 Desde ?A Cutareira?, conscientes da necesidade e da importancia de conservar e facer visíbel a memoria colectiva da nosa parroquia e do concello da Laracha, decidimos tomar a iniciativa para crear un arquivo fotográfico que reflectira o patrimonio humano e cultural da parroquia. Deste xeito poderemos coñecer parte do noso pasado máis inmediato a través das imaxes que foron recollidas durante as décadas dos 50 aos 70 e observar como en poucos anos foi mudando o aspecto do noso concello, costumes e tradicións.
Por todo isto, o pasado ano comezamos a traballar na edición dun libro que finalmente fica composto por 399 instantáneas da parroquia de Torás procedentes, case todas elas, dos albums que a propia veciñanza nos prestou.
Poderemos observar como en poucos anos o aspecto do noso concello foi mudando, así como os costumes e as tradicións. As imaxes trasládannos aos anos 50 e lémbranos como era antes A Laracha: os tendidos eléctricos dos antigos trolebuses, as tardes de fútbol no campo da Laracheira e no da Brea, as procesións, as multitudinarias romarías de San Roque, a emigración, as festas, as escolas, os oficios, os cambios do aspecto da parroquia...
Para a edición deste libro contamos coa especial colaboración de Xan Fraga, profesor, escritor e historiador carballés, que sitúa a obra no tempo mediante un escrito de introducción.
Do mesmo xeito María Rei, presidenta da asociación cultural larachesa "Quinta Feira" tamén escribe un artigo a xeito de introdución.
Venres 18, ás 8 da tarde, no Pub D'Antón.
|