 O vindeiro 30 de abril ás 19.30 h a plataforma cidadá "Queremos Galego" organiza un acto na sala Capitol de Santiago que contará coas actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, ademais das intervencións de persoas representativas de diferentes ámbitos da vida social. Serán voces e sons para reclamarmos o cesamento dos ataques que están a padecer a nosa lingua e a nosa cultura.
Para sufragar os gastos da actividade e apoiar a acción de Queremos Galego, as entradas terán un prezo simbólico de 5?.
Podes facer a túa reserva desde aquí. |