Quintana- desprazarémonos a un restaurante para xantar.
A viaxe en autobús é de balde, e o prezo do xantar (Fideos con ameixas, carne asada, bebida, postre, e café) é de 13?. O regreso está previsto para antes das 6.
Se prefires ir pola túa conta e logo vir a xantar con nós, podes facelo pero debes avisar previamente para que poidamos reservarche o menú.
Anímate e ven pasar unha tarde festiva-reivindicativa con quen cremos na nosa língua e no noso país. Se non defendemos o noso...que o vai facer por nós?
|
|
|
|
A CUTAREIRA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN |
|
 Unha vez máis, unha das actividades que levamos a cabo desde esta Asociación chama a atención dos medios de comunicación e ocupa novamente a contraportada do Diario de Bergantiños.
|
|
|
|
A CUTAREIRA, PEPE CARREIRO E OS BOLECHAS |
|
A Aula Cultural de Caixa Galicia ficou pequena o pasado venres para dar cabida a máis de 150 persoas que abarrotaban o lugar para ver como o "pai" dos Bolechas, "Pepe Carreiro", amosaba a súa máis que demostrada habilidade como ilustrador e debuxaba en directo aos coñecidos personaxes nun acto que espertou grande interesese entre a veciñanza larachesa e que non saberiamos dicir se agradou máis ás cativas e cativos ou aos seus proxenitores.
Completamos o acto facendo entrega a cada un dos asistentes dun libro dos personaxes homenaxeados:Os Bolechas e tamén realizamos sorteos dun CD-DVD dos "Meniños Cantores", posters dos Bolechas e da Historia de Galiza e por suposto os debuxos que Pepe realizou en vivo e que tanto ilusionaron á xente máis nova.
Pepe Carreiro continuou facendo as delicias das nenos e dos nenos e asinou os libros que a rapazada lle solicitaba.
Nin debemos nin queremos deixar pasar esta ocasión sen dar os parabéns a PEPE CARREIRO polo excelente traballo realizado este día.
Obrigado Pepe, por facernos pasar un día tan agradábel.
Se queres ver fotos dese día clica aquí.
Máis fotos aquí
|
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2009 |
|
 Os Bolechas son os personaxes máis famosos da literatura galega infantil actual. A colección "Os Bolechas van de viaxe" son historias que están ambientadas en distintos lugares reais da Galiza e deste xeito dan a coñecer máis de perto a nosa cultura, as nosas vilas, a nosa paisaxe e os nosos costumes.
Pepe Carreiro, ilustrador destes famosos personaxes, fará as delicias da xente máis nova d?A Laracha a vindeira sexta feira, 8 de maio, da man dunha das Asociacións máis activas deste concello: A Asociación Veciñal ?A Cutareira?. Ese día debuxará en directo para todas e todos vos, e a asociación, faravos entrega dun libro a cada asistente ao evento.
As rapazas e os rapaces desta vila estades de noraboa, pois tamén haberá sorteos e agasallos e non esquezades que este acto está adicado con motivo da proximidade do Día das Letras Galegas, á nosa língua, símbolo da nosa identidade como pobo, e que a verdadeira homenaxe deberemos de facela día a día durante os 365 días do ano se queremos que a língua galega chegue a cumprir outras mil primaveras máis.
|
|
|
|
IMPRESIONANTE SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO COUTO (PONTECESO) |
|
NON DEBERÍAS FALTAR !!
DO 9 AO 17 DE MAIO.
Clica aquí e accede directamente a toda a información
|
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2009 |
|

|
|
|
|
GALIZA E AS RELACIÓNS COS PAÍSES DE FALA PORTUGUESA |
|
 Nesta Conferencia celebrada o pasado día 24 de abril e que foi impartida por Sabela Pena, responsábel de actividades da Fundación Vía Galego, puidemos dar un paso máis e afondar no coñecemento da nosa língua, da súa historia, e das enormes vantaxes que o galego ten dentro do mundo da lusofonía, e a importancia de coñecelo sendo conscientes que é a língua propia do noso pobo e que nos proporciona a posibilidade de comunicarnos con máis de 220 millóns de persoas en todo o mundo (sendo a 5ª língua máis falada do mundo), como por exemplo, Brasil (América do Sur), Angola (África), Portugal (Europa), Macau (Asia)...
O galego e o portugués son irmáns xemelgos que a historia fixo perder de vista durante algún tempo, porén entre a fala do norte e do sur do Miño continúa a haber ?unidade dentro da diversidade?. As diferenzas existentes non son obstáculo para a comunicación nin rompen a unidade estrutural básica.
A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego, non sabe que ten capacidade para ler en portugués. É certo que hai diferenzas fonéticas e gramaticais con respecto ao galego, ao igual que tamén as hai entre o español de Valladolid e o de México, ou entre o de Arxentina e Santander, e entre o de Burgos e o de Cádiz, máis ninguén pon en dúbida que todo é español...pois igual ocorre co galego, o brasileiro, ou portugués.
Se te animas a ler en portugués, verás que hai algunha palabra diferente que aprenderás con moi pouquiño esforzo, e sobre todo repararás en que é moi sinxelo e que con poucas equivalencias podes ler e coñecer toda esta riquísima cultura que noutros tempos era tan só cultura galega, pois foi na Galiza onde naceu esta língua que hoxe coñecemos co nome de portugués (chamada así por ser a língua falada en Portugal) e que é a mesma ca o galego (chamada así por ser a língua falada en Galiza).
PODES VER FOTOS DESTE ACTO AQUÍ
|
|
|
|
|
|
|
|