O máis vendido entre os mellor vendidos. Se a literatura galega ten un best-seller de seu, ese é ?Memorias dun neno labrego?, saído do prelo na Arxentina tal día coma onte, un 5 de xaneiro, do ano 1961.
Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.
Xosé Neira Vilas, di que "...cando un libro galego se traduce a outra lingua, por exemplo ao alemán ao inglés, importa pouco o autor,o que importa é que se diga, que se saiba, que eses lectores alemáns, ou ingleses, ou chinos, ou que sei eu, ou rusos,...que saiban que esa obra é traducida dun país desta esquina verde de Europa que ten unha lingua de seu, unha cultura de seu..." |