Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Anuncian melloras no Otero Pedrayo - A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Anuncian melloras no Otero Pedrayo
Jesús Vázquez anunciou que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai realizar un proxecto para dotar a este centro educativo cun novo edificio no que serán habilitadas nove aulas, o que permitirá renovar as instalacións e aumentar o espazo dispoñible para os perto de cincocentos alumnos que anualmente cursan os seus estudos no CEIP Ramón Otero Pedrayo. A ese novo módulo sería trasladada a actividade que actualmente se desenvolve no edificio número 1, que foi construído a mediados dos anos ?70.

Ler máis...
Comentarios (1) - Categoría: A Laracha - Publicado o 01-03-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A VISITA PROPAGANDÍSTICA DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E AS ETERNAS PROMESAS
INCUMPRIDAS DO PARTIDO POPULAR

O Conselleiro de Educación da Xunta de Galiza visitou o Colexio Otero Pedrayo, e anuncia agora, en plena pre-campaña das próximas eleccións municipias, a construción dun novo edificio para as aulas de infantil. Estamos xa acostumados ás promesas do Partido Popular antes dos distintos procesos electorais, que logo nunca acaban cumprindo. Aínda temos na memoria o panfleto que repartira o P.P. da Laracha na campaña das pasadas eleccións autonómicas, onde prometía unha chea de cousas se o Sr. Feijoo chegaba ao goberno da Xunta, como a farmacia para Paiosaco, o arranxo da estrada comarcal 552, o centro de saúde para Caión, etc. Vemos que logo de dous anos da chegada do P.P. ao goberno galego non se fixo absolutamente nada do que prometían nese panfleto, o único, iso si, moita propaganda. Tamén dicía o Sr. Feijoo que ía acabar co paro en 45 días, e o que fixo en dous anos foi aumentalo en máis de 40.000 parados máis.
A realidade é que o Partido Popular rexeitou as emendas que desde o BNG presentamos aos orzamentos da Xunta, tanto este ano como o ano pasado, nas que reclamábamos a inclusión de partidas económicas para a construción deste novo edificio para as aulas de infantil, nun Colexio Otero Pedrayo no que o edificio vello está nun#blgtk08# lamentable estado. Nos orzamentos da Xunta non hai previsto nin un só euro, e as propostas do BNG para que se incluísen as partidas económicas foron rexeitadas polo PP.
Iso si, agora, cando quedan dous meses e medio para as eleccións municipais, vén o Conselleiro a anunciar un investimento, do que polo visto parece que o goberno municipal do PP da Laracha está disposto a asumir a maior parte. Isto xa nos parece un insulto á intelixencia, que o Sr. Alcalde diga que o concello está disposto a investir 250.000 euros, cando non quixo investir nos centros de ensino nin un só euro dos tres millóns e medio que recibiu nos últimos dous anos dos distintos Plans E (2009-2010), preferiu investir en construír pistas de pádel.

Xa está ben de enganar á veciñanza con falsas promesas. Os pais e nais da Laracha xa padecen os recortes da Xunta no ensino público, como no IES Agra de Leborís coa redución de profesorado e a redución de aulas. Estamos fartos de propaganda. Os veciños e veciñas da Laracha o que queren é realidades, que se aborde dunha vez a construción do novo edificio, canto antes, como vén demandando o BNG desde hai tempo, con propostas nos orzamentos dos últimos anos que foron rexeitadas polo Partido Popular. E que se dote do persoal necesario ás plantillas de todos os centros educativos do noso concello. Menos propaganda e máis feitos
Comentario por Carolina Castiñeiras (01-03-2011 12:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0