Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros
Baixo o lema ?Non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros?, a cidadanía organízase e fai un chamamento para acudir ás distintas convocatorias previstas para o vindeiro 15 de maio ás 18:00h en distintas cidades do estado español. Recentemente no país veciño, Portugal, tivo lugar un movemento social que foi que de convocar milleiros de persoas que en todo Portugal se manifestaron pacificamente contra as políticas aplicadas polos gobernos neoliberais xerando cada vez máis desigualdade social, ricos máis ricos pobres máis pobres.

Nestes actos preténdese denunciar os abusos ao que nos someten os poderes económicos e financieiros aliados cos partidos políticos maioritarios provocando a precaria situación en que nos encontramos actualmente a clase traballadora. Ante este futuro dasalentador esixirase un cambio de rumbo.

MANIFESTO


?Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.?

"Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo."

"É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado.
" Ler o manifesto completo aquí

Comentarios (1) - Categoría: Queremos saber - Publicado o 26-04-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 non via nada tan demagóxico dende o manifesto de Galicia Binlingüe.
Non fai falla fixarse moit#blgtk08#o pra ver quen está detrás de todo isto "No les votes" http://www.youtube.com/watch?v=PWN8X4ZKLjo&NR=1
Comentario por azoughada (27-04-2011 11:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0