A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Admitida a trámite a queixa da Cutareira

Máis información clicando aquí.

Comentarios (1) - Categoría: Escritos... - Publicado o 04-01-2012 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Modelo de queixa individual á Secretaría Xeral Política Lingüística
PARA: Secretaría Xeral de Política Lingüística

Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, deixei de recibir a factura da luz en galego (antes Hidroeléctrica Laracha emitíaas en galego e castelán). Agora Chc négame o dereito a recibir a factura en lingua galega, redactándoas unica e exclusivamente en castelán a pesar que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta recoñece o dereito que reclamo:
Fomento do uso da lingua galega na actividade
dos prestadores de servizos.

1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.

Por todo isto penso que se está a vulnerar a lei e os meus dereitos lingüísticos, por parte de Chc Energía, ao non ofrecerséme a posibilidade de recibir a factura en lingua galega polo que SOLICITO:

1. Que se tomen as medidas oportunas para facer cumprir a “Chc Energía” a Lei 1/2010, de 11 de febreiro.

2. Que se me informe das medidas tomadas e que no caso de non tomar ningunha, que se me faga saber o motivo.

Nome e apelidos:..................................
..................................................
D.N.I.:...........................................
Enderezo:...........................................................................................
Correo electrónico:...............................
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 21-12-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Modelo de queixa individual ao Valedor do Pobo
Para: Valedor do Pobo

Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, deixei de recibir a factura da luz en galego (antes Hidroeléctrica Laracha emitíaas en galego e castelán). Agora Chc négame o dereito a recibir a factura en lingua galega, redactándoas unica e exclusivamente en castelán a pesar que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta recoñece o dereito que eu reclamo :
Fomento do uso da lingua galega na actividade
dos prestadores de servizos.

1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.

Por todo isto penso que se está a vulnerar a lei e os meus dereitos lingüísticos, por parte de Chc Energía, ao non ofrecerséme a posibilidade de recibir a factura en lingua galega polo que SOLICITO a súa intervención no asunto para dar cumprimento á mencionada Lei 1/2010, de 11 de febreiro para que eu poida recibir as facturas en lingua galega.

Reciba un cordial saúdo.

Nome e apelidos:…………………………………………………………….
D.N.I.:…………………………………………………………………….....
Enderezo:……………………………………………………………………
…………………………………………………………………….
Correo electrónico:………………………………………………………….
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 21-12-2011 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia ante o Valedor do Pobo
Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, esta asociación veciñal recibiu queixas de varias persoas que sentían vulnerados os seus dereitos lingüísticos pola exclusión da lingua galega nas súa relación coa nova empresa comercializadora CHC Energía.

Hidroeléctrica Laracha (antes distribuidora e comercializadora no concello da Laracha) emitía as facturas en galego e en castelán. Agora sendo CHC Energía a empresa encargada da comercialización da enerxía eléctrica, emite as facturas exclusivamente en lingua castelá, ficando excluída e discriminada a lingua galega.

Desde entón, levamos remitido é entidade todos os escritos que a veciñanza nos foi enviando para que “A Cutareira” os tramitara no seu nome solicitando un cambio de actitude á empresa comercializadora de enerxía, sen que polo de agora recibísemos ningunha contestación nin que se adoptara ningún tipo de medidas correctoras.

Esta situación é contraria á Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta dá soporte ás nosas queixas:


Fomento do uso da lingua galega na actividade
dos prestadores de servizos.

1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.

Por todo o exposto anteriormente a asociación veciñal “A Cutareira” de Torás-A Laracha SOLICITA a súa intervención no asunto para dar cumprimento á mencionada Lei 1/2010, de 11 de febreiro por parte de “Chc Energía” e se atenda así a petición de recibir en lingua galega as facturas por parte da súa clientela.

Sen máis, reciba un cordial saúdo.


A Laracha, 27 de novembro de 2011
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 21-12-2011 02:14
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia ante a Secretaría Xeral Política Lingüística
Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, esta asociación veciñal recibiu queixas de varias persoas que sentían vulnerados os seus dereitos lingüísticos pola exclusión da lingua galega nas súa relación coa nova empresa comercializadora CHC Energía.

Hidroeléctrica Laracha (antes distribuidora e comercializadora no concello da Laracha) emitía as facturas en galego e en castelán. Agora sendo CHC Energía a empresa encargada da comercialización da enerxía eléctrica, emite as facturas exclusivamente en lingua castelá, ficando excluída e discriminada a lingua galega.

Desde entón, levamos remitido é entidade todos os escritos que a veciñanza nos foi enviando para que “A Cutareira” os tramitara no seu nome solicitando un cambio de actitude á empresa comercializadora de enerxía, sen que polo de agora recibísemos ningunha contestación nin que se adoptara ningún tipo de medidas correctoras.

Esta situación é contraria a Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta dá soporte ás nosas queixas:


Fomento do uso da lingua galega na actividade
dos prestadores de servizos.

1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.

Por todo o exposto anteriormente a asociación veciñal “A Cutareira” de Torás-A Laracha SOLICITA:

1. Que se tomen as medidas oportunas para facer cumprir a “Chc Energía” a mencionada Lei 1/2010, de 11 de febreiro.

2. Que se nos informe por escrito das medidas tomadas e que no caso de non tomar ningunha, que se nos faga saber os motivos.

Sen máis, reciba un cordial saúdo.

A Laracha, 27 de novembro de 2011

Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 20-12-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego convoca unha nova concentración
Artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia
Reproducimos escrito de convocatoria da plataforma cidadá "Queremos Galego" (na que "A Cutareira" está integrada):

Diante da posición do Valedor do Pobo, Benigno López, favorábel a censurar un libro de texto de Coñecemento de Medio de 5º de Primaria por reproducir literaltemente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía de Galiza que di: A lingua propia de Galiza é o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a cidadanía a unha concentración de urxencia esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá diante da sede da oficina do Valedor do Pobo (Rúa do Hórreo, a carón do Parlamento) en Santiago de Compostela.

Noticias relacionadas


O sindicato galego CIG solicitará dos grupos parlamentarios o cese do valedor.

Manifesto de PROLINGUA.

A Mesa reclama que o Valedor do Pobo ‘explique xa’ se é verdade que esixe a retirada dun libro de texto por reproducir o artigo 5.1 do Estatuto

A Asociación de Escritores en Lingua Galega pide a demisión do Valedor.

ATLÄNTICO
Comentarios (0) - Categoría: Lingua - Publicado o 12-12-2011 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chc Energía incumpre a Lei e discrimina o galego
Parte do texto da Lei
Desde que en 2009 foron separadas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica das comercializadoras, esta asociación veciñal recibiu queixas de varias persoas que sentían vulnerados os seus dereitos lingüísticos pola exclusión da lingua galega nas súa relación coa nova empresa comercializadora CHC ENERGÍA.

Hidroeléctrica Laracha(antes distribuidora e comercializadora no concello da Laracha) emitía as facturas en galego e en castelán. Agora sendo CHC Energía a empresa encargada da comercialización da enerxía eléctrica, emite as facturas exclusivamente en lingua castelá, ficando excluída e discriminada a lingua galega.

Desde entón, levamos remitido é entidade todos os escritos que a veciñanza nos foi enviando para que “A Cutareira” os tramitara no seu nome solicitando un cambio de actitude á empresa comercializadora de enerxía, sen que polo de agora recibísemos ningunha contestación nin que se adoptara ningún tipo de medidas correctoras.

Esta situación é contraria á Lei 1/2010, de 11 de febreiro de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior que na Disposición Adicional Sexta dá soporte ás nosas queixas:

Fomento do uso da lingua galega na actividade dos prestadores de servizos.


1. Os prestadores de servizos que operen en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do lugar de establecemento orixinario, deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística, especialmente a partir da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística,consonte o disposto na alínea 4 do artigo 1 da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

2. Para estes efectos, favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberanlles ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manteren a comunicación oral e escrita en lingua galega.


Por todo isto e ante o incumprimento da Lei por parte de "Chc Energía" decicimos denunciar a situación ante o Valedor do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística solicitando que tomen as medidas oportunas para que se cumpra a Lei.
Comentarios (0) - Categoría: Escritos... - Publicado o 26-11-2011 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Nova categoría: Fotos
Álbum de fotos (1)

Álbum de fotos (2)
Comentarios (0) - Categoría: Fotos - Publicado o 06-11-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo publicitario de "Unha Volta Polo Pasado"
Vídeo publicitario do libro editado pola asociación veciñal "A Cutareira".



Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-10-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Detívose o tempo no Otero Pedrayo?
 Foto do xornal
En 1986, nais e pais do alumnado do colexio "Otero Pedrayo" concentrábanse diante da Casa do Concello para denunciar os problemas existentes no colexio.

25 anos despois as ANPAS seguen reclamando melloras e denunciando recortes nos centros educativos laracheses.

Ver: Denuncias das ANPA da Laracha.

INFORMACIÓN RELACIONADA


El País: A Xunta subvenciona con 48.000€ a un colexio de élite.

Diario Oficial de Galicia: Subvencións a Centros Privados- Concertados.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 10-10-2011 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal