Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Reaccións á visita do Conselleiro de Educación ao Otero Pedrayo - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reaccións á visita do Conselleiro de Educación ao Otero Pedrayo
A visita ao Otero Pedrayo feita onte polo Conselleiro de Educación non ficou indeferente para a veciñanza larachesa.

O BNG da Laracha cualifica de "propagandística" a visita do conselleiro de Educación ao Colexio Otero Pedrayo en plena precampaña de eleccións municipias e lembran que ?nos orzamentos da Xunta non hai previsto nin un só euro, e as propostas do BNG para que se incluísen as partidas económicas foron rexeitadas polo PP".

A falta de concreción producida polo propio conselleiro ao non fixar prazos de execución, a falta de dotación orzamentaria para este proxecto así como as declaracións ultraconservadoras feitas aos medios que aparecen na foto xeneraron moitas dúbidas e desconfianza entre a propia veciñanza.

A ANPA denuncia que o centro non reune as condicións mínimas de habitabilidade. Entre as súas demandas están a construción dun novo edificio, a eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de pasarelas cubertas para a entrada ao comedor, unha rede WIFI, adquisición de equipos informáticos?

Varias décadas despois, o colexio aínda segue sen contar cun pavillón cuberto para un axeitado desenvolvemento das actividades escolares e os accesos exteriores ao centro carecen de beirarrúas até a entrada. Tampouco hai prazas de aparcadoiro suficientes.

No seguinte vídeo, elaborado con recortes de prensa, fica de manifesto o desmantelamento a que se ven sometidos os centros públicos de ensino dende comezo do curso; un dos máis conflictivos que se recordan.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 02-03-2011 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0